{"id":14261,"date":"2022-02-08T06:00:27","date_gmt":"2022-02-08T06:00:27","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=14261"},"modified":"2022-02-03T11:32:00","modified_gmt":"2022-02-03T11:32:00","slug":"papa-e-mama","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=14261","title":{"rendered":"Pap\u00e1 e mam\u00e1"},"content":{"rendered":"<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2022\/02\/61K7tlEfdRL.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-14262\" alt=\"61K7tlEfdRL\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2022\/02\/61K7tlEfdRL-208x300.jpg\" width=\"208\" height=\"300\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2022\/02\/61K7tlEfdRL-208x300.jpg 208w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2022\/02\/61K7tlEfdRL-710x1024.jpg 710w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2022\/02\/61K7tlEfdRL.jpg 844w\" sizes=\"(max-width: 208px) 100vw, 208px\" \/><\/a><em><strong>Fidel Vidal.\u00a0<\/strong><\/em>Quen son pap\u00e1 e mam\u00e1? Os directores de cine cl\u00e1sico expresan ben o comezo da historia. Un cuarto pechado, o pai f\u00f3ra paseando nervioso, unha muller que sobe cunha ola de auga quente, o pai pasea, fuma, volve, vai e v\u00e9n polo corredor. Un silencio tenso. De s\u00fapeto o pranto dun neno: unha nova vida entra na casa. Do pranto \u00e1 met\u00e1fora. Que comunica m\u00e1is, un discurso ou o rebulir dun novo ser no ventre da nai? Un parrafeo, un pranto, ou unha mirada fugaz e de esguello? Que llo pregunten a Baudelaire. Por non falar dos ollos do fillo cravados nos da nai, ese primeiro enganche dual dunha penetrante uni\u00f3n. A mirada\u2026 Comprobade o efecto que ten o simple feito de colocar uns \u201collos\u201d, uns bot\u00f3ns, a calquera obxecto ou garabato.<!--more--> De s\u00fapeto o obxecto e o garabato toman vida.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\">\u201cPap\u00e1, d\u00e1me a man que te\u00f1o medo\u201d, velaqu\u00ed o suxestivo t\u00edtulo dunha obra de Leopoldo Mar\u00eda Panero para comezar con esta afirmaci\u00f3n: O pai biol\u00f3xico non existe. Por moito que se empe\u00f1en os xuristas e os rom\u00e1nticos da natureza primaria como dogma do real, non existe outra clase de pai que o pai verdadeiro, \u00e9 dicir, o da verdade relacional e vincular. O argumento do sangue (especialmente socorrido en termos de herdanza de bens) non nos vale porque non \u00e9 un argumento: \u00e9 lei. No \u00e1mbito biol\u00f3xico o que abonda na actualidade -sexan espont\u00e1neos ou derivados, frescos ou conxelados-, son os denominados proxenitores.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\">A relaci\u00f3n sexual xenital deber\u00eda establecer unha conexi\u00f3n co gozo e non coa procreaci\u00f3n. A certeza da relaci\u00f3n entre coito e embarazo \u00e9 un descubrimento tard\u00edo na historia do home. Sucede o mesmo coa \u201cilusi\u00f3n\u201d do contacto entre <i>un<\/i> espermatozoide -a mentira do vencedor, do n\u00famero un, que xamais o ser\u00eda sen a participaci\u00f3n dos acompa\u00f1antes na odisea- e un \u00f3vulo, propios, <i>microspropios<\/i>, da realidade dos laboratorios. Ou coa identificaci\u00f3n do parentesco a trav\u00e9s do ADN. Pertencen ao imaxinario cient\u00edfico e, nun paso documental cara atr\u00e1s, aos \u201cpapeis\u201d: do DNI ao ADN.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\">De a\u00ed a preferencia e persistencia das lendas, de que os nenos ve\u00f1en de Par\u00eds ou o mito do repolo ou a non menos fant\u00e1stica da cego\u00f1a. Polo menos ofrecen, ademais dun ton rom\u00e1ntico, a forma dunha narraci\u00f3n de cine, cinematogr\u00e1fica, cr\u00edbel. A paternidade e a maternidade non te\u00f1en nada que ver co instinto, son produto da relaci\u00f3n e do roce. O pai e a nai verdadeiros son aqueles que exercen a paternidade ou a maternidade, non quen aporta os elementos reprodutores. \u00c9 aquela por quen chama ou aquel que reclama o fillo: \u201cPap\u00e1, c\u00f3lleme da man que te\u00f1o medo\u201d.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Fidel Vidal.\u00a0Quen son pap\u00e1 e mam\u00e1? Os directores de cine cl\u00e1sico expresan ben o comezo da historia. Un cuarto pechado, o pai f\u00f3ra paseando nervioso, unha muller que sobe cunha ola de auga quente, o pai pasea, fuma, volve, vai e v\u00e9n polo corredor. Un silencio tenso. De s\u00fapeto o pranto dun neno: unha nova &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=14261\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Pap\u00e1 e mam\u00e1<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,65],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/14261"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=14261"}],"version-history":[{"count":1,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/14261\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":14263,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/14261\/revisions\/14263"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=14261"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=14261"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=14261"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}