{"id":14526,"date":"2022-04-17T06:00:09","date_gmt":"2022-04-17T06:00:09","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=14526"},"modified":"2022-04-15T09:18:55","modified_gmt":"2022-04-15T09:18:55","slug":"contos-e-prosas-breves-de-joyce","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=14526","title":{"rendered":"Contos e prosas breves, de Joyce"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><em><strong><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2022\/04\/descarga-1.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-full wp-image-14527\" alt=\"descarga (1)\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2022\/04\/descarga-1.jpg\" width=\"186\" height=\"271\" \/><\/a>Gonzalo Trasbach.\u00a0<\/strong><\/em>Arestora, a cento corenta anos de distancia da data do seu nacemento, podemos dicir que James Joyce \u00e9 a Irlanda como Dante a Italia e William Shakespeare a Inglaterra, e como Cervantes \u00e9 a Espa\u00f1a. Jim, como lle chamaba seu irm\u00e1n Stanislau, adicou a s\u00faa complicada vida a inventar e a engordar un Dubl\u00edn imaxinario, poboado de pontes, de r\u00faas, de bares, de pubs, de vivos e de mortos. Pero tam\u00e9n de m\u00fasicos, borrachos, putas e puteiros. Mais ao mesmo tempo de xentes que se queren e se odian, que se ignoran ou que se sa\u00fadan cando se atopan en calquera sitio do espazo urbano que se estende a ambos lados do Liffey. <!--more-->En realidade, a obra de Joyce \u00e9 coma o sucederse das estaci\u00f3ns, dos d\u00edas, do limo das horas: \u00e9 sen d\u00fabida circular. Arrinca coas epifan\u00edas, contin\u00faa despois cos episodios autobiogr\u00e1ficos, aos que lles seguen uns contos e relatos, e, como p\u00f3rtico dos seus portentosos <i>Ulises<\/i> e <i>Finnengans Wake<\/i>, unha fermos\u00edsima carta de amor, un amor non consumado cunha moza alumna de ingl\u00e9s, <i>Giacomo Joyce<\/i>.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Os personaxes que vagan polas follas dos seus libros son xente que co\u00f1eceu ou da que escoitou falar, ou da que ti\u00f1a o\u00eddo mencionar a seu pai, un cr\u00e1pula ao que nunca deixou de querer, pese a que pasou un mont\u00f3n de anos sen miralo. Tam\u00e9n est\u00e1n nas s\u00faas obras as cousas que lles pasaron a todas esas persoas, e el cre que lles ocorreron para que el as puidese escribir. Mesmo pensaba que os que se ti\u00f1an portado mal con el e pensaba sinalalos na s\u00faa escrita, o que realmente fac\u00eda era inmortalizalos, como foi o caso de Oliver St. John Gogarty, o gordecho \u00a0Buck Mulligan, antagonista no <i>Ulises<\/i>.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Dubl\u00edn \u00e9 certamente o protagonista central das s\u00faas grandes obras. A cidade concibida coma un escenario de mulleres e homes, de formas de sentir, de maneiras de ser, caracteres que hoxe en d\u00eda xa non existen. James Joyce viviu vinte e dous anos na capital do seu pa\u00eds, para logo dedicarse outros trinta anos m\u00e1is a recreala desde o seu exilio voluntario (\u00e9 necesario partir, para non sa\u00edr da casa). Alg\u00fans te\u00f1en dito e escrito cousas terribles sobre o errante escritor irland\u00e9s. Despois da s\u00faa morte, o seu irm\u00e1n Stanislau comparar\u00e1 a obra do m\u00e1is vello dos seus moitos irm\u00e1ns coa cabeza cortada da Medusa, cuxa mirada &lt;\u00e9 horrible na s\u00faa fealdade e nudez, pero xa non converte en pedra o coraz\u00f3n&gt;.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A meirande parte deste curto comentario est\u00e1 entresacado do libro <i>Cuentos e prosas breves<\/i>, de JJ, unha fabulosa xoia de obxecto-libro, de cuxa traduci\u00f3n se encargou Diego Garrido (Madrid, 1997) para o selo P\u00e1ginas de la espuma, e conta cun sobresa\u00ednte dese\u00f1o ideado polo seu irm\u00e1n Arturo Garrido, autor ademais da composici\u00f3n das fotos coas que se pecha este volume de pastas duras e consistentes.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Neste libro de m\u00e1s de cincocentas follas, Diego Garrido subscribe uns brillantes comentarios introdutorios de cada unha das secci\u00f3ns, que resultan esclarecedores do proceso creador e a experiencia vital do autor de Dubl\u00edn. Ademais, ao remate de cada secci\u00f3n figura unha colecci\u00f3n de notas aclaratorias sobre certos aspectos ou feitos hist\u00f3ricos que posiblemente o lector desco\u00f1ecese o non entendese no texto orixinal. Era realmente o noso autor un home de clase media, tal coma o cualificou un xornalista galego afincado en Madrid? Como se lle pode atribu\u00edr iso ao fillo m\u00e1is vello dunha familia moi numerosa, cun pai alcoholizado que gastaba sen ton nin son os poucos cartos que ga\u00f1aba, unha familia que estaba cambiando de casa cada dous por tres por non pagar o aluguer? Hai que ter mala baba para identificar a un home cunha clase que non creo existise na Irlanda de principios do s\u00e9culo pasado, onde m\u00e1is \u00a0ben a maior\u00eda da poboaci\u00f3n pasaba bastante fame!<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Nun dos seus comentarios introdutorios da cada secci\u00f3n, Garrido, pese \u00e1 s\u00faa curta idade, ofrece unha m\u00e1is que interesante versi\u00f3n do ilex\u00edbel <i>Finnegans Wake<\/i>, e faino cunhas cantas pinceladas, coma un grande pintor. En resumo v\u00e9n dicir isto: &lt;As seiscentas \u00a0p\u00e1xinas do libro narran a sinxela noite dun d\u00eda calquera dunha familia, a de Harold Chimpden Earwicker, e que no cami\u00f1o se viu pervertido por un mundo ilimitado de fantas\u00edas, so\u00f1os, pesadelos&gt;. O libro foi publicado o 4 de maio de 1939, a catro meses da invasi\u00f3n de Polonia polas tropas do ex\u00e9rcito alem\u00e1n. E ser\u00e1 a s\u00faa \u00faltima obra. James consider\u00e1baa a mellor de todas. E se o <i>Ulises<\/i> era o \u201clibro do d\u00eda\u201d, Finnegans era o da \u201cnoite\u201d.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">M\u00e1is c\u00f3 valor do experimental, Diego Garrido di que a s\u00faa obra tivo e ten o valor do humano e o eterno. O Joyce home tivo o defecto da vaidade. Quixo que o admirasen. Mais o que conseguiu de todos n\u00f3s \u00e9 outra cousa, distinta e mellor c\u00e1 nosa admiraci\u00f3n: a nosa amizade. Pois \u00e9 raro que un &lt;home tan antip\u00e1tico, tan ateigado de fobias e filias logre que ao final o queiramos coma un amigo&gt;. Si.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Gonzalo Trasbach.\u00a0Arestora, a cento corenta anos de distancia da data do seu nacemento, podemos dicir que James Joyce \u00e9 a Irlanda como Dante a Italia e William Shakespeare a Inglaterra, e como Cervantes \u00e9 a Espa\u00f1a. Jim, como lle chamaba seu irm\u00e1n Stanislau, adicou a s\u00faa complicada vida a inventar e a engordar un Dubl\u00edn &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=14526\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Contos e prosas breves, de Joyce<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[18,9],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/14526"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=14526"}],"version-history":[{"count":1,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/14526\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":14528,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/14526\/revisions\/14528"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=14526"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=14526"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=14526"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}