{"id":14139,"date":"2021-12-30T06:00:26","date_gmt":"2021-12-30T06:00:26","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=14139"},"modified":"2021-12-26T16:51:47","modified_gmt":"2021-12-26T16:51:47","slug":"sereas","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=14139","title":{"rendered":"Sereas"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><em><strong><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/12\/pexels-photo-209620.jpeg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-14140\" alt=\"pexels-photo-209620\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/12\/pexels-photo-209620-300x200.jpeg\" width=\"300\" height=\"200\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/12\/pexels-photo-209620-300x200.jpeg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/12\/pexels-photo-209620-1024x682.jpeg 1024w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2021\/12\/pexels-photo-209620-900x600.jpeg 900w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>Marco Bravo Rodr\u00edguez.<\/strong><\/em> Hai unhas semanas lin nun artigo que a principal causa do inicio do consumo de alcol entre mozos \u00e9 a presi\u00f3n da s\u00faa contorna social. Como se de s\u00fapeto recibise a inspiraci\u00f3n das musas, e porque no fondo tr\u00e1tase do mesmo, non puiden evitar relacionar este feito coas melod\u00edas enfeitizadas que as sereas cantaban para obnubilar o coraz\u00f3n dos mari\u00f1eiros naqueles contos que l\u00eda de pequeno<!--more-->, adaptaci\u00f3ns de grandes historias da literatura universal que conservo na memoria con cari\u00f1o. Deixando de lado este recordo da infancia, o contido do texto non me sorprendeu en absoluto. Ao contrario. Poder\u00eda inundar este papel de centos de estudos sanitarios sobre os efectos desta droga, pero non \u00e9 a mi\u00f1a intenci\u00f3n aburrir ao lector con datos que pode consultar en internet a golpe de <i>click<\/i>. As\u00ed que limitareime a explicar a mi\u00f1a experiencia persoal en poucas palabras. Tan s\u00f3 iso. E xa \u00e9 bastante, cr\u00e9anme.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Non bebo nin unha gota e xamais o farei, pola mi\u00f1a sa\u00fade e por convicci\u00f3ns \u00e9ticas. Unha decisi\u00f3n madura e valente para os adultos; un talib\u00e1n e un fr\u00edxido para os meus amigos; para min, unha aut\u00e9ntica odisea. Porque ningu\u00e9n dixo que navegar por esta vida coas ideas claras fora sinxelo, e moito menos para un mozo de dezaoito anos, arrodeado de monstros mari\u00f1os al\u00ed onde menos pensa que o esperan. Reco\u00f1ezo que a mi\u00f1a relaci\u00f3n cos rapaces (e rapazas) da mi\u00f1a idade estase vendo manchada, tristemente, por este asunto. Mesmo cheguei a ter alg\u00fan conflito con alg\u00fans, que cada vez que me ven presi\u00f3nanme como martelos para que probe o ron. Creo que esa interese en estender sobre min o b\u00e1lsamo do alcol \u00e9 unha maneira de resarcirse da s\u00faa propia culpa por beber, e non unha simple invitaci\u00f3n a integrarme no seu grupo, como me fan crer esbozando un sorriso tenro. Neses casos, e do mesmo xeito que a princesa Sherezade narraba aqueles marabillosos contos no leito do sult\u00e1n, v\u00e9xome na necesidade de esgrimir mil e un argumentos para non ter que someterme ao xugo do alcol sen quedar como un <i>pringado <\/i>diante deles. E cont\u00e9stanme, con certa sorna e disfrazando as s\u00faas inseguridades, que vai sendo hora de que vaia coci\u00f1ar galletas coas monxas do Sagrado Coraz\u00f3n.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Poucos adolescentes saben que os danos do consumo de alcol espor\u00e1dico sobre as redes neuronais a esas idades son moi semellantes aos producidos pola coca\u00edna. Ent\u00f3n, por que socializamos bebendo cervexa, mantemos unha conversa elevada acompa\u00f1ados dunha boa copa de vi\u00f1o e nos divertimos con ron ou xenebra? O quid da cuesti\u00f3n radica en que o alcol \u00e9 unha droga <i>social <\/i>e desprenderse disto \u00e9 dicir adeus a unha parte da cultura que leva formando parte das nosas vidas desde os tempos da Antiga Grecia. Para ilustralo doutra forma, o termo <i>simposio<\/i>, que hoxe en d\u00eda remite a unha conferencia, significa en grego \u201cbeber xuntos\u201d, porque era o que se estilaba nas reuni\u00f3ns filos\u00f3ficas; e artistas como Renoir describiron con pinceladas a relaci\u00f3n entre a bebida e as clases altas en obras como <i>O almorzo dos remeiros,<\/i> hai case cento cincuenta anos: case nada. E s\u00f3 son dous exemplos extra\u00eddos dun inmenso oc\u00e9ano ba\u00f1ado de licor.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Se algo aprend\u00edn tras os anos treboentos da mi\u00f1a adolescencia \u00e9 que a percepci\u00f3n que os demais te\u00f1an sobre min debe ser como unha corrente negra que me bordee e que marche cara a outro mar sen que me engula. Porque como dir\u00eda o outro, son amigo dos meus amigos, pero por enriba deles l\u00e9vome mellor coa verdade; e a verdade pode amosarse pura e cristalina como a auga da praia no ver\u00e1n, pero chegar a aceptala e a obrar en consecuencia adoita ser turbio e dif\u00edcil. Cada vez que algu\u00e9n nega esta realidade sinto que un barco naufraga dentro de min, como se a mi\u00f1a tenacidade recibise unha estocada mortal e ningunha causa que considero xusta e nobre puidese chegar nunca a bo porto. Pero a pesar das adversidades da traves\u00eda e de todas as correntes que me atope, a mi\u00f1a conciencia seguir\u00e1 estando atada a un mastro, inflexible, como Ulises, fronte a todos os cantos de serea.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Marco Bravo Rodr\u00edguez. Hai unhas semanas lin nun artigo que a principal causa do inicio do consumo de alcol entre mozos \u00e9 a presi\u00f3n da s\u00faa contorna social. Como se de s\u00fapeto recibise a inspiraci\u00f3n das musas, e porque no fondo tr\u00e1tase do mesmo, non puiden evitar relacionar este feito coas melod\u00edas enfeitizadas que as &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=14139\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Sereas<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,119,9],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/14139"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=14139"}],"version-history":[{"count":1,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/14139\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":14141,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/14139\/revisions\/14141"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=14139"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=14139"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=14139"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}