{"id":14032,"date":"2021-12-09T06:00:07","date_gmt":"2021-12-09T06:00:07","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=14032"},"modified":"2021-12-01T10:43:44","modified_gmt":"2021-12-01T10:43:44","slug":"a-primeira-vez","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=14032","title":{"rendered":"A primeira vez"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\" data-gtm-vis-recent-on-screen-39289916_263=\"1197\" data-gtm-vis-first-on-screen-39289916_263=\"1197\" data-gtm-vis-total-visible-time-39289916_263=\"100\" data-gtm-vis-has-fired-39289916_263=\"1\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/12\/B24N1060.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-14033\" alt=\"B24N1060\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/12\/B24N1060-300x168.jpg\" width=\"300\" height=\"168\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/12\/B24N1060-300x168.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/12\/B24N1060.jpg 768w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a><em><strong>Agust\u00edn Agra.\u00a0<\/strong><\/em>Hai corenta anos, dous rapazolos gabearon o muro da horta do Marqu\u00e9s carrexando cuns prism\u00e1ticos e unha gu\u00eda de aves. Aquel d\u00eda observaron por primeira vez o ferreiri\u00f1o rabilongo e a estreli\u00f1a riscada, a papuxa das amoras e unha presada de inquedos picafollas. Xaora, \u00e1 terceira ou cuarta intromisi\u00f3n na propiedade allea, descubr\u00edronos. <!--more-->A quen se lle ocorre embabecarse na contemplaci\u00f3n da inmensa bandada de chirlomirlos que danzaba ante eles en asombrosa sincron\u00eda mentres o garda percorr\u00eda a finca tan atento coma un picapeixe empoleirado sobre a p\u00f3la dun ameneiro? E as\u00ed, coa chegada da invern\u00eda, a an\u00e9cdota dos intrusos que se extasiaban ante a presenza dun malv\u00eds, saltou de pazo a pazo.<\/p>\n<div id=\"6ad_RobaPaginasMobile-id\" style=\"text-align: justify;\" data-ad=\"no\">Xacando, dende a Pena do Ouro, Felipe B\u00e1rcena f\u00edxolles chegar a xenerosa invitaci\u00f3n de acompa\u00f1alo no Censo de Inverno que, como cada mes de xaneiro e a escala mundial, intenta co\u00f1ecer o n\u00famero, distribuci\u00f3n e evoluci\u00f3n das aves acu\u00e1ticas do noso planeta. Daquel inici\u00e1tico domingo do ano 81 quedoulles a pegada do reclamo afrautado das gabitas e do chiar dos mazaricos e, asemade, da primeira vez que asomaron a trav\u00e9s do ocular dun telescopio para descubrir o universo m\u00e1xico que se abr\u00eda ante eles.<\/div>\n<p style=\"text-align: justify;\">Observaci\u00f3n de aves<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Nas catro d\u00e9cadas que seguiron cada un continuou o seu cami\u00f1o. Nese tempo as primeiras veces foron moitas; ante os meus ollos desfilaron un par de centos ben cumpridos de especies diferentes. Unhas veces a fonte de gozo recaeu na observaci\u00f3n da propia ave, outras no seu comportamento ou no co\u00f1ecemento dalgunha particularidade extraordinaria, quer a s\u00faa estratexia reprodutiva, quer un ins\u00f3lito ciclo migratorio. Por\u00e9n, co paso do tempo, parte do deleite foi quebrando a medida que me fac\u00eda consciente do deterioro progresivo do territorio que se estend\u00eda ao meu redor. Como conseguir que a emoci\u00f3n de escoitar o humilde sibi-sibi do xir\u00edn ou o rechouch\u00edo do pincaouro se impuxese por riba do desacougo que provocan as contin\u00faas agresi\u00f3ns sobre esta terra cada vez m\u00e1is antropomorfizada?<\/p>\n<div id=\"PL_ad_Roba2Mobile\" style=\"text-align: justify;\">Malia a que siga a confundir o mia\u00f1ar do moucho coa chamada dun gato \u00e1 xaneira, e de que m\u00e1is dunha gaivota se resista a unha identificaci\u00f3n certa pese \u00e1 axuda do telescopio e \u00e1s moitas horas de consulta dalgunha das gu\u00edas que atesouro, contin\u00fao a aprender e, sobre todo, a gozar. Este setembro foise na contemplaci\u00f3n dos pedreiros cincentos e os picafollas cantores que nos visitaron no seu paso cami\u00f1o do sur. A nova invernada pres\u00e9ntase tan interesante coma as anteriores: cun feixe de an\u00e1tidos e de lim\u00edcolas \u00e1 espera, e, debo confesalo, co firme prop\u00f3sito de aprender a diferenciar dunha vez por todas as plumaxes dos exemplares inmaturos das gaivotas.<\/div>\n<p style=\"text-align: justify;\">Xa hai anos que non sei nada de Lu\u00eds, o meu vello compa\u00f1eiro de andanzas ornitol\u00f3xicas. Agardo que o feitizo que un d\u00eda ani\u00f1ou en n\u00f3s sega a acompa\u00f1alo, tan fiel como daquela. Pola mi\u00f1a banda, a\u00ednda aspiro a que os demos non me leven con cada nova agresi\u00f3n que esa especie que se intitula a si mesma\u00a0<em>sapiens sapiens<\/em>\u00a0perpetra acot\u00edo, e que ma\u00f1\u00e1, ao igual que hai corenta anos, sexa a curiosidade quen gu\u00ede os meus pasos. Que o abraio, tanto a min como a vostedes, nos deixe de alcanzarnos.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Agust\u00edn Agra.\u00a0Hai corenta anos, dous rapazolos gabearon o muro da horta do Marqu\u00e9s carrexando cuns prism\u00e1ticos e unha gu\u00eda de aves. Aquel d\u00eda observaron por primeira vez o ferreiri\u00f1o rabilongo e a estreli\u00f1a riscada, a papuxa das amoras e unha presada de inquedos picafollas. Xaora, \u00e1 terceira ou cuarta intromisi\u00f3n na propiedade allea, descubr\u00edronos.<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[23,39],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/14032"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=14032"}],"version-history":[{"count":1,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/14032\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":14034,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/14032\/revisions\/14034"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=14032"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=14032"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=14032"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}