{"id":14119,"date":"2022-01-17T06:00:35","date_gmt":"2022-01-17T06:00:35","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=14119"},"modified":"2022-01-11T19:20:27","modified_gmt":"2022-01-11T19:20:27","slug":"o-descredito-do-urbanismo","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=14119","title":{"rendered":"O descr\u00e9dito do urbanismo"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\" data-gtm-vis-recent-on-screen-39289916_263=\"1996\" data-gtm-vis-first-on-screen-39289916_263=\"1996\" data-gtm-vis-total-visible-time-39289916_263=\"100\" data-gtm-vis-has-fired-39289916_263=\"1\"><em><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/12\/B15D1048.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-14121\" alt=\"B15D1048\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/12\/B15D1048-300x168.jpg\" width=\"300\" height=\"168\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/12\/B15D1048-300x168.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/12\/B15D1048.jpg 768w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a><strong>Pedro Garc\u00eda Vidal.\u00a0<\/strong><\/em>As paisaxes, como as persoas, te\u00f1en memoria. O tipo de fotograf\u00eda que ilustra este escrito \u2014que poder\u00eda obterse sen dificultade en calquera das vilas e cidades costeiras entre Ribadeo e Tui\u2014 responde a un modelo de urbanismo depredador que concibe o espazo como unha mercador\u00eda.<!--more--> A paisaxe resultante \u00e9 todo un tratado sobre o que non debera facerse. O balance do urbanismo responsable da paisaxe actual das nosas vilas e cidades \u00e9 imprescindible para non repetir os mesmos erros que conduciron a un presente insatisfactorio.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Foron os principais axentes construtores e a especulaci\u00f3n inmobiliaria, guiados sempre polas teor\u00edas \u00abinfalibles\u00bb de arquitectos e urbanistas, as que conformaron e determinaron o modelo de crecemento da vila-mercador\u00eda. Foi o urbanismo de gabinete imperante o principal causante dos estragos visibles.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>Vila nova<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Os efectos perversos sobre a paisaxe constru\u00edda son todo un compendio dos males dese urbanismo de \u00abordeno e mando\u00bb. O resultado foi un ataque a todo aquilo percibido como vello ou degradado a prol da idea de \u00abvila moderna\u00bb. Iso favoreceu a creaci\u00f3n dunha vila nova en formig\u00f3n que vi\u00f1a substitu\u00edr as casas unifamilares primitivas. Ignor\u00e1base a riqueza urban\u00edstica previa en forma de pequenos n\u00facleos habitados que dotaban de identidade e singularidade eses espazos, para substitu\u00edlos por bloques uniformes en altura e volumes esaxerados que fagocitaban o modelo territorial tradicional.<\/p>\n<div id=\"PL_ad_Roba2Mobile\" style=\"text-align: justify;\">Como consecuencia da aplicaci\u00f3n dese irracional modelo de crecemento urbano, e logo dos innumerables casos de corrupci\u00f3n relacionados co urbanismo, a planificaci\u00f3n convencional e o emprego de plans e normas para regulamentar o uso do solo caeron nun total descr\u00e9dito. Na cidadan\u00eda foi instal\u00e1ndose progresivamente a idea de que o urbanismo \u00e9 algo imposto dende arriba. Na r\u00faa f\u00e1lase do planificador tecnocr\u00e1tico, que dese\u00f1a a cidade en funci\u00f3n dunha serie de intereses diversos. D\u00e9ixase de lado a xente. Ningu\u00e9n escoita as persoas que viven nos barrios.<\/div>\n<p style=\"text-align: justify;\">O tempo do urbanismo autoritario est\u00e1 rematando en Occidente. Un coro de voces cr\u00edticas, cada vez m\u00e1is numeroso, demandan un modelo radicalmente diferente.<\/p>\n<div id=\"PL_ad_Roba3Mobile\" style=\"text-align: justify;\"><strong>Novos principios<\/strong><\/div>\n<p style=\"text-align: justify;\">Escollo o interesante e suxestivo libro <em>La ciudad de los cuidados<\/em>, de Izaskun Chinchilla, e as\u00f3mome ao seu relato sobre a nova maneira de entender o urbanismo. Por unha banda, a irrupci\u00f3n da sustentabilidade como un principio central do novo urbanismo, v\u00e9n substitu\u00edr ese modelo expansivo caracterizado por unha mobilidade motorizada individual, con ilimitada liberalizaci\u00f3n do solo, pola idea de cidade compacta, mixta, diversa, respectuosa co medio ambiente e m\u00e1is humana.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Ao mesmo tempo, para que exista esa cidade dos coidados, as e os cidad\u00e1ns deben ostentar o dereito a co\u00f1ecer e contribu\u00edr na construci\u00f3n das evidencias emp\u00edricas coas que debe dese\u00f1arse a cidade. Igualmente, aos urbanistas es\u00edxeselles que o novo modelo urbano sexa compartido cos aut\u00e9nticos titulares do dereito \u00e1 cidade que son os cidad\u00e1ns. En definitiva, participaci\u00f3n e compromiso por parte de t\u00e9cnicos e cidad\u00e1ns. Esta idea tan simple e tan complexa comeza sobre todo por escoitar.<\/p>\n<div id=\"PL_TEXTO_DETALLE_ad_Roba4Mobile\" style=\"text-align: justify;\">Superar os grandes desaf\u00edos actuais como a pandemia, o cambio clim\u00e1tico, a desigualdade ou a fraxilidade econ\u00f3mica sup\u00f3n afastarnos dos modelos que nos conduciron ao desastre actual. En urbanismo estamos ante unha opci\u00f3n simple: seguir apoiando un vello urbanismo especulativo e fracasado de costas ao futuro, ou substitu\u00edlo por un novo urbanismo de consenso na procura dunha vila m\u00e1is fermosa e sustentable. De n\u00f3s depende.<\/div>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Pedro Garc\u00eda Vidal.\u00a0As paisaxes, como as persoas, te\u00f1en memoria. O tipo de fotograf\u00eda que ilustra este escrito \u2014que poder\u00eda obterse sen dificultade en calquera das vilas e cidades costeiras entre Ribadeo e Tui\u2014 responde a un modelo de urbanismo depredador que concibe o espazo como unha mercador\u00eda.<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,34],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/14119"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=14119"}],"version-history":[{"count":1,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/14119\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":14122,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/14119\/revisions\/14122"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=14119"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=14119"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=14119"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}