{"id":13795,"date":"2021-09-28T06:00:19","date_gmt":"2021-09-28T06:00:19","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=13795"},"modified":"2023-06-19T10:47:21","modified_gmt":"2023-06-19T10:47:21","slug":"a-voz-da-escola","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=13795","title":{"rendered":"A voz da escola"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><em><strong>X. Ricardo Losada.\u00a0<\/strong><\/em>En canto tocou o timbre, Sarela recolleu a mesa e meteu todo na mochila. Un dos rotuladores caeulle ao chan e, a pesar de que non tardou moito en recollelo e colocalo nun peto interior do abrigo, cando enfilou a porta xa non hab\u00eda ning\u00fan compa\u00f1eiro na aula. Como viv\u00eda a 200 metros do instituto, foi andando soa para a casa mentres v\u00eda unha longa ringleira de autobuses afastarse r\u00faa abaixo cara aos diferentes e variados destinos dos seus compa\u00f1eiros. Ent\u00f3n recordou algo que lle dixera o profesor de \u00c9tica uns d\u00edas antes: <i>Pensade no momento en que chegades \u00e1 casa e metedes a chave na porta ou chamades ao timbre, que sentides? Que entrades nun lugar ao que estades desexando chegar ou que prefeririades ir a outro sitio?<!--more--> <\/i><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><i>\u00a0 \u00a0\u00a0\u00a0<\/i>Ela nunca o pensara as\u00ed e decatarse de que preferir\u00eda ir a outro sitio cando a propia casa deber\u00eda ser, segundo tam\u00e9n dixera ese profesor, o lugar onde m\u00e1is desexar\u00eda estar, provocoulle unha enorme congoxa interior. Desde aquel d\u00eda non era s\u00f3 que non lle apetecese ir para a casa, era que sab\u00eda que non lle apetec\u00eda, e esa nova conciencia fac\u00edalle a vida m\u00e1is dura pois anim\u00e1baa acot\u00edo, ducias de veces, a escapar e non volver nunca m\u00e1is. Sae do instituto, o\u00eda que lle dic\u00eda esa nova e teimuda voz, colle un autob\u00fas e desaparece como desaparecen moitas mozas valentes da t\u00faa idade, fartas de o\u00edr berrar os pais, buscando silencio.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Ao sa\u00edr do ascensor, sacou a chave da carteira e meteuna na cerradura mentres o\u00eda de novo o profesor de \u00c9tica: <i>Pensade no momento en que chegades \u00e1 casa e metedes a chave na porta ou chamades ao timbre, que sentides? Que entrades nun lugar ao que estades desexando chegar ou que prefeririades ir a outro sitio? <\/i>A outro sitio, d\u00edxose mentres pousaba a mochila no pequeno cuarto que compart\u00eda con tres irm\u00e1ns, e sent\u00eda que, con aquela frase, o \u00fanico que conseguira o profesor de \u00c9tica fora facerlle perder o apetito, mesmo naqueles d\u00edas nos que hab\u00eda eses espaguetes que eran, sen que os pais o soubesen, a s\u00faa comida favorita.\u00a0\u00a0 <i>\u00a0<\/i><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>X. Ricardo Losada.\u00a0En canto tocou o timbre, Sarela recolleu a mesa e meteu todo na mochila. Un dos rotuladores caeulle ao chan e, a pesar de que non tardou moito en recollelo e colocalo nun peto interior do abrigo, cando enfilou a porta xa non hab\u00eda ning\u00fan compa\u00f1eiro na aula. Como viv\u00eda a 200 metros &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=13795\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">A voz da escola<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,9,26],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/13795"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=13795"}],"version-history":[{"count":2,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/13795\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":14860,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/13795\/revisions\/14860"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=13795"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=13795"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=13795"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}