{"id":13659,"date":"2021-06-23T06:00:33","date_gmt":"2021-06-23T06:00:33","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=13659"},"modified":"2021-06-18T17:08:26","modified_gmt":"2021-06-18T17:08:26","slug":"musica-con-premio-para-unha-investigacion","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=13659","title":{"rendered":"M\u00fasica con premio para unha investigaci\u00f3n"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><em><strong><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/06\/Trobador.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-13661\" alt=\"Trobador\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/06\/Trobador-300x300.jpg\" width=\"300\" height=\"300\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/06\/Trobador-300x300.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/06\/Trobador-150x150.jpg 150w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/06\/Trobador-144x144.jpg 144w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/06\/Trobador.jpg 531w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>Pilar Sampedro.\u00a0<\/strong><\/em>Hai un d\u00edas entregouse o premio APECSA (da Asociaci\u00f3n de Periodistas e Estudosos do Cami\u00f1o de Santiago) ao grupo musical A Quenlla, en base ao seu traballo <i>Trobador no Cami\u00f1o. As cantigas de Mart\u00edn de Padrozelos<\/i>. Un acto celebrado no Museo das Peregrinaci\u00f3ns, como correspond\u00eda e onde nos foi entregado o volume <i>De amor e de amigo. As cantigas de Mart\u00edn de Padrozelos.\u00a0<\/i>Cando imos afondando no volume, atopamos que todo nace da chispa dun artigo escrito por Novoneyra e publicado en <i>El Progreso<\/i> en 1954<!--more-->, no que comentaba a posibilidade de que o trobador (que leva o nome citado) fose do val de L\u00f3uzara polos top\u00f3nimos que utilizaba e porque exist\u00eda unha Casa de Mart\u00edn nun lugar denominado Praducelo onde se dic\u00eda que antano seica houbera un poeta.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">En base a estes indicios, Dulce Fern\u00e1ndez Gra\u00f1a realiza a s\u00faa tese de doutoramento, na d\u00e9cada dos noventa, sobre este poeta medieval do que se co\u00f1ecen dez cantigas. Nos c\u00f3dices do Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa e no Cancioneiro da Biblioteca Apost\u00f3lica Vaticana est\u00e1n compiladas as nove cantigas de amigo e unha de amor deste trobador. \u00c1s veces sucede que as teses son verdadeiras fontes das que brota auga limpa que alimenta as terras, e aconteceu con esta dunha maneira realmente fundamental, pois este traballo \u2013xunto co do profesor Xulio Pardo de Neira <i>Mart\u00edn de Padrozelos, o primeiro trobador da l\u00edrica galego-portuguesa<\/i> (publicado en 2005)\u2013 adiantan o nacemento da l\u00edrica galega medieval a finais do s\u00e9culo XI, xa que o autor nace na segunda metade deste s\u00e9culo e morre a principios do seguinte. Unha descuberta realmente fulcral!<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">As\u00ed as cousas, comezan a facerse Xornadas arredor desta figura, nas que se dan a co\u00f1ecer as investigaci\u00f3ns e publicaci\u00f3ns; perc\u00f3rrense os lugares onde se sup\u00f3n que viviu, vis\u00edtase a casa que segue a reco\u00f1ecerse polo seu nome (situada en San Xo\u00e1n de L\u00f3uzara), e comeza a falarse da posibilidade de p\u00f3rlles m\u00fasica \u00e1s cantigas. Unha m\u00fasica que seguramente tiveron pero que perderon. Polo tanto, c\u00f3mpre que varios m\u00fasicos as traballen tendo en conta melod\u00edas da \u00e9poca e a feitura das composici\u00f3ns po\u00e9ticas. De a\u00ed sae o disco d\u00b4A Quenlla ao que nos referiamos, real\u00edzase un concerto inaugural na igrexa de Santa Mari\u00f1a en Sarria e, posteriormente, un percorrido polo Cami\u00f1o de Santiago (pasando polos concellos de Sarria, L\u00e1ncara, Paradela, Triacastela, Samos, O Incio, Folgoso do Courel, Portomar\u00edn e Pedrafita do Cebreiro) acompa\u00f1ando a exposici\u00f3n did\u00e1ctica itinerante (<i>De amor e de amigo. As cantigas de Mart\u00edn de Padrozelos<\/i>)<i> <\/i>e o documental (<i>Trobador no Cami\u00f1o: andares pola l\u00edrica de Mart\u00edn de Padrozelos<\/i>).<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O obxectivo est\u00e1 claro: dar a co\u00f1ecer un trobador, situalo no seu lugar de nacemento e no tempo correspondente, achegar datos que adiantan o nacemento da literatura en galego&#8230; e entregar esa informaci\u00f3n en todos os formatos e soportes posibles para que os lugares e veci\u00f1os te\u00f1an unha referencia m\u00e1is.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Parab\u00e9ns aos ga\u00f1adores deste premio pero, sobre todo, agradecemento a todas as persoas que colaboraron para levar a bo porto a investigaci\u00f3n e recuperaci\u00f3n deste fito divulgando o achado.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Pilar Sampedro.\u00a0Hai un d\u00edas entregouse o premio APECSA (da Asociaci\u00f3n de Periodistas e Estudosos do Cami\u00f1o de Santiago) ao grupo musical A Quenlla, en base ao seu traballo Trobador no Cami\u00f1o. As cantigas de Mart\u00edn de Padrozelos. Un acto celebrado no Museo das Peregrinaci\u00f3ns, como correspond\u00eda e onde nos foi entregado o volume De amor &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=13659\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">M\u00fasica con premio para unha investigaci\u00f3n<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,8,69,10],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/13659"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=13659"}],"version-history":[{"count":1,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/13659\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":13662,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/13659\/revisions\/13662"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=13659"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=13659"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=13659"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}