{"id":14105,"date":"2021-12-23T06:00:02","date_gmt":"2021-12-23T06:00:02","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=14105"},"modified":"2023-06-19T10:45:31","modified_gmt":"2023-06-19T10:45:31","slug":"pax-romana-en-bande","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=14105","title":{"rendered":"Pax romana en Bande"},"content":{"rendered":"<p align=\"justify\"><span style=\"font-family: 'Times New Roman', serif; font-size: large;\"><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"><em><strong>X. Ricardo Losada.\u00a0<\/strong><\/em>O meu imaxinario sobre os romanos ten moito que ver tanto coas pel\u00edculas que v\u00eda no cine Rub\u00e9n de Rianxo como co encontro e a procesi\u00f3n de venres santo aos que acud\u00eda de neno. Ningunha explicaci\u00f3n acad\u00e9mica posterior puido anular aquela impresi\u00f3n infantil.<!--more--> Nin a rep\u00fablica, nin os viadutos nin o dereito nin a tolerancia relixiosa nin a arquitectura civil nin as cr\u00f3nicas de Tito Livio modificaron unha soa das emoci\u00f3ns que provocaran na mi\u00f1a alma as loitas de gladiadores ou as persecuci\u00f3ns dos cristi\u00e1ns que v\u00eda no cine de neno. Os romanos, qu\u00e9rese dicir, eran o s\u00edmbolo da maldade, e nin sequera cando estudei na carreira a Marco Aurelio, emperador e fil\u00f3sofo estoico que me gustou moito, puiden superar esa impresi\u00f3n. <\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family: 'Times New Roman', serif; font-size: large;\"><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\">E, por suposto, xa non agardaba superala nunca. <\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family: 'Times New Roman', serif; font-size: large;\"><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\">Ata a fin de semana pasada. Fun cuns amigos a Celanova e acabamos indo \u00e1s termas romanas de Bande. Nun principio non me apetec\u00eda moito. Ademais de que nas termas era onde aqueles malnacidos planificaban o xenocidio cristi\u00e1n e gozaban a quentura das s\u00faas maldades, era un d\u00eda fr\u00edo e con ameaza de chuvia de decembro e s\u00f3 pensar en ter que percorrer en traxe de ba\u00f1o e toalla os cen metros que separan o aparcamento das termas tir\u00e1bame para atr\u00e1s. Os amigos e a muller teimaron co consabido <\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"><i>Ac\u00f3rdate do ben que sab\u00edan vivir os romanos <\/i><\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\">sen intu\u00edr, os incautos, as negativas asociaci\u00f3ns que esa palabra estimulaba na mi\u00f1a mente. Sempre que escoito esa frase v\u00e9\u00f1enme \u00e1 cabeza, non as termas de Caracalla ou os banquetes pantagru\u00e9licos dos patricios, sen\u00f3n as risas das masas ante o sufrimento dos escravos ou a lanza dun soldado romano nas costelas de Cristo. Para m\u00e1is, cada vez que cambiaban de argumentario e trataban de convencerme inform\u00e1ndome de que a auga das termas estaba a m\u00e1is de 30, e incluso de 40 graos, a\u00ednda me retra\u00edan m\u00e1is. D\u00fachome todos os d\u00edas en auga fr\u00eda e s\u00f3 imaxinar esas altas temperaturas agredindo a mi\u00f1a pel freaba calquera apetencia roman\u00f3fila. <\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family: 'Times New Roman', serif; font-size: large;\"><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\">Pero, como xa puidestes adivi\u00f1ar (d\u00e9bil ou pouco romano que un \u00e9), fun \u00e1s ditosas termas. En boa hora, e digo en boa hora, non s\u00f3 polo ben que resultou todo, sen\u00f3n por ir de noite. Pois unha vez al\u00ed, e tras unha hora compartindo unha das termas cos amigos e a muller e outros turistas, decidimos trasladarnos \u00e1s de maior temperatura. E, por suposto, pouco romano que un \u00e9, xa digo, o \u00fanico que non as soportou fun eu, e non me quedou outra que volver \u00e1 de menor temperatura, onde non s\u00f3 volv\u00edn desfrutar do pracer patricio que antes sentira, sen\u00f3n que agora, por estar s\u00f3, elevouse a un pracer que podo catalogar, sen recurso hiperb\u00f3lico ning\u00fan, de gloria imperial. Tan imperial que s\u00f3 aceptei como compa\u00f1\u00eda un emperador romano, Marco Aurelio, por suposto, a quen estiven o\u00edndo falar, coa noci\u00f3n do tempo perdida, das s\u00faas famosas meditaci\u00f3ns, meditaci\u00f3ns que ben resume esta frase: <\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"><i>Os desexos conducen \u00e1 permanente preocupaci\u00f3n e \u00e1 permanente decepci\u00f3n, xa que todo o que se desexa deste mundo \u00e9 miserable e corrupto.<\/i><\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family: 'Times New Roman', serif; font-size: large;\"><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\">Cando Marco Aurelio tivo a ben calar, supuxen que tan concentrado coma min nas sensaci\u00f3ns t\u00e9rmicas (nunca mellor dito, pensei) daquelas augas sulfurosas, aproveitei para pechar os ollos e pensar que era iso que eu desexaba, e que me manti\u00f1a permanentemente preocupado e decepcionado. <\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family: 'Times New Roman', serif; font-size: large;\"><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\">Nada, d\u00edxenme, non desexas nada pois, naquelas circunstancias, era incapaz de concibir algo que me preocupase ou decepcionase. <\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family: 'Times New Roman', serif; font-size: large;\"><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\">E como non desexaba nada, e como non era quen de concibir algo que me preocupase ou decepcionase, atrevinme a matizar a Marco Aurelio mentres a calor, que xa me traspasara a pel, comezaba a quentarme a alma: O tempo \u00e9 un r\u00edo, como ti sempre dis, d\u00edxenlle sabendo que xa non me o\u00eda, pero a eternidade, unhas termas. E p\u00faxenme tan contento ao sentilo as\u00ed, e cunha intensidade tan grande, que comecei a cantar para min como cantaba o merlo que o\u00eda Ero de Armenteiro na eternidade. Ata que, pouco despois, o\u00edn a muller e os amigos cham\u00e1ndome na escuridade, e nada m\u00e1is o\u00edr o meu nome, ese nome que me devolv\u00eda ao tempo e ao corpo finitos, souben que non deb\u00eda preocuparme polo enorme baleiro que o por fin superado odio aos romanos \u00eda deixar na mi\u00f1a alma. Xa ti\u00f1a outros a quen odiar. <\/span><\/span><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>X. Ricardo Losada.\u00a0O meu imaxinario sobre os romanos ten moito que ver tanto coas pel\u00edculas que v\u00eda no cine Rub\u00e9n de Rianxo como co encontro e a procesi\u00f3n de venres santo aos que acud\u00eda de neno. Ningunha explicaci\u00f3n acad\u00e9mica posterior puido anular aquela impresi\u00f3n infantil.<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,9,26],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/14105"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=14105"}],"version-history":[{"count":3,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/14105\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":14856,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/14105\/revisions\/14856"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=14105"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=14105"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=14105"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}