{"id":14353,"date":"2022-03-02T06:00:23","date_gmt":"2022-03-02T06:00:23","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=14353"},"modified":"2022-02-27T20:32:30","modified_gmt":"2022-02-27T20:32:30","slug":"do-arano-a-torino","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=14353","title":{"rendered":"Do Ara\u00f1o a Torino"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><em><b><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2022\/02\/41aH2c6Je0L._SX324_BO1204203200_.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-14354\" alt=\"41aH2c6Je0L._SX324_BO1,204,203,200_\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2022\/02\/41aH2c6Je0L._SX324_BO1204203200_-195x300.jpg\" width=\"195\" height=\"300\" \/><\/a>Ignacio Castro<\/b><\/em>. <i>Os anxos non \u00e9 seguro que existan, pero as sombras si, e estamos a\u00ed sempre.\u00a0P<\/i>oder\u00edase dicir deste libro de Ram\u00f3n Torrado, editado por Ax\u00f3uxere, o que Carr\u00e8re di de Lim\u00f3nov: por alucinante que pareza, non \u00e9 ficci\u00f3n; este home existe, \u00e9 unha persoa real que se pode co\u00f1ecer. Todo o narrado en\u00a0<i>Torino<\/i>\u00a0ocorre hai poucos anos, entre Rianxo e Tur\u00edn. E de certo xeito segue, como a banda musical que acompa\u00f1a este traxecto existencial, pois dunha verdadeira viaxe nunca se volve. Se xa non \u00e9 doado escribir sobre outro sen facelo en c\u00edrculo, dende e sobre o fondo de si mesmo, menos a\u00ednda iso \u00e9 posible cando o obxecto da nosa mirada ten as veas abertas e non se oculta a vida atronada do seu autor.<!--more--><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Ao reparar na portada deste libro, con esas miradas\u00a0<i>oblicuas<\/i>\u00a0dos catro personaxes protagonistas, xa podemos imaxinar que a\u00a0<i>curva<\/i>, mesmo a que cabe na punta dun alfinete, ocupa o f\u00edo de\u00a0<i>Torino<\/i>. Coma se a li\u00f1a recta fose inmoral, a aproximaci\u00f3n de Ram\u00f3n \u00e1s cousas, dende os devanceiros ata a xente que se atopa cami\u00f1o a Italia, \u00e9 sempre matizada por unha tr\u00e9mula sensibilidade. Se cara ao final Torrado confesa o seu noxo pola velocidade, iso medrar\u00eda dunha lentitude que sente que ten que demorarse na pel, no rostro irregular de cousas, humanos e lugares. Non correr \u00e9 unha forma de non ferir o corpo que respira. E todo\u00a0<i>respira<\/i>\u00a0neste libro, dende os mortos que nunca se foron ata eses sitios ins\u00f3litos desta Europa do sur.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Sufrimos as\u00ed a cirurx\u00eda invasiva da viaxe, dun periplo cargado cun valor que raia o quixotesco. Foi dezasete anos atr\u00e1s, pero parece que pasou onte. Certo, non hai tempo para o que nos marcou. Lembremos as iluminaci\u00f3ns das\u00a0<i>v\u00e9speras<\/i>. Pois ben, nunha viaxe solitaria e abertamente \u00e9pica todo son v\u00e9speras. Ma\u00f1\u00e1 chegamos a Torino, lugar no que agarda o santo sudario; pasado partimos de volta. E as tormentas el\u00e9ctricas nos Alpes, e a xente que baila derredor teu mentres sorr\u00ed. As\u00ed d\u00eda tras d\u00eda.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">N\u00f3mades son os que est\u00e1n aferrados a unha rexi\u00f3n central que non cabe en ning\u00fan sitio. Tense dito que ao contacto coa morte as evidencias tremen, esva\u00e9cense. E os espectros da desaparici\u00f3n est\u00e1n moi presente neste libro, enchendo precisamente unha vida que linda co so\u00f1o, coas sombras. Sombras non s\u00f3 na volta constante dos que se foron coma na incerteza coti\u00e1, na posibilidade de non entender nada \u00e1 volta dun recanto.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Desta proximidade coas pantasmas da imaxinaci\u00f3n v\u00e9n a obriga rosaliana de non deixar de so\u00f1ar o d\u00eda cos ollos abertos. A viveza das sombras, que Torrado recibe de Rosal\u00eda ou Manuel Antonio, tam\u00e9n da s\u00faa\u00a0<i>encantada<\/i>\u00a0vivencia natal, d\u00e1lle un aire on\u00edrico a toda esta narraci\u00f3n. Por\u00e9n a diferencia entre ficci\u00f3n e realidade sempre \u00e9 dubidosa.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><i>Maldito<\/i>\u00a0<i>nost\u00e1lxico<\/i>, di Torrado de si mesmo, ao magoarse coa dor intensa do perdido. Se a segunda persoa \u00e9 constante, polo menos na primeira parte deste libro, \u00e9 por ese estra\u00f1amento central. Desta rareza natal v\u00e9n en Torrado o gusto pola traduci\u00f3n. Certo, a primeira tarefa do\u00a0<i>estranxeiro<\/i>\u00a0en todas partes \u00e9 traducir a unha lingua compartida esa corrente de sombras e rumores nativos.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Decot\u00edo, o protagonista fala co outro de si mesmo: &#8220;Eu, a t\u00faa sombra, qu\u00e9rote, a pesar dos teus defectos&#8221;. \u00c1 contra da actual obsesi\u00f3n pola identidade, o Eu \u00e9 o dobre\u00a0 sombrizo da nosa soidade, dunha existencia que roza sempre o so\u00f1o da inexistencia. Se despois, como veu Jorge Sacido, esa segunda persoa narrativa case desaparece ao chegar a Italia, pode ser porque ent\u00f3n o\u00a0<i>santo<\/i>\u00a0<i>sudario<\/i>\u00a0que nos separa de n\u00f3s pode esvaecerse na elegante intensidade da cultura italiana. Torrado non ten reparos en afirmar que a calor da humanidade en Italia \u00e9 incomparable coa muda eficacia empresarial dos franceses.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A peregrinaci\u00f3n por esta Europa meridional \u00e9 a cr\u00f3nica dun sentimental perdido entre os desertos do automatismo, as facianas que non miran, unha calor asfixiante, autoestradas cicl\u00f3peas e prezos astron\u00f3micos. O\u00a0 libro de Torrado non deixa de falar, como dic\u00eda Sokurov en\u00a0<i>Nai e fillo<\/i>, da maldici\u00f3n que se deriva do feito de medrar cun amor natal que o envolveu todo. Isto faino a un feble, presa f\u00e1cil dun universo arrefriado pola alta definici\u00f3n. A orixe\u00a0<i>encantada<\/i>\u00a0desta narraci\u00f3n, ese enxoiado rosario de pais, irm\u00e1 e devanceiros en Ara\u00f1o, \u00e9 a garant\u00eda dun f\u00edo inicial de infelicidade. Supo\u00f1emos que se escribe para darlle musculatura a un coraz\u00f3n que vai demasiado por diante da cabeza. Os mellores desexos para esta aventura que segue hoxe, a trav\u00e9s do labirinto actual. Quen se atreveu a facer\u00a0<i>Torino<\/i>\u00a0non deixar\u00e1 de estar armado para outros minotauros.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Ignacio Castro. Os anxos non \u00e9 seguro que existan, pero as sombras si, e estamos a\u00ed sempre.\u00a0Poder\u00edase dicir deste libro de Ram\u00f3n Torrado, editado por Ax\u00f3uxere, o que Carr\u00e8re di de Lim\u00f3nov: por alucinante que pareza, non \u00e9 ficci\u00f3n; este home existe, \u00e9 unha persoa real que se pode co\u00f1ecer. Todo o narrado en\u00a0Torino\u00a0ocorre hai &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=14353\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Do Ara\u00f1o a Torino<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,77,9],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/14353"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=14353"}],"version-history":[{"count":1,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/14353\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":14355,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/14353\/revisions\/14355"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=14353"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=14353"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=14353"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}