{"id":14340,"date":"2022-03-03T06:00:55","date_gmt":"2022-03-03T06:00:55","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=14340"},"modified":"2022-02-21T17:42:48","modified_gmt":"2022-02-21T17:42:48","slug":"cando-poucas-fan-o-de-moitas","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=14340","title":{"rendered":"Cando poucas fan o de moitas"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><em><strong><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2022\/02\/campaerguendo.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-14342\" alt=\"campaerguendo\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2022\/02\/campaerguendo-300x200.jpg\" width=\"300\" height=\"200\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2022\/02\/campaerguendo-300x200.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2022\/02\/campaerguendo-900x600.jpg 900w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2022\/02\/campaerguendo.jpg 960w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>Pilar Sampedro.\u00a0<\/strong><\/em>Ref\u00edrome a persoas, a cando poucas persoas fan o esforzo que non levan a cabo as administraci\u00f3ns ou os colectivos amplos, e cando isto repercute sobre o com\u00fan, sobre o p\u00fablico.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Estou convencida de que moitas veces non conseguimos as metas porque non acabamos de crer na capacidade de cambio que temos nas mans. <!--more-->Resulta case incr\u00edbel. \u00c9 como cando che din que a Historia se resume a varias xeraci\u00f3ns da t\u00faa familia, que un s\u00e9culo son apenas os av\u00f3s. Polas raz\u00f3ns que sexa tampouco somos quen de crer no poder que temos como consumidores, como profesionais, como cidad\u00e1ns.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Estes d\u00edas pasados atopamos, nos medios de comunicaci\u00f3n, a historia de Carlos San Juan, un pensionista que se atreveu a plantarlles cara \u00e1s entidades financeiras po\u00f1endo en marcha en <i>change<\/i> coa petici\u00f3n de sinaturas ou dirix\u00edndose ao Banco de Espa\u00f1a e \u00e1 Presidencia do Goberno. Andaba a xente a protestar polos bancos, a queixarse porque non era quen de saber que pasaba cos seus cartos, porque ningu\u00e9n os atend\u00eda, porque pechaban sucursais a torto e a dereito mentres as grandes corporaci\u00f3ns financeiras ti\u00f1an cada vez m\u00e1is ganancias\u00a0 e diso presum\u00edan (para m\u00e1is inri). Pois ben, tivo que ser un home (s\u00f3) o que se ergueu para buscar soluci\u00f3n. Non digo que vaiamos conseguir limitar o maltrato dos bancos, pero algo se moveu e algu\u00e9n dixo claramente que aqu\u00ed \u201ccheira a podre\u201d como na Dinamarca de Hamlet.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Hai uns d\u00edas comentaba o proxecto que ergueu o propietario dunha leira do colectivo Capit\u00e1n Gosende en Cerdedo. Esa imaxe na que varios enterran ou prenden esa l\u00e1pida no campo das laudas, \u00e9 suficientemente explicativa. Como van seguir abandonadas esas xentes que tanto sufriron e tan maltratadas foron pola Historia? Como van continuar baixando a cabeza as s\u00faas familias cando lles corresponder\u00eda estar orgullosas? O que non fixo a Lei de Memoria Hist\u00f3rica, o que destru\u00edron os que queren continuar asoballando, est\u00e1 nas mans dun grupi\u00f1o de persoas que decidiron cargar coa dignidade de todas as demais, tal como falaba Jos\u00e9 Mart\u00ed.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Tam\u00e9n lembro o bosque de Ridimoas, ese territorio forestal que uns poucos tiveron que mercar para poder conservar as especies aut\u00f3ctonas, ese poder dos poucos para manter erguida a esperanza.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Estas deber\u00edan ser as noticias das que se fale de vez en cando, dese poder que temos para conservar ou transformar, porque se o pensamos, nunca tivemos a tantos con tanta formaci\u00f3n e tanto tempo para crear utop\u00edas, pequeni\u00f1as, microutop\u00edas das que fala Jarauta, pero que a\u00ednda son posibles, se o cremos e nos po\u00f1emos no cami\u00f1o de constru\u00edlas.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Hai que posibilitar cambios no sistema. Hai tempo que deixaron de ter un sentido as folgas (uns poucos facendo o esforzo de deixar de traballar e que lle desconten do salario) cando a estas alturas o que c\u00f3mpre son outros m\u00e9todos, outros procedementos. Hai que pensar, sen deixarse levar pola inercia, reflexionar sobre aquilo no que podemos incidir, sobre os discursos e as s\u00faas falsidades, sobre as mentiras que algu\u00e9n di sabendo que mente e sen que lle pase nada, sobre as promesas pol\u00edticas que non se cumpren e quedan sen castigo, sen que ningu\u00e9n sexa responsable do que fai mal durante o seu mandato. Haber\u00eda que profundar, como dic\u00eda Castelao.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Pilar Sampedro.\u00a0Ref\u00edrome a persoas, a cando poucas persoas fan o esforzo que non levan a cabo as administraci\u00f3ns ou os colectivos amplos, e cando isto repercute sobre o com\u00fan, sobre o p\u00fablico. Estou convencida de que moitas veces non conseguimos as metas porque non acabamos de crer na capacidade de cambio que temos nas mans.<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,69],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/14340"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=14340"}],"version-history":[{"count":1,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/14340\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":14343,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/14340\/revisions\/14343"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=14340"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=14340"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=14340"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}