{"id":14360,"date":"2022-03-05T06:00:48","date_gmt":"2022-03-05T06:00:48","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=14360"},"modified":"2022-03-02T09:55:06","modified_gmt":"2022-03-02T09:55:06","slug":"pasolini-rabia-colera-e-rebeldia","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=14360","title":{"rendered":"Pasolini: rabia, c\u00f3lera e rebeld\u00eda"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><em><strong><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2022\/03\/pasonili1.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-full wp-image-14361\" alt=\"pasonili1\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2022\/03\/pasonili1.jpg\" width=\"182\" height=\"277\" \/><\/a>Gonzalo Trasbach.\u00a0<\/strong><\/em>D\u00eda 5 de marzo de 1922. Nace Pier Paolo Pasolini en Santo Stefano (Bolonia). As\u00ed pois, de ter vivido arestora o poeta e cineasta italiano estar\u00eda a uns pasos de acadar os cen anos. Con motivo da celebraci\u00f3n do seu centenario, as editoriais xa puxeron as m\u00e1quinas en marcha para confeccionar novas edici\u00f3ns da obra xa publicada e ao mesmo tempo para dar a co\u00f1ecer algunha novidade con respecto \u00e1 produci\u00f3n art\u00edstica dunha das m\u00e1is relevantes figuras da cultura transalpina do s\u00e9culo pasado. Entre as novidades \u00e9 de destacar a biograf\u00eda <i>Pasolini. El \u00faltimo profeta<\/i> de Miguel Dalmau (Barcelona, 1975), pola que se levou a 34 edici\u00f3n do Premio Comillas, a correspondente a este ano 2022.<!--more--><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Lembremos moi brevemente que Pier Paolo Pasolini, ademais de poeta, ensa\u00edsta e cr\u00edtico literario, foi un cineasta complexo e pol\u00e9mico e que rodou pel\u00edculas como <i>Teorema<\/i> (1968), <i>El Decamer\u00f3n<\/i> (1971) ou a moi controvertida <i>Sal\u00f3 o los 120 d\u00edas de Sodoma<\/i> (1975). A biograf\u00eda de Dalmau, segundo contan, brinda as claves para \u201centender\u201d unha vida traspasada por unha pulsi\u00f3n tr\u00e1xica que, como recordaremos, terminou dun xeito abrupto: co seu brutal asasinato ocorrido na noite do 2 de novembro de 1975 nas praias de Ostia, a uns poucos quil\u00f3metros da imperial Roma. De todos os xeitos, a s\u00faa obra literaria e f\u00edlmica conserva a s\u00faa plena vixencia nos nosos tumultuosos e lutuosos d\u00edas.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Exerceu de mestre rural no seu Fruili natal at\u00e9 1949, ano no que se viu obrigado a fuxir, xunto coa s\u00faa nai, \u00e1 capital do estado italiano. Pasolini foi un adiantado ao seu tempo. Describiu o mundo no que agora vivimos, pero non como un adivi\u00f1o, sen\u00f3n porque fundamentalmente era e o segue sendo un profeta. Neste senso, chegou a dicir: &lt;Acabar\u00e1 o cinema e haber\u00e1 televisi\u00f3n e <i>pornograf\u00eda<\/i>. E vir\u00e1 un novo fascismo&gt;, a\u00ednda que este sexa dun corte claramente hedonista.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Segundo se ten contando nestas xornadas previas ao seu centenario, o director de <i>O evanxeo segundo Mateo<\/i> estaba traballando nunha novela, titulada <i>Petr\u00f3leo<\/i>, na que pretend\u00eda revelar a conexi\u00f3n do poder coa mafia e a desta co Estado italiano, polo cal moitos te\u00f1en deducido que o seu sanguinario asasinato foi perpetrado polos servizos secretos de Italia.<a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2022\/03\/9788418807183.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-14362\" alt=\"9788418807183\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2022\/03\/9788418807183-181x300.jpg\" width=\"181\" height=\"300\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2022\/03\/9788418807183-181x300.jpg 181w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2022\/03\/9788418807183.jpg 552w\" sizes=\"(max-width: 181px) 100vw, 181px\" \/><\/a> \u00c1 marxe destas elucubraci\u00f3ns, a editorial N\u00f3rdica editou a espl\u00e9ndida antolox\u00eda que reuniu L\u00f3pez-Vega baixo o t\u00edtulo <i>La religi\u00f3n de nuestro <\/i>tiempo. Pola s\u00faa parte, Galaxia Gutenberg volcouse na efem\u00e9ride coa publicaci\u00f3n de <i>El fascismo de los antifascistas<\/i>, un volume que recolle os escritos redactados entre setembro de 1962 e febreiro de 1975; e reeditar\u00e1 <i>Escritos corsarios<\/i>. Polo que respecta a Altamarea, dicir que por\u00e1 \u00e1 venda unha nova edici\u00f3n de <i>Teorema<\/i>. E tam\u00e9n <i>La ciudad de Dios<\/i>, unha colecci\u00f3n de artigos dos anos 50 que retratan a Roma da posguerra. Mart\u00edn L\u00f3pez-Vega \u00e9 tam\u00e9n o responsable de <i>La insomne felicidad<\/i>, unha antolox\u00eda po\u00e9tica que ver\u00e1 a luz a mediados de marzo e re\u00fane poemas dos seus mellores libros po\u00e9ticos.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A s\u00faa fatalidade desatouse en Casarsa cando viv\u00eda na casa dos seus pais. Segundo relata Dalmau na s\u00faa biograf\u00eda, nunha festa de ver\u00e1n Pasolini tivo unha aventura sexual con outros mozos. O encontro transcendeu e chegou at\u00e9 os o\u00eddos dos seus proxenitores, o que desencadeou unha enorme discusi\u00f3n entre eles. Ademais, iso carreou a s\u00faa expulsi\u00f3n do traballo e mesmo do PCI, porque era, ademais de comunista, homosexual, algo que non compart\u00edan os seus dirixentes. Mais el xa era consciente de que levaba \u00e1s s\u00faas costas a cruz dun destino irreparable: estaba abocado a non amar nunca a norma establecida. Estaba atado a unha \u201cmaldici\u00f3n\u201d e \u00e1 s\u00faa correspondente raci\u00f3n de dor, unha dor que xa vi\u00f1a de cando recibiu, tanto el coma a s\u00faa nai, o duro golpe do asasinato do seu irm\u00e1n Guido, ao que fusilaron os fascistas o 12 de febreiro do 1945.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Ata o final dese ver\u00e1n de 1949, Pasolini era querido e apreciado en Casarsa della Delizia, a vila da s\u00faa nai e dos anos da s\u00faa mocidade. Ent\u00f3n era un mozo vitalista, deportista, t\u00edmido e hipersensible. Pero despois daquel asunto espi\u00f1oso, deveu nun home rebelde, rabioso, atormentado, e converteuse nun implacable fustigador da burgues\u00eda italiana. S\u00faa nai, Susanna Colussi, quen chegou a desempe\u00f1ar un papel nunha pel\u00edcula, era tam\u00e9n mestra rural, doce e alegre. Tralo \u00a0esc\u00e1ndalo sexual, os dous partiron para Roma, a onde arriban sen nada, coas mans baleiras. Instal\u00e1ronse provisoriamente na casa dun irm\u00e1n de Susanna. M\u00e1is tarde viviron nunha choza de lat\u00f3n, nun suburbio poboado por inmigrantes procedentes do sur de Italia, e onde non hab\u00eda auga corrente, nin electricidade. Pasolini at\u00f3pase abatido polas circunstancias. Pero nel \u00e1 vez alentaba unha forte ansia de \u201cvivir o seu inferno\u201d, de darlle unha forma \u00e1 s\u00faa maldici\u00f3n. Diante del abr\u00edase unha nova realidade: o regato onde os mozos xogaban ao f\u00fatbol, un anonimato e unha nova liberdade que quedar\u00e1 plasmada na s\u00faa novela <i>Los chavales del arroyo<\/i>.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">E \u00e9 nese contexto onde arrinca o home que nunca sentiu vergo\u00f1a dunha contemplaci\u00f3n que impide o xu\u00edzo moral definitivo (mesmo sobre os inimigos) por respecto ao misterio da sinxela existencia, e que \u00e1 vez mant\u00e9n unha febril aspiraci\u00f3n de retorno a unha xustiza \u201ccomunista\u201d (Ah, esa palabra maldita agora entre n\u00f3s!) anterior \u00e1 divisi\u00f3n do mundo que ten imposto o diluvio da usura, da ganancia sen l\u00edmites.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">At\u00e9 a s\u00faa homosexualidade, confesada sen alardes, sen armar barullo, poder\u00edase vincular \u00e1 imperiosa necesidade dun cripto-cristianismo circundado polo desamor do mundo moderno.<a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2022\/03\/81SNeKyEoSL._SY445_.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-14363\" alt=\"81SNeKyEoSL._SY445_\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2022\/03\/81SNeKyEoSL._SY445_-211x300.jpg\" width=\"211\" height=\"300\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2022\/03\/81SNeKyEoSL._SY445_-211x300.jpg 211w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2022\/03\/81SNeKyEoSL._SY445_.jpg 314w\" sizes=\"(max-width: 211px) 100vw, 211px\" \/><\/a> \u00c9 desde esta perspectiva que na pel\u00edcula do <i>Evanxeo segundo \u00a0Mateo<\/i> fanse estas preguntas: &lt;Quen \u00e9 a mi\u00f1a nai e quen son os meus irm\u00e1ns?&gt;. El decide renunciar \u00e1 descendencia, permanecer libre de cargas sociais para manter en p\u00e9 unha \u201cvixilia\u201d nun magma que debe atravesar a peito descuberto, sen a protecci\u00f3n de igrexa algunha, tampouco da teolox\u00eda \u201cprogre\u201d ou da liberaci\u00f3n sexual, que xa apuntaban con \u00e9xito naqueles tempos.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Roma, cando chegou, aparece diante dos seus ollos como dese\u00f1ada no baleiro, a\u00ednda que m\u00e1is tarde resultoulle fascinante. Vive en barrios terceiromundistas. Coma aos fillos dos campesi\u00f1os, aos que lles deu clase, ve nos parias dos suburbios aos seus camaradas. Escribe constantemente. Froito destes anos \u00e9 o seu poemario <i>Las cenizas de Gramsci<\/i>, e tam\u00e9n a novela <i>Los chicos del arroyo<\/i>, que reflicte o que vai observando nos seus traslados en autob\u00fas desde unha punta at\u00e9 o outro cabo de Roma, onde atopou traballo nunha escola de barrio pobre, al\u00ed onde os m\u00e1is desfavorecidos se te\u00f1en refuxiado, nas ru\u00ednas do Imperio Romano. Estas xentes ser\u00e1n m\u00e1is tarde as principais protagonistas das s\u00faas pel\u00edculas.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00c9 nestes escenarios onde, xunto coa s\u00faa querenza polos valores tel\u00faricos das civilizaci\u00f3ns pre-industriais, onde tomar\u00e1 a decisi\u00f3n de viaxar polos pa\u00edses subdesenvolvidos, pobres, do Terceiro Mundo, cos seus ollos ateigados do seu amor de campesi\u00f1o irredut\u00edbel. Todos os poboadores deses pa\u00edses circulan por diante da s\u00faa mirada coma perlas soltas dunha constelaci\u00f3n que rachou a apisoadora do <i>Desenvolvemento<\/i>.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Na capital italiana, ademais de escribir e ensinar, publica artigos en xornais e fai amigos de moito peso, como Alberto Moravia, e a trav\u00e9s de Giorgio Bassani introd\u00facese no mundo do cinema, onde primeiro exerceu de guionista traballando para Federico Fellini como coguionista de <i>La dolce vita<\/i>, e m\u00e1is adiante como director, faceta na que debutou con <i>Accatone<\/i> (Mendigo) en 1961, trala que vir\u00e1n <i>Mamma Roma<\/i>, <i>O evanxeo segundo Mateo<\/i>, <i>Pajaritos y pajarracos<\/i>, <i>Edipo Rey<\/i>, <i>Teorema<\/i>, <i>Pocilga<\/i>\u2026 Non \u00e9 cine f\u00e1cil nin para entreter, sen\u00f3n provocador e pol\u00e9mico, coma o seu mesmo car\u00e1cter.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00c9 tam\u00e9n na Cidade Eterna onde amosa o seu potente xesto apocal\u00edptico, que se alimenta do enfrontamento da totalidade da orde urbana, coa s\u00faa dereita e esquerda civilizadas, coa relixi\u00f3n das aforas, un universo suburbano que lonxe de ser superado polos novos centros urbanitas, pervive cargado dunha enorme vitalidade. Unha vez que chega a decepci\u00f3n pol\u00edtica, entr\u00e9gase \u00e1 viaxe rom\u00e1ntica que o leva \u00e1s marxes que pretende tapar, soterrar, a planificaci\u00f3n neoindustrial.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">De ning\u00fan modo haber\u00eda que ver na s\u00faa inclinaci\u00f3n polos mozos do regato, polas aforas miserables da cidade, s\u00f3 cotra, obscenidade e violencia. Non. A\u00ed late un grande amor pola realidade, un amor alucinado, infantil, pero tam\u00e9n pragm\u00e1tico, que ten sido tomado en moitas ocasi\u00f3ns por imp\u00fadico. Falamos dun amor que tam\u00e9n sente pola diva Mar\u00eda Callas, a quen, logo de ser abandonada por Arist\u00f3teles Onassis, convenceu para que desempe\u00f1ara o papel de Medea nunha das s\u00faas pel\u00edculas. A s\u00faa condici\u00f3n de homosexual xeroulle moitos problemas, e mesmo acabo no c\u00e1rcere. Xa no 1968 recibiu moitos paus por parte das esquerdas (oficial e radical) porque se posicionou a favor dos polic\u00edas (obreiros e fillos de obreiros) e contra dos estudantes aos que acusa de burgueses e fillos de pap\u00e1, unha postura que a\u00ednda agora non entende a nosa tan ilustrada esquerda.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Isto en Pasolini encaixaba perfectamente. Encaixaba na s\u00faa aptitude indomable e soberana. Nese aspecto, nunca agochou a s\u00faa admiraci\u00f3n pola vida elemental das xentes que habitaban nas aforas, esa xente \u00e1 que se denominaba e a\u00ednda se denomina \u201cLumpen\u201d. Cando fala deses territorios, PPP est\u00e1 nomeando o que se chama materialismo sagrado, do que a ortodoxia de esquerda (mesmo da que se considera m\u00e1is extremista) non quere saber nada.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2022\/03\/713UlXyo7wL.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-14364\" alt=\"713UlXyo7wL\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2022\/03\/713UlXyo7wL-178x300.jpg\" width=\"178\" height=\"300\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2022\/03\/713UlXyo7wL-178x300.jpg 178w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2022\/03\/713UlXyo7wL-607x1024.jpg 607w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2022\/03\/713UlXyo7wL.jpg 856w\" sizes=\"(max-width: 178px) 100vw, 178px\" \/><\/a>\u00a0Evoca constantemente a tradici\u00f3n proletaria e campesi\u00f1a de Italia diante do aborrecible e imparable avance do consumismo. Nun escenario no que se percibe unha emigraci\u00f3n masiva do campo \u00e1 cidade (tal como tam\u00e9n ocorreu en Espa\u00f1a e Galicia), el ve que o tradicional esquema marxista dis\u00f3lvese no neocapitalismo, sen resistir o implac\u00e1bel crecemento do consumismo.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">En <i>Escritos corsarios<\/i> chega a dicir que ning\u00fan fascismo lle fixo tanto dano a Italia coma o hedonismo consumista. En <i>Teorema<\/i>, cando a criada se soterra no fondo dunha obra, s\u00f3 nos quere recordar que as civilizaci\u00f3ns anteriores non desapareceron, est\u00e1n enterradas. A civilizaci\u00f3n campesi\u00f1a permanece debaixo da obreira, o mesmo que o frenes\u00ed de Eros nos agarda debaixo da costra estereotipada dos nosos actuais rituais. \u00c9 dicir: o arcaico, coa s\u00faa po\u00e9tica e o seu perigo, agarda en silencio o seu momento.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Pasolini sempre se mantivo fiel e fraternal coas sombras do desco\u00f1ecido, das cousas pequenas. E o rexeitamento que xera nos demais catal\u00f3gao de \u201cracial\u201d: \u00e9 o racismo que se exerce contra todas as minor\u00edas do planeta. PPP \u00e9 solidario coa memoria dunha marxe (o deserto), iso que esqueceu o mundo moderno, ese sitio de onde todos vimos.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Un sinistro accidente, truculento, onde moitos a\u00ednda contin\u00faan recre\u00e1ndose, coma rapaci\u00f1os remexendo na merda, acabou coa s\u00faa vida, acabou coa s\u00faa vida mentres xa cami\u00f1aba, pese \u00e1 rabia e \u00e1 c\u00f3lera que albergaba no seu corpo de campesi\u00f1o e deportista, cara \u00e1 reconciliaci\u00f3n coas s\u00faas propias tripas, entra\u00f1as, e talvez acaso, tam\u00e9n coas cousas deste mundo cruel.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Gonzalo Trasbach.\u00a0D\u00eda 5 de marzo de 1922. Nace Pier Paolo Pasolini en Santo Stefano (Bolonia). As\u00ed pois, de ter vivido arestora o poeta e cineasta italiano estar\u00eda a uns pasos de acadar os cen anos. Con motivo da celebraci\u00f3n do seu centenario, as editoriais xa puxeron as m\u00e1quinas en marcha para confeccionar novas edici\u00f3ns da &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=14360\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Pasolini: rabia, c\u00f3lera e rebeld\u00eda<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[6,7,18,9],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/14360"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=14360"}],"version-history":[{"count":1,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/14360\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":14365,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/14360\/revisions\/14365"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=14360"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=14360"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=14360"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}