{"id":13805,"date":"2021-10-13T06:00:01","date_gmt":"2021-10-13T06:00:01","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=13805"},"modified":"2021-09-27T15:17:24","modified_gmt":"2021-09-27T15:17:24","slug":"premio-arume-de-poesia-para-infancia","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=13805","title":{"rendered":"Premio Arume de poes\u00eda para infancia"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/09\/logo_arume.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-13806\" alt=\"logo_arume\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/09\/logo_arume-295x300.jpg\" width=\"295\" height=\"300\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/09\/logo_arume-295x300.jpg 295w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/09\/logo_arume.jpg 429w\" sizes=\"(max-width: 295px) 100vw, 295px\" \/><\/a><em><strong>Pilar Sampedro.\u00a0<\/strong><\/em>O Premio Arume de Poes\u00eda para a Infancia foi convocado este ano (o 21 de marzo, D\u00eda da Poes\u00eda) por parte da Fundaci\u00f3n Neira Vilas e a Asociaci\u00f3n Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GALIX) co patrocinio de Deleite.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A Fundaci\u00f3n Neira Vilas convocou este premio e o Estornela de Teatro ao logo de oito anos (entre o 2001 e 2015), demostrando as\u00ed que unha fundaci\u00f3n no rural e pobre era quen de traballar compensando (ata onde lle era posible) as fallas das publicaci\u00f3ns infant\u00eds. <!--more-->Nos primeiros catro certames\u00a0 as obras eran publicadas por Edici\u00f3s do Castro pero, cando caeu ese edificio marabilloso que era Sargadelos con todas as s\u00faas empresas culturais, pasaron a ser publicados por Embora. Agora, despois do silencio que correu dende 2015 en que se convocoou o \u00faltimo dos premios, a Fundaci\u00f3n con GALIX e Deleite retoma o premio Arume.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O 17 de maio, D\u00eda das Letras Galegas, cando finalizaba o prazo para a entrega de orixinais hab\u00eda vinte e catro. Un \u00e9xito! Houbo que agardar ata o 25 de xullo no que se fixo p\u00fablico o fallo do xurado no que aparecen representadas ambas organizaci\u00f3ns e tres persoas expertas en literatura infantil.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Por que un premio de poes\u00eda? Moi sinxelo. Porque \u00e9 o \u00fanico premio de poes\u00eda para a infancia. Hai moitos de narrativa, alg\u00fans deles te\u00f1en un t\u00edtulo suficientemente amplo como para que podan acoller un poemario ou unha obra de teatro, pero pasa moi poucas veces; no Merl\u00edn hai alg\u00fan libro de poes\u00eda pero non chega ao cinco por cento e ning\u00fan de teatro, no Jules Verne s\u00f3 un libro de poes\u00eda para a mocidade no medio de todas as convocatorias que con este nome ou co anterior recolleron obras. Por iso era imprescindible convocalo, por iso non pod\u00eda desaparecer, porque era o \u00fanico: a excepci\u00f3n que confirmaba a regra. Cando miramos estas situaci\u00f3ns moitas veces atopamos ese c\u00edrculo vicioso que impide avanzar. Dise que a poes\u00eda non se vende e polo tanto non se publica, dise que non se publica e polo tanto non se escribe. Escritores\/as, editoriais, persoas mediadoras e lectorado prendidos do f\u00edo dunha ara\u00f1a dando voltas a un veo que non \u00e9 tan certo. Porque \u00e1 rapazada g\u00fastalle a poes\u00eda, est\u00e1 prendida a ela dende os arrolos e os xogos cos que as persoas maiores as acompa\u00f1an. Divertirse coas palabras, brincar cos seus sons e coas rimas; falar por falar, dicir por dicir sen preocuparse demasiado do seu significado, lelas en voz alta, recitalas, aprendelas de memoria, berralas e sentilas moi dentro, porque a poes\u00eda lese en vena, vai directa aos \u00f3rganos vitais e produce un verdadeiro terremoto no corpo e no esp\u00edrito. Por iso, non podiamos permitir que se perdese esa oportunidade de que se escribise para a infancia, de que se publiquen e se lean os libros de poemas, de que cheguen \u00e1s s\u00faas mans e sexan acari\u00f1ados ao lado das ilustraci\u00f3ns.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Poes\u00eda, ese x\u00e9nero cincenta da literatura infantil e xuvenil xunto co teatro. Poes\u00eda, para ler ao lado das poes\u00edas que se cantan nos libros CD. Poes\u00eda, para que as crianzas non abandonen nunca a lectura desas li\u00f1as cortadas nas que se sintetiza o poder da linguaxe e as connotaci\u00f3ns das palabras que non paran de suxerir. Poes\u00eda, para que cada vez menos sexa ese recuncho esquecido das bibliotecas e pase a ser un lugar da creatividade. Poes\u00eda, si!<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Pilar Sampedro.\u00a0O Premio Arume de Poes\u00eda para a Infancia foi convocado este ano (o 21 de marzo, D\u00eda da Poes\u00eda) por parte da Fundaci\u00f3n Neira Vilas e a Asociaci\u00f3n Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GALIX) co patrocinio de Deleite. A Fundaci\u00f3n Neira Vilas convocou este premio e o Estornela de Teatro ao logo de &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=13805\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Premio Arume de poes\u00eda para infancia<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[69,10],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/13805"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=13805"}],"version-history":[{"count":1,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/13805\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":13807,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/13805\/revisions\/13807"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=13805"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=13805"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=13805"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}