{"id":13980,"date":"2021-11-12T06:00:19","date_gmt":"2021-11-12T06:00:19","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=13980"},"modified":"2021-11-11T07:54:40","modified_gmt":"2021-11-11T07:54:40","slug":"let-it-be-e-as-nagra-tapes","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=13980","title":{"rendered":"Let it Be e as Nagra Tapes"},"content":{"rendered":"<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/91kCrLkVSxL._SL1500_.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-13981\" alt=\"91kCrLkVSxL._SL1500_\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/91kCrLkVSxL._SL1500_-300x300.jpg\" width=\"300\" height=\"300\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/91kCrLkVSxL._SL1500_-300x300.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/91kCrLkVSxL._SL1500_-150x150.jpg 150w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/91kCrLkVSxL._SL1500_-1024x1024.jpg 1024w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/91kCrLkVSxL._SL1500_-144x144.jpg 144w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/91kCrLkVSxL._SL1500_-900x900.jpg 900w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/91kCrLkVSxL._SL1500_.jpg 1500w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a><em><strong>Gonzalo Trasbach.\u00a0<\/strong><\/em>Nestes \u00faltimos meses deste ano celebramos o 50\u00ba aniversario da publicaci\u00f3n do disco que pechaba unha traxectoria incomparable, e \u00e1 vez rubricaba a disoluci\u00f3n do grupo m\u00e1is relevante e famoso de todos os tempos da historia da m\u00fasica pop: \u201cLet It Be\u201d, unha obra que comezou a xestarse en xaneiro do 1969 e deveu nun avispeiro de especulaci\u00f3ns erradas para os anos vindeiros, pero tam\u00e9n \u00e9 ao mesmo tempo un rexistro, unha demostraci\u00f3n da maxia musical na que viv\u00edan instalados os de Liverpool desde 1966. <!--more-->Con motivo desta efem\u00e9ride, ac\u00e1base de p\u00f3r \u00e1 venda unha luxosa reedici\u00f3n de \u201cLet IT Be\u201d (Apple-Universal), namentres agardamos pola estrea da miniserie \u201cGet Back\u201d de Peter Jackson (<i>O se\u00f1or dos aneis<\/i>), previsto para o vindeiro d\u00eda 25 (Disney +).<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\">Despois da gravaci\u00f3n do \u201cWhite Album\u201d e a morte de Brian Epstein, The Beatles quedaron sen tem\u00f3n. Eran unha banda \u00e1 deriva. Pero a\u00ednda as\u00ed, embarc\u00e1ronse nunha ambiciosa traves\u00eda que bautizaron co nome de \u201cGet Back\u201d (Volver). Os primeiros ensaios arrincaron en xaneiro de 1969, nos xeados estudos Twickenham do suroeste de Londres. O proxecto ti\u00f1a que culminar nun concerto final, o cal tivo como escenario a azotea do edificio onde estaban gravando o material, no n\u00famero 3 de Saville Row. O d\u00eda 30 dese mesmo mes armaron unha traca ben gorda e formidable al\u00f3 arriba no tellado, coa xente que cami\u00f1aba pola r\u00faa alucinando e a polic\u00eda intervindo (m\u00e1is ben facendo que intervi\u00f1a) na sorprendente e emocionante fin de festa.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\">Al\u00f3 nas alturas si que os catro fabulosos de Liverpool se amosaron contentos, exhibindo a complicidade dos vellos e felices tempos. Algunhas das tomas que al\u00ed se realizaron foron inclu\u00eddas no disco que se publicou o 8 de maio do 1970. Segundo unha lenda urbana, esquencer\u00f3nse do proxecto no mes de febreiro e chamaron a George Martin para comezar con \u201cAbbey Road\u201d. Mais iso non se corresponde exactamente coa realidade. De feito, moitos dos temas gravados entre febreiro e marzo a\u00ednda estaban destinados a formar parte de \u201cGet Back\u201d, plan que se abandonou e as cintas que conti\u00f1an o material gravado ficaron nos andeis collendo po. Pero contra finais do ano f\u00edxose cargo dos temas gravados Phil Spector, quen en marzo do 1970 empezou a vernizar as gravaci\u00f3ns feitas, que son tantas como para configurar unha fant\u00e1stica e monumental colecci\u00f3n discogr\u00e1fica.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/the-beatles-let-it-be-reedicion.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-13982\" alt=\"the-beatles-let-it-be-reedicion\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/the-beatles-let-it-be-reedicion-300x245.jpg\" width=\"300\" height=\"245\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/the-beatles-let-it-be-reedicion-300x245.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/the-beatles-let-it-be-reedicion.jpg 600w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>Para empezar, nesta nova mega reedici\u00f3n do que foi o \u00e1lbum de despedida dos <i>Fab Four<\/i>, at\u00f3panse <i>jams<\/i> como <i>Whithout a Song<\/i> ou <i>The Walk<\/i>, ademais de ensaios de <i>Something<\/i> e mesmo unha peza na que George Harrison fusiona <i>I Me Mine <\/i>con <i>Wake Up Little Sussie<\/i>. Pero sen d\u00fabida a canci\u00f3n m\u00e1is impresionante \u00e9 a versi\u00f3n que fan de <i>Don\u00b4t Let Me Down<\/i>, extra\u00edda do concerto da azotea do n\u00famero 3 de Saville Row.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\">Diante da inminente estrea da miniserie de Peter Jackson, programada para o d\u00eda 25, abriuse unha nova Caixa de Pandora. A polic\u00eda incautou 500 rolos nunha f\u00e1brica abandonada de \u00c1msterdam: as chamadas \u201cNagra Tapes\u201d, case que 100 horas de audio que recollen parte do que aconteceu en xaneiro do 1970. Desde ent\u00f3n esas cintas figuraban como extraviadas e circularon no mercado negro a prezos prohibitivos en anos posteriores.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\">As \u201cNagra Tapes\u201d fulminaron unha morea de borralla medi\u00e1tica, a que ti\u00f1an repetido coma unha carraca, un xeito de mantra, escritores, xornalistas e blogueiros de toda pelaxe. A historia que se inventaron (e a\u00ednda se inventan), adorn\u00e1rona ou terxivers\u00e1rona con toda clase de ep\u00edtetos para retratar o per\u00edodo de xestaci\u00f3n de \u201cLet It Be\u201d, resulta esgotadora, fundamentalmente por inexacta e reducionista, e na que todos os persoeiros saen mal parados (Yoko, John, Paul, George, Ringo\u2026). Existen datos contundentes para contrastar esta informaci\u00f3n, papel que non corresponde a esta modesta cr\u00f3nica.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\"><a name=\"_GoBack\"><\/a> O que se ten dito de Paul non se corresponde cos feitos reais, pois foi o m\u00e1is comprensivo e o que m\u00e1is loitou para que o barco non se afundira e as\u00ed poder sacar adiante o proxecto \u201cGet Back\u201d. No medio de todo o barullo que se montou ao redor, Ringo falaba pouco, pero sempre se lle escoitou alto e claro. En suma, as \u201cNagra Tapes\u201d representan a buceira ou calabocas definitivo diante da colecci\u00f3n de <i>gilipolleces<\/i> que se dixeron, escribiron e regurxitaron ao longo destes 50 anos. Tam\u00e9n o son as cincuenta e cinco horas de celuloide que se chupou Peter Jackson para armar o documental que se ver\u00e1 en Disney+.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/beatlesandbrian3839.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-13983\" alt=\"beatlesandbrian3839\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/beatlesandbrian3839-300x136.jpg\" width=\"300\" height=\"136\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/beatlesandbrian3839-300x136.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/beatlesandbrian3839-1024x465.jpg 1024w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/beatlesandbrian3839-900x409.jpg 900w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/beatlesandbrian3839.jpg 1320w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>Despois de tantos anos pasados, s\u00e1bese sen d\u00fabida que a morte de Brian Epstein deixou o cuarteto sen direcci\u00f3n e sen orde. Logo da s\u00faa visita \u00e1 India, cando regresaron a Londres, cada un polo seu lado, foi cando naceu a discogr\u00e1fica Apple. Antes xa Epstein deixara a medio erguer a empresa Apple Corps LTD, un paraugas para protexer un lote de pequenas compa\u00f1\u00edas de publicaci\u00f3n editorial de canci\u00f3ns. Pero en realidade era unha forma de eludir o pagamento de impostos, a\u00ednda que se presentou como un instrumento para dar voz a toda clase de artistas.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\">Pero na pr\u00e1ctica, os Beatles non axudaron a case ningu\u00e9n. Ag\u00e1s os admiradores m\u00e1is rendidos de John Lennon, ningu\u00e9n ou case ningu\u00e9n aproveitou ou se aproveitou da xenerosidade que se predicaba e proclamaba. Tampouco o fixo a casa Apple Records, a\u00ednda que propagaba a idea de promocionar os m\u00fasicos m\u00e1is novos e con talento, aos que pretend\u00eda protexer dos antigos executivos ao servizo das compa\u00f1\u00edas m\u00e1is poderosas. Neste senso a empresa de discos case nunca cumpriu cos seus obxectivos.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\">En realidade os Beatles resultaron bastante conservadores e arriscaron ben pouco. Entre o m\u00e1is destacado que sa\u00edu da discogr\u00e1fica: James Taylor, en plena viaxe de hero\u00edna, gravou o seu primeiro \u00e1lbum en Apple, e despois voou libre ata converterse nun dos artistas m\u00e1is laureados da d\u00e9cada dos 70. Badfinger, pola s\u00faa banda, foi o santo e sinal da discogr\u00e1fica. M\u00e1is tarde merecen ser citados Jackie Lomax e David Peel.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\">Pero todo isto que relaci\u00f3n garda con \u201cLet It Be\u201d? M\u00e1is do que parece. Apple estaba m\u00e1is vinculado ao proxecto de \u201cMagical Mystery Tour\u201d, pel\u00edcula e banda sonora, e con The Beatles (\u201cWhite Album\u201d), que con \u201cLet It Be\u201d, porque a fundaci\u00f3n do selo vai da man deses dous traballos, pero ning\u00fan deles reflicte a ca\u00edda do meteorito, o proceso de ruptura do grupo, como o fixo \u201cLet It Be\u201d, disco que en certo sentido \u00e9 unha alegor\u00eda do que foi a fulminante carreira de Apple.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Gonzalo Trasbach.\u00a0Nestes \u00faltimos meses deste ano celebramos o 50\u00ba aniversario da publicaci\u00f3n do disco que pechaba unha traxectoria incomparable, e \u00e1 vez rubricaba a disoluci\u00f3n do grupo m\u00e1is relevante e famoso de todos os tempos da historia da m\u00fasica pop: \u201cLet It Be\u201d, unha obra que comezou a xestarse en xaneiro do 1969 e deveu &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=13980\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Let it Be e as Nagra Tapes<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,8],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/13980"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=13980"}],"version-history":[{"count":1,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/13980\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":13984,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/13980\/revisions\/13984"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=13980"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=13980"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=13980"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}