{"id":14523,"date":"2022-04-16T06:00:14","date_gmt":"2022-04-16T06:00:14","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=14523"},"modified":"2023-06-19T10:42:25","modified_gmt":"2023-06-19T10:42:25","slug":"emocionarte","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=14523","title":{"rendered":"Emocionarte"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><em><strong>X. Ricardo Losada.\u00a0<\/strong><\/em>Normalmente escribo os meus textos sen un obxectivo definido. Pero hoxe vou facer unha excepci\u00f3n. Intentarei emocionarte, cunha dificultade engadida: que saibas que estou intentando emocionarte. Para iso, antes tes que prometerme que, leas o que leas, g\u00fasteche ou non o tema, chegar\u00e1s ata o final e, deseguido, sen pensalo nin racionalizalo, dir\u00e1s con total sinceridade se consegu\u00edn o meu obxectivo:<!--more--><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Encantoume unha noticia que lin o outro d\u00eda. D\u00faas mulleres foron quen de facerlle o timo do<i> tocomocho<\/i> a un ex-directivo octoxenario dun banco. Para darlle m\u00e1is encanto \u00e1 historia, en Santiago de Compostela, a poucos quil\u00f3metros de onde vivo, e nun lugar, o Ensanche, no que viv\u00edn varios anos e no que a\u00ednda hoxe vou con frecuencia. O timo \u00e9 ben co\u00f1ecido: a muller acercouse ao home para dicirlle que necesitaba cartos con urxencia, concretamente 30.000 euros, e que, a cambio, entregar\u00edalle uns d\u00e9cimos de loter\u00eda premiados por un valor bastante superior, pero que non pod\u00eda cobrar. Como o home dubidada, unha segunda muller, c\u00f3mplice da primeira, que o\u00eda a conversa, ofreceuse a facer a operaci\u00f3n. Tras un breve pero intenso di\u00e1logo, o ex-directivo aceptou a proposta se o levaban en coche \u00e1 casa, onde ti\u00f1a os cartos en efectivo. Cando volveu con eles, entrou de novo no coche esix\u00edndolles \u00e1s mulleres cobrar primeiro os d\u00e9cimos. Como as estafadoras reaccionaron insult\u00e1ndoo, mesmo peg\u00e1ndolle, acabou tir\u00e1ndose en marcha do coche, que \u00eda a moi pouca velocidade, no medio da cidade. As estafadoras pararon, baixaron do coche, peg\u00e1ronlle patadas mentres estaba no chan (tivo que ir ao hospital) e, finalmente, roub\u00e1ronlle os trinta mil euros que levaba no peto.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Digo que me encantou a noticia porque creo que, \u00e1 marxe das patadas, o vello merec\u00eda o que lle pasou. Acaso non era directivo dun banco? Acaso non demostra o caso que segu\u00eda sendo un avaricioso? Acaso non ti\u00f1a na casa unha cantidade de cartos tan alta que d\u00e1 que pensar que eran de procedencia incerta e que non declaraba a Facenda? Xa que logo, agardo que nunca atrapen esas d\u00faas Robin Hood do s\u00e9culo XXI. Seguro que viv\u00edan nunhas circunstancias estremas de pobreza e non lles quedou outra que facer o que fixeron. Eses cartos servir\u00e1n, cando menos, se non para que os fillos coman quente, si para que a actividade econ\u00f3mica, tan necesaria en tempos de crise, se incremente.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">P.D. Que, conseguino? Probablemente dir\u00e1s que non, querido lector. Dir\u00e1s que a historia deuche asco (facerlle iso a un vello!), medo (tam\u00e9n che poder\u00eda pasar a ti), tristeza (o vello ingresou no hospital), sorpresa (como se pode seguir caendo nun timo tan co\u00f1ecido, para m\u00e1is un tipo que traballou no sector financeiro), alegr\u00eda (no fondo, que iso siga pasando \u00e9 unha historia simp\u00e1tica), ira (gustar\u00edache aplicarlle a esas mulleres a lei do tali\u00f3n), interese (a ti tam\u00e9n che gustar\u00eda timar un tipo as\u00ed), vergonza (como se vai sentir o vello agora que se sabe o que pasou), culpa (por que non estabas ti al\u00ed para avisalo). Pero, desde logo, dir\u00e1s, en ning\u00fan momento te emocionaches pois en ning\u00fan momento a historia conseguiu que te identificases cos personaxes e sentises compaix\u00f3n por eles, e iso (compadecernos) \u00e9 o que normalmente chamamos emocionarnos. Pois non. Os psic\u00f3logos din que as emoci\u00f3ns b\u00e1sicas son: asco, medo, tristeza, sorpresa, alegr\u00eda, ira, interese, vergonza e culpa. As\u00ed que, querido lector, creo que podo afirmar que consegu\u00edn o que pretend\u00eda, e que, quizais, sexa un escritor m\u00e1is emotivo do que eu mesmo penso.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>X. Ricardo Losada.\u00a0Normalmente escribo os meus textos sen un obxectivo definido. Pero hoxe vou facer unha excepci\u00f3n. Intentarei emocionarte, cunha dificultade engadida: que saibas que estou intentando emocionarte. Para iso, antes tes que prometerme que, leas o que leas, g\u00fasteche ou non o tema, chegar\u00e1s ata o final e, deseguido, sen pensalo nin racionalizalo, dir\u00e1s &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=14523\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Emocionarte<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,9,26],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/14523"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=14523"}],"version-history":[{"count":2,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/14523\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":14852,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/14523\/revisions\/14852"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=14523"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=14523"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=14523"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}