{"id":14268,"date":"2022-02-05T06:00:18","date_gmt":"2022-02-05T06:00:18","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=14268"},"modified":"2023-06-19T10:44:47","modified_gmt":"2023-06-19T10:44:47","slug":"adicto-a-eternidade","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=14268","title":{"rendered":"Adicto \u00e1 eternidade"},"content":{"rendered":"<p align=\"justify\"><span style=\"font-family: 'Times New Roman', serif; font-size: large;\"><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"><em><strong>X. Ricardo Losada.\u00a0<\/strong><\/em>Cando somos nenos ou adolescentes imos a poucos enterros, pero todos aos que asistimos te\u00f1en unha intensidade tr\u00e1xica moi alta, xa que, por seren dun familiar moi pr\u00f3ximo ou dun amigo da nosa idade, non podemos consolarnos dicindo <\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"><i>Morreu no seu tempo <\/i><\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\">ou <\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"><i>Era o mellor que lle pod\u00eda pasar<\/i><\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\">. Por\u00e9n, a medida que pasan os anos, aumenta o n\u00famero de enterros aos que asistimos, pero a dor perde intensidade, ag\u00e1s en casos moi concretos, do mesmo xeito que perde temperatura un cuarto se abrimos as portas e as vent\u00e1s.<!--more--> <\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family: 'Times New Roman', serif; font-size: large;\"><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\">Quizais fose esa a raz\u00f3n de que onte, tras asistir a un enterro, pensara que a \u00fanica forma de levar con deportividade esa inevitable derrota sexa pensar que o defunto, fixese o que fixese coa s\u00faa vida, era unha boa persoa e que, en boa l\u00f3xica, ir\u00e1 ao ceo. Ao fin e ao cabo, como dic\u00eda John Donne nunhas palabras moi co\u00f1ecidas: <\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"><i>Nunca<\/i><\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"><i>mandes a ningu\u00e9n a preguntar por quen dobran as camp\u00e1s, dobran por ti. <\/i><\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\">E iso \u00e9 o que sinto agora cada vez que vou a un enterro, que as camp\u00e1s tam\u00e9n dobran por min. Xa que logo, e por moito que me moleste esa man\u00eda hip\u00f3crita de gabar os mortos, comezo a pensar que, como opci\u00f3n \u00edntima, e s\u00f3 \u00edntima, \u00e9 unha opci\u00f3n lex\u00edtima e consoladora. Non podemos cambiar o pasado, pero si edulcoralo e, quizais, esa edulcoraci\u00f3n non sexa outra cousa que unha esperanza do para\u00edso, est\u00e9ril, case con toda seguridade, pero esperanza ao fin e ao cabo, e se un est\u00e1 a favor de usar o cannabis como analx\u00e9sico, por que ha de estar en contra desa esperanza ed\u00e9nica? Non calma tam\u00e9n unha dor moi profunda? <\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family: 'Times New Roman', serif; font-size: large;\"><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\">\u00c9 a raz\u00f3n de que entenda moi ben aquilo que dic\u00eda Chaplin para explicar o inevitable declive do seu talento: <\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"><i>A medida que un ser humano entra en anos quere vivir profundamente. Un sentimento de triste dignidade invade a s\u00faa alma, e isto \u00e9 fatal para un c\u00f3mico. <\/i><\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\">Estou de acordo, xa digo, co fondo desa cita, pero tam\u00e9n sei que hai excepci\u00f3ns, como a do poeta Gerardo Diego, de quen dic\u00edan os amigos que estaba tan ben amortallado que parec\u00eda vivo, algo que, seino, non \u00e9 ningunha novidade, dise de moitos defuntos, pero que, no caso de Diego, \u00e9 distinto. Dic\u00edanllo cando estaba vivo, mesmo de neno e adolescente, pois quer\u00eda vivir tan profundamente que sempre estaba dominado por esa triste dignidade que Chaplin considera impropia dos mozos e ineludible nos vellos. <\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family: 'Times New Roman', serif; font-size: large;\"><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\">Pois&#8230; que queres que che diga, d\u00edxenme vindo do enterro, nin quero ser como Chaplin, que viviu da comedia \u00e1 traxedia, nin como Diego, que s\u00f3 viviu na traxedia. Eu quero vivir sempre na comedia, na leda dignidade de ser mozo e na leda dignidade de ser vello. E se, para iso, cada vez que vou a un enterro, te\u00f1o que desexar que o defunto, sexa quen sexa, vaia ao ceo, pois des\u00e9xoo, a\u00ednda que \u00e1s veces, reco\u00f1\u00e9zoo, non me chegue o humilde cannabis e te\u00f1a que meterme unha droga de efectos moito m\u00e1is alucin\u00f3xenos. <\/span><\/span><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>X. Ricardo Losada.\u00a0Cando somos nenos ou adolescentes imos a poucos enterros, pero todos aos que asistimos te\u00f1en unha intensidade tr\u00e1xica moi alta, xa que, por seren dun familiar moi pr\u00f3ximo ou dun amigo da nosa idade, non podemos consolarnos dicindo Morreu no seu tempo ou Era o mellor que lle pod\u00eda pasar. Por\u00e9n, a medida &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=14268\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Adicto \u00e1 eternidade<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,9,26],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/14268"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=14268"}],"version-history":[{"count":2,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/14268\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":14855,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/14268\/revisions\/14855"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=14268"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=14268"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=14268"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}