{"id":13331,"date":"2021-04-04T06:00:16","date_gmt":"2021-04-04T06:00:16","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=13331"},"modified":"2021-04-07T16:33:15","modified_gmt":"2021-04-07T16:33:15","slug":"bagas-de-agosto-tarrapos-de-memoria-desde-unha-viaxe-no-sur-de-austria","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=13331","title":{"rendered":"Bagas de agosto, farrapos de memoria desde unha viaxe no sur de Austria"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Gm\u00fcnd_in_K\u00e4rnten_-Ansicht_von_Osten_mit_Blick_ins_Maltatal.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-13332\" alt=\"Gm\u00fcnd_in_K\u00e4rnten_-Ansicht_von_Osten_mit_Blick_ins_Maltatal\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Gm\u00fcnd_in_K\u00e4rnten_-Ansicht_von_Osten_mit_Blick_ins_Maltatal-300x163.jpg\" width=\"300\" height=\"163\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Gm\u00fcnd_in_K\u00e4rnten_-Ansicht_von_Osten_mit_Blick_ins_Maltatal-300x163.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Gm\u00fcnd_in_K\u00e4rnten_-Ansicht_von_Osten_mit_Blick_ins_Maltatal-1024x556.jpg 1024w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Gm\u00fcnd_in_K\u00e4rnten_-Ansicht_von_Osten_mit_Blick_ins_Maltatal-900x489.jpg 900w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a><em><strong>Ignacio Castro Rey.\u00a0<\/strong><\/em>Impresionoume o coidado, a piedade cara ao pequeno durante eses d\u00edas, en todo K\u00e4rnten (Carintia) e nas dez personaxes desta viaxe. Nos teus pais: os cogomelos, as flores, as marmeladas, o xard\u00edn, o coidado das comidas.<!--more--> As s\u00faas atenci\u00f3ns cara a min, que non son \u201cpequeno\u201d, pero poder\u00eda ser ignorado. En ti: o teu primor na atenci\u00f3n aos teus pais, \u00e1 pequena Katia e o non menos pequeno Hans, no medio dunha sociedade que crecentemente recl\u00fae os vellos porque son lentos, torpes. O teu o\u00eddo musical para os nenos, para os acentos e as emoci\u00f3ns de cada cal, para a traduci\u00f3n minuciosa do alem\u00e1n ao espa\u00f1ol. A atenci\u00f3n aos matices da xente, \u00e1 t\u00faa veci\u00f1a Beate, a min como marciano en K\u00e4rnten. Si, definitivamente, creo que che interesa o extraterrestre da terra. Neste sentido, tam\u00e9n ti es sempre estranxeira, e un pouco relixiosa.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">En Markus: os xogos de linguaxe, o seu ingl\u00e9s \u201cminoritario\u201d sen m\u00e9todo, os parentescos de palabras, os seus deliciosos American spirit, os seus caf\u00e9s. En Beate: o interese polos desco\u00f1ecidos, a s\u00faa forma ansiosa de mirar de esguello, os seus nenos (tam\u00e9n o seu neno-marido, Rudi), a s\u00faa relaci\u00f3n co misterio do cristianismo, a s\u00faa fe noutras vidas que latexan nesta. En Ida: os seus licores e sopi\u00f1as, os animais que alimenta no inverno, os seus libros, as an\u00e9cdotas que conta, os seus recordos de infancia en Diex. En Helga: o seu sorriso, os seus silencios, a s\u00faa dozura, a s\u00faa genau (exacto). Os seus recordos de madrugadas, medo e escola; a s\u00faa infancia tan dif\u00edcil en KleinW\u00f6llmiss, os zapati\u00f1os novos que nunca tivo, os animais que gritaban ao morrer; a s\u00faa comida vexetariana actual. Finalmente, no outro Hans: os seus dobres sentidos, o seu sorriso burl\u00f3n, o movemento das s\u00faas mans, os seus misterios e a s\u00faa repentina seriedade (\u201cque pensas da pornograf\u00eda?\u201d). E case me esquezo de Rudi: a s\u00faa susceptibilidade por mil pequenos detalles, os seus xiros de linguaxe un pouco na\u00eff, a s\u00faa habilidade para arranxar toda clase de cacharros\u2026 Cinco mulleres e cinco homes, latexando co ver\u00e1n de Carintia. Non est\u00e1 mal para unha pequena obra de teatro, non? O pequeno, ao bordo da ru\u00edna, configura a cultura que vin eses d\u00edas, mesmo no amor por aqueles tractores vellos que se reun\u00edan en Eory.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">E parte disto \u00e9 a atenci\u00f3n cara \u00e1 rareza que representa o estranxeiro. Neste caso eu, o que non fala o idioma do lugar, o que non entende, o que est\u00e1 a piques de quedar f\u00f3ra de xogo. Nunca vos agradecerei bastante o voso esforzo para atraerme, para falar en castel\u00e1n, por facerme entender e conectarme, pasando dunha lingua a outra. Xa sei que tam\u00e9n me \u201cutilizades\u201d, xa que o de f\u00f3ra saca capas distintas das situaci\u00f3ns, permite descubrir o desco\u00f1ecido no familiar. Pero iso non vos quita m\u00e9rito a ti, a Markus, aos teus pais, a Hans e a Helga. Pola mi\u00f1a banda, o vaiv\u00e9n entre o meu castel\u00e1n e o voso alem\u00e1n, coas mi\u00f1as reflexi\u00f3ns silenciosas, duplicou a viaxe, obrigoume a profundar en cada situaci\u00f3n e nos xestos da xente. Sempre se dixo que, en certo xeito dif\u00edcil, \u00e9 moi significativo non entender o idioma local.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/descarga.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-full wp-image-13333\" alt=\"descarga\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/descarga.jpg\" width=\"275\" height=\"183\" \/><\/a>Cavei no sentido do que se dic\u00eda baixo as palabras, nos detalles f\u00edsicos do momento. A contorna deliciosa da taberna en Pribelsdorf, as venta\u00ed\u00f1as decoradas con follas de parra en Primus-Poltz, o ambiente de \u00e1rbores e celeiros en Klein-W\u00f6llmiss, en Berghausen. E naquel paseo a G\u00f6sselsdorf, coa herba peiteada da beira do lago despois do ba\u00f1o. Os afastados espertan o que hai de remoto en n\u00f3s. E eu devoraba todo iso que sa\u00eda de v\u00f3s: as miradas da camareira de Bleiburg, aquel borracho sacado de Vel\u00e1zquez ou de Kaspar-David Friedrich, o mozo t\u00edmido de Primus, o home das troitas en Lippitzbach. Tam\u00e9n Manfred e Elfi, desvariando connosco aquela noite no bar do seu hotel.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Non \u00e9 estra\u00f1o que eu volvese esgotado e cambiado de mirar tanto, de escoitar tanto, de vivir tanto. Como perdemos o chan da rutina diaria, nas viaxes bebemos con sede os signos que brotan dos corpos. Lemos doutra maneira os libros, a paisaxe e os seus habitantes. Estamos en suspenso e sentimos e pensamos m\u00e1is libremente, tam\u00e9n cunha atenci\u00f3n flotante, collendo espectros ao voo. Por exemplo, un mesmo \u00f3ese dicir cousas que non sab\u00eda que sab\u00eda: \u201cA relaci\u00f3n co relixioso non \u00e9 patol\u00f3xica se un aguanta o silencio, o deserto sen Deus; a relaci\u00f3n co sexo non \u00e9 patol\u00f3xica se un aguanta a castidade, unha soidade sen relaci\u00f3n; co alcol, se un aguanta a sobriedade de si mesmo, o traballo \u00e1rido no misterio que \u00e9 un mesmo; coa comida, se un aguanta a carencia, a secura da fame\u201d.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Lembras aquela noite de copas en Eberndorf con Beate e Markus, o domingo que volvemos de Stiria?: \u201cTi es para ela as orellas do lobo\u201d, dixeches. Deleuze insist\u00eda en que \u00e9 f\u00e1cil ser antifascista a nivel molar, o dif\u00edcil \u00e9 selo a nivel molecular. Pois ben, todo o que viv\u00edn en K\u00e4rnten \u00e9 antifascista nese plano persoal, molecular e vital. Bosques, cogomelos, carballos, millo, freixos, Bildstock (cruceiros). E a medicina punta de non facer nada, de non ter plans, de confiar na natureza, en camarader\u00eda co clima da herba. K\u00e4rnten descansa nas sombras do seu pasado, no musgo dos seus cami\u00f1os, no ritual vell\u00edsimo dos seus costumes. \u00c9 un pa\u00eds profundamente conservador, sen d\u00fabida, pero iso \u00e9 politicamente moi ambiguo. En todo caso, nada seco, nada hostil. Con esa mestura deliciosa de Norte: as monta\u00f1as do fondo, o verde dos campos, os bosques, a cultura da madeira, os tellados inclinados, a cultura do traballo, a honestidade, o civismo que permite respectar o dos outros\u2026 e que un cemiterio precioso siga aberto de noite. E tam\u00e9n un Sur moi xermano: a amabilidade da xente, as comidas tan coidadas, as flores nas xanelas, as igrexas coidadas ao modo cat\u00f3lico.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A xente de esquerda, parte dos meus amigos (e talvez a \u201cvangarda\u201d literaria austr\u00edaca), non entenden nada cando achacan ese conservadurismo a unha hostilidade pol\u00edtica a calquera cambio, coma se baixo esa lentitude hist\u00f3rica non puidese existir unha profunda apertura no existencial. Si, un genau convertido en paisaxe, en costume e comunidade terreal, respirando m\u00e1is ac\u00f3 da historia e de toda cultura. Insisto en que fronte a esa inmensa liberdade da xente de campo, Viena parece penosamente burguesa e anquilosada. Tam\u00e9n fronte a aqueles dous paseos. No primeiro, por K\u00f6cking, Markus, ti e eu atravesando cheiros a cortello, casi\u00f1as de madeira, vilas, alde\u00e1ns desco\u00f1ecidos nos soportais, estradas curvas entre campos de xirasois. <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/descarga-1.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-full wp-image-13334\" alt=\"descarga (1)\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/descarga-1.jpg\" width=\"300\" height=\"168\" \/><\/a>A luz dos campos, o horizonte monta\u00f1oso, a le\u00f1a amontoada, as vidas desco\u00f1ecidas que deixas nas casas da beira. Ao final, aquela preciosa igrexa en Buschenschank, coas anci\u00e1s de roupas m\u00e1is claras que en Espa\u00f1a rezando o rosario e volvendo a vista atr\u00e1s. E ao terminar, nun momento de intimidade, a pregunta \u201cComo me ves?\u201d, seguida da t\u00faa marabillosa confesi\u00f3n, non buscada por min: qu\u00e9rote tanto que non me atrevo a arriscar de ning\u00fan modo a relaci\u00f3n.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">No outro paseo, cara a Pribelsdorf a trav\u00e9s do bosque de Dobrowa, con cheiro a Eierschwammerln (cogomelos) na beira. Co labirinto infinito de troncos, o ru\u00eddo r\u00e1pido de pasos, a silueta xuvenil de Beate, o teu cami\u00f1ar firme. As d\u00faas, ti e ela, entrelazadas, c\u00f3mplices, xunt\u00e1ndovos, falando, separ\u00e1ndovos, rindo. As mulleres alem\u00e1s son como flores, dic\u00eda a mi\u00f1a avoa. E outra vez os enormes milleirais, as ameixas do cami\u00f1o. Finalmente, a marabillosa taberna, a xente amable, aquel tipo pendenciero fascinado con v\u00f3s os dous. A veci\u00f1a Anita e a s\u00faa pequena nena loura, a preciosa igrexa decorada coma se fose en Portugal.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">E aquel Bildstock ao lonxe, inm\u00f3bil baixo un carballo, no medio do inmenso milleiral. Lembras? Dobrowa con aqueles cami\u00f1os que saen, perdidos, entrevistos ao cruzar a masa escura de \u00e1rbores. Cami\u00f1os perdidos, Holzwege. Cada cami\u00f1o desco\u00f1ecido, deixado ao pasar, non seguido, era como unha met\u00e1fora de todas as sendas abandonadas nas nosas vidas. Cada vez que imos, K\u00e4rnten abre as nosas vidas outra vez en todas as s\u00faas posibilidades, presentes e pasadas. As\u00ed volv\u00edn, aberto, melanc\u00f3lico, un pouco en suspenso. Durante eses dez d\u00edas sentinme estra\u00f1o, dividido, feliz, indeciso, flu\u00eddo, \u00e1s veces flotando nun lecer de deuses. O mar de millo ante aquelas xanelas da t\u00faa casa, as perspectivas case africanas coas monta\u00f1as ao fondo, o so\u00f1o profund\u00edsimo das noites, os almorzos na mesa do xard\u00edn, as comidas, a conversa cos teus pais.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Despois, as longas conversaci\u00f3ns nocturnas a golpe de augardente galego. Falando sobre a misteriosa Helga, sobre a vosa relaci\u00f3n, sobre Beate e Rudi, sobre os avatares do d\u00eda, sobre os teus pais, sobre ti e eu\u2026 Hai unha certa honestidade soamente posible a certas horas da noite, non? Hai unha revelaci\u00f3n, un encontro que s\u00f3 se produce ao final do d\u00eda, como coroando o seu cansazo. Por iso d\u00e1nos medo o insomnio, prolongar a noite, velar de noite?<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Hauptbahnhof_Klagenfurt.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-full wp-image-13335\" alt=\"Hauptbahnhof_Klagenfurt\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Hauptbahnhof_Klagenfurt.jpg\" width=\"300\" height=\"200\" \/><\/a>E ao final, a mellor despedida. Os teus ollos asolagados de b\u00e1goas na estaci\u00f3n de Klagenfurt, as t\u00faas lentes escuras, o teu sorriso un pouco avergo\u00f1ado. Consid\u00e9rome afortunado polo feito de terche. Teriamos que facer por fin unha viaxe xuntos, s\u00f3s, dunha vez. Non cres? A\u00ednda que tam\u00e9n est\u00e1 ben seguir as\u00ed, mant\u00e9ndonos c\u00f3mplices entre outra xente, mir\u00e1ndonos baixo o ru\u00eddo dos outros. Estas cinco mulleres, estes cinco homes. Ver\u00e1n en Blumenreich. Non est\u00e1 mal para unha pequena obra de teatro, non? Talvez non tan pequena. En resumidas contas, sent\u00edn que se me quer\u00eda tanto al\u00ed (ti, a t\u00faa nai, Ida, Beate) que volv\u00edn un pouco estremecido, cun pouso de melancol\u00eda que non me abandonou durante todo o interminable d\u00eda de volta.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Aquel Bildstock quieto ao lonxe, reverberando na calor, baixo un carballo dos milleirais de Pribelsdorf. As\u00ed te quixen.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Ignacio Castro Rey.\u00a0Impresionoume o coidado, a piedade cara ao pequeno durante eses d\u00edas, en todo K\u00e4rnten (Carintia) e nas dez personaxes desta viaxe. Nos teus pais: os cogomelos, as flores, as marmeladas, o xard\u00edn, o coidado das comidas.<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[77,9,22],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/13331"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=13331"}],"version-history":[{"count":2,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/13331\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":13351,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/13331\/revisions\/13351"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=13331"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=13331"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=13331"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}