{"id":14227,"date":"2022-01-31T06:00:36","date_gmt":"2022-01-31T06:00:36","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=14227"},"modified":"2022-01-28T09:13:15","modified_gmt":"2022-01-28T09:13:15","slug":"aquelas-festas-do-patron","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=14227","title":{"rendered":"Aquelas festas do Patr\u00f3n"},"content":{"rendered":"<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: medium;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2022\/01\/PATRON.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-14228\" alt=\"PATRON\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2022\/01\/PATRON-300x225.jpg\" width=\"300\" height=\"225\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2022\/01\/PATRON-300x225.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2022\/01\/PATRON-1024x768.jpg 1024w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2022\/01\/PATRON-900x675.jpg 900w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2022\/01\/PATRON.jpg 1465w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a><em><strong>Emilio Castro Fustes.\u00a0<\/strong><\/em>Sorr\u00edo ao atopar a imaxe que acompa\u00f1a este texto, entre as l\u00e1minas dun vello \u00e1lbum, sobre o que se derramou inexorablemente o tempo. A instant\u00e1nea corresponde a un d\u00eda do Patr\u00f3n al\u00f3 polos primeiros anos da d\u00e9cada dos 60 do s\u00e9culo pasado. Mad\u00eda leva que perdera nitidez e que moitas desas vidas xa te\u00f1an caducado.<!--more--><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: medium;\">O 20 de xaneiro, d\u00eda de San Sebasti\u00e1n, poucas veces amenc\u00eda solleiro. En xaneiro o fr\u00edo e as bategadas eran fieis compa\u00f1eiras do noso patr\u00f3n. A verdade \u00e9 que aos m\u00e1is cativos da casa tampouco nos preocupaba a climatolox\u00eda de d\u00eda tan sinalado. A festa hab\u00edamos celebrar nos soportais do adro ou por f\u00f3ra, pero aquela alegr\u00eda non nola roubaba nin o fr\u00edo nin a choiva. <\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: medium;\">A ma\u00f1\u00e1 xa vi\u00f1a acompa\u00f1ada polo estrondo das primeiras bombas de palenque que espertaban \u00e1 veci\u00f1anza. Nos cuartos da moitas casas comezaban cun rebumbio entre os convidados e anfitri\u00f3ns para asearse e vestir as mellores roupas feitas ou compradas para a ocasi\u00f3n. Cara a mediod\u00eda, o adro \u00edase enchendo de mulleres e raparigas agardando polos toques da campa\u00ed\u00f1a para entrar \u00e1 misa solemne. Pola contra, a maior\u00eda dos homes \u00edanse arrimando \u00e1s tabernas que se improvisaban aquel d\u00eda para axudar coa s\u00faa recadaci\u00f3n \u00e1 axustar a cumprir co orzamento dos ramistas.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: medium;\">As mulleres que pod\u00edan &#8211; a meirande parte delas quedaba na casa preparando as larpeiradas para o xantar- saudaban \u00e1 xente de f\u00f3ra que pouco m\u00e1is v\u00edan que nesta ocasi\u00f3n. Os cregos, convidados polo p\u00e1rroco, \u00edan chegando coas s\u00faas mellores vestimentas para concelebrar a cerimonia. Tampouco faltaban alg\u00fans que outros mendigos e tolleitos non habituais pola aldea. A misa, ao ser solemne e cantada, ench\u00eda de olor a incenso e m\u00fasica as h\u00famidas paredes do templo. A banda de m\u00fasica agardaba na tribuna ao momento de alzar para tocar o himno nacional que serv\u00eda de sinal ao fogueteiro para que mandase ao ceo unha bomba ben potente.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: medium;\">\u00c1 sa\u00edda da misa retom\u00e1banse as conversas entre os asistentes mentres os m\u00e1is cativos botaban a correr tralas vari\u00f1as dos foguetes e os m\u00e1is mocetes botaban as primeiras olladas p\u00edcaras \u00e1s raparigas de ac\u00f3 e de acol\u00e1. A banda fac\u00eda soar os seus afinados instrumentos con pasodobres e valses que cham\u00e1bamos as \u201cpezas da misa\u201d e animaban aos primeiros danzar\u00edns a dar acompasados pasos perante a mirada atenta das m\u00e1is vellas que criticaban ou adulaban os vestidos de estrea que flotaban no ar daquela improvisada pista de baile. Ao rematar as \u00faltimas pezas, a concorrencia \u00eda revendo e esparex\u00edase cara \u00e1s cadans\u00faas casas onde fumegaban as potas cos mellores e m\u00e1is saborosos manxares. A paparotada m\u00e1is completa e concorrida era a da casa reitoral, onde o p\u00e1rroco recib\u00eda aos colegas da bisbarra sempre listos para parolar, xogar \u00e1 baralla e encher os seus hiperb\u00f3licos bandullos.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: medium;\">Aquelas xuntanzas gastron\u00f3micas alarg\u00e1banse ata preto do luscofusco. Aquelas paroladas eran interrompidas de novo polos novos foguetes tirados \u00e1 mantenta para reclamar \u00e1 mocidade que se achegara ao adro da igrexa onde de novo a banda, agora elegantemente ataviada, lanzaba ao ar as novas melod\u00edas bailables.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: medium;\">A medida que a noite \u00eda cubrindo o ceo co seu manto mouro, os arredores da igrexa ench\u00edanse de parellas que practicaban apaixonadas fregas s\u00f3 interrompidos pola cativer\u00eda que corr\u00eda na procura de vari\u00f1as dos foguetes ou simplemente para ir aprendendo as habelencias amorosas para unha futura festa do patr\u00f3n. Tampouco faltaban as liortas entre aqueles que dedicaran m\u00e1is tempo \u00e1 beberacha que aos amores. Coa l\u00faa sobre o ceo cincento daqueles xaneiros xeados a orquestra afinaba un variado popurr\u00ed co que xa entend\u00edamos que a nosa festa tan agardada tocaba ao seu fin. Suorentos e esgotados, cadaqu\u00e9n buscaba as s\u00faas sabas para enxaugar b\u00e1goas de risa ou desamor e agochar os so\u00f1os para outro patr\u00f3n.<\/span><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Emilio Castro Fustes.\u00a0Sorr\u00edo ao atopar a imaxe que acompa\u00f1a este texto, entre as l\u00e1minas dun vello \u00e1lbum, sobre o que se derramou inexorablemente o tempo. A instant\u00e1nea corresponde a un d\u00eda do Patr\u00f3n al\u00f3 polos primeiros anos da d\u00e9cada dos 60 do s\u00e9culo pasado. Mad\u00eda leva que perdera nitidez e que moitas desas vidas xa &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=14227\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Aquelas festas do Patr\u00f3n<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[108,32,9],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/14227"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=14227"}],"version-history":[{"count":1,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/14227\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":14229,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/14227\/revisions\/14229"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=14227"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=14227"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=14227"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}