{"id":13578,"date":"2021-06-05T06:00:33","date_gmt":"2021-06-05T06:00:33","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=13578"},"modified":"2021-05-29T07:11:56","modified_gmt":"2021-05-29T07:11:56","slug":"unha-reflexion-ao-redor-do-premio-follas-novas","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=13578","title":{"rendered":"Unha reflexi\u00f3n ao redor do premio Follas Novas"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><em><strong><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/05\/LogoFollasNovas.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-13579\" alt=\"LogoFollasNovas\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/05\/LogoFollasNovas-300x114.jpg\" width=\"300\" height=\"114\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/05\/LogoFollasNovas-300x114.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/05\/LogoFollasNovas-1024x389.jpg 1024w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/05\/LogoFollasNovas-900x342.jpg 900w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>Pilar Sampedro.\u00a0<\/strong><\/em>Estes d\u00edas nos que arredor das Letras Galegas se suceden unha serie de iniciativas, todas elas de grande interese para o pa\u00eds, son momentos que nos obrigan a repensar o noso lugar no mundo<!--more-->, que nos moven a introducirnos na vida e obra da persoa \u00e1 que se dedican as Letras e afondar no seu papel en defensa da lingua.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Dic\u00eda Xela Arias que escribir pode ser, de por si, un acto revolucionario, pero facelo en galego (cultura minorizada e desvalorizada) si, \u00e9 unha revoluci\u00f3n sempre.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Un traballo de resistencia, unha heroicidade porque escritores e escritoras traballan cunha lingua que \u00e9 a nosa (pero acerca da que hai que andar a dar explicaci\u00f3ns sempre), unha lingua con d\u00faas propostas de normativa (que sempre complica un pouco m\u00e1is a toma de decisi\u00f3ns), unha lingua \u00e1 que semella que pouca xente quere (polo menos falar e ler nela) e que \u00e9 acusada de imposici\u00f3n e de practicar pouco a seduci\u00f3n (primeiro por paleta e pobre, agora por ideoloxizada, seica). A min, falar de seduci\u00f3n sempre me semella unha trampa, porque me d\u00e1 idea de que o que pretende seducir \u00e9 porque lle faltan m\u00e9ritos e debe sa\u00edr ao cami\u00f1o a chiscar o ollo, a chamar a atenci\u00f3n, a convidar a que o miren&#8230; e entendo que iso deber\u00eda ser necesario f\u00f3ra de Galicia pero no pa\u00eds de orixe s\u00f3 ter\u00eda que ser a secas, porque \u00e9 o seu lugar de nacenza e residencia, o seu lugar no mundo. Polo feito de chamarse galego deber\u00eda ser defendido e apoiado pola poboaci\u00f3n enteira e polas administraci\u00f3ns que a representan. Non deber\u00eda haber ning\u00fan x\u00e9nero de d\u00fabidas pero vivimos no pa\u00eds de Nunca Xamais e non pode haber descanso, no pa\u00eds dos ananos que buscan a liberaci\u00f3n a trav\u00e9s dunha Branca de Neve que agarda polo pr\u00edncipe, no pa\u00eds da auto destruci\u00f3n e temos que ver como se queiman os herdos e se perden as colleitas.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Si, dic\u00edao Xela Arias e podemos confirmalo, na actualidade: escribir en galego pode ser un acto revolucionario, a\u00ednda que non imos negar que sempre hai quen o poida perverter todo, as palabras e as pr\u00e1cticas.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Non s\u00f3 escribir \u00e9 un acto de resistencia (na maior parte dos casos), tam\u00e9n o \u00e9 editar ou vender libros en galego. Isto sit\u00faa as editoras e librar\u00edas, tam\u00e9n no lado bo, como ben explica Camilo Franco (ese sabio que se ri de si mesmo para que non nos asustemos cando nos canta as verdades).\u00a0 Estas tres entidades (Asociaci\u00f3n de Escritoras\/es en Lingua Galega, Asociaci\u00f3n Galega de Editoras e Federaci\u00f3n de Librar\u00edas) que entregan os premios, co\u00f1ecidos como Gala do Libro en convocatorias anteriores, e actualmente como Follas Novas do Libro Galego.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Por todo isto, ser\u00eda necesario parabenizar non s\u00f3 os libros ganadores, non s\u00f3 os libros finalistas dos premios, sen\u00f3n tam\u00e9n todos os libros publicados no 2020. Todos eles son superviventes, revolucionarios e ganadores, xa s\u00f3 polo feito de existir.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Pilar Sampedro.\u00a0Estes d\u00edas nos que arredor das Letras Galegas se suceden unha serie de iniciativas, todas elas de grande interese para o pa\u00eds, son momentos que nos obrigan a repensar o noso lugar no mundo<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,69],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/13578"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=13578"}],"version-history":[{"count":2,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/13578\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":13585,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/13578\/revisions\/13585"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=13578"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=13578"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=13578"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}