{"id":14543,"date":"2022-04-28T06:00:01","date_gmt":"2022-04-28T06:00:01","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=14543"},"modified":"2023-06-19T10:42:02","modified_gmt":"2023-06-19T10:42:02","slug":"helgoland","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=14543","title":{"rendered":"Helgoland"},"content":{"rendered":"<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\"><span style=\"font-size: large; font-family: 'times new roman', times;\"><em><strong><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2022\/04\/526b8135c35305a383b02687d59f913c4a3387e5.jpeg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-14544\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2022\/04\/526b8135c35305a383b02687d59f913c4a3387e5-190x300.jpeg\" alt=\"526b8135c35305a383b02687d59f913c4a3387e5\" width=\"190\" height=\"300\" \/><\/a>X. Ricardo Losada.\u00a0<\/strong><\/em>S\u00f3 levo vinte p\u00e1xinas lidas e xa te\u00f1o ganas de escribir este artigo. O libro tit\u00falase <i>Helgoland, <\/i>o nome da illa do Mar do Norte onde Werner Heisenberg descubriu a idea clave que fixo posible a mec\u00e1nica cu\u00e1ntica e todos os enormes descubrimentos que nos trouxo no s\u00e9culo XX e que nos traer\u00e1 no s\u00e9culo XXI. O autor \u00e9 un vello co\u00f1ecido meu, Carlo Rovelli, un f\u00edsico te\u00f3rico italiano cun enorme prestixio, tanto no \u00e1mbito da ciencia como no da divulgaci\u00f3n. Non vou facer, por suposto, unha valoraci\u00f3n do libro, pero si quero comentar alg\u00fans aspectos que xa me fascinaron desde o principio.<!--more--> <\/span><\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\"><span style=\"font-size: large; font-family: 'times new roman', times;\">O primeiro, a dedicatoria: <i>A Ted Newman, que me fixo comprender que eu non comprend\u00eda a mec\u00e1nica cu\u00e1ntica. <\/i>Marabillosa. Nesa dedicatoria res\u00famese toda a filosof\u00eda de S\u00f3crates, e a filosof\u00eda tal e como eu a concibo, e que podemos simbolizar nesa famosa frase do fil\u00f3sofo grego: <i>S\u00f3 sei que non sei nada, <\/i>entendida como un comezo ineludible do co\u00f1ecemento<i>. <\/i>De feito, podo imaxinar un mozo Rovelli atop\u00e1ndose con Newman e discutindo con el sobre F\u00edsica contempor\u00e1nea cunha gran seguridade e unha gran soberbia, ata que, de s\u00fabito, Newman abandona a discusi\u00f3n e comeza a facerlle preguntas de concepto. Que \u00e9 a realidade. Que \u00e9 a experiencia. Que \u00e9 o fundamento \u00faltimo. Rovelli comeza a tatexar, a dubidar, a decatarse de que pensaba que sab\u00eda pero que, cheo de prexu\u00edzos, ambig\u00fcidades e contradici\u00f3ns, realmente, non sab\u00eda nada con seguridade. S\u00f3 sei que non sei nada de F\u00edsica contempor\u00e1nea con seguridade, Ted, dille cunha s\u00fabita humildade. Moi ben, replica Ted, pois agora que tes unha actitude mental receptiva (a d\u00fabida abre portas, a certeza p\u00e9chaas) vouche demostrar con m\u00e1is preguntas que sabes m\u00e1is do que pensas. E, ao rematar a conversa, efectivamente, Rovelli descubre que si entende, agora con seguridade, e sen prexu\u00edzos, a mec\u00e1nica cu\u00e1ntica. E que incluso poder\u00eda explic\u00e1rllela a outros, como fai comigo neste libro. <\/span><\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\"><span style=\"font-size: large; font-family: 'times new roman', times;\">O segundo aspecto que me fascina, a definici\u00f3n que Rovelli d\u00e1 de ciencia, e que calquera persoa pouco atenta atribuir\u00eda \u00e1 filosof\u00eda: <i>unha exploraci\u00f3n de novos modos de interpretar o mundo. \u00c9 a capacidade que temos de po\u00f1er sempre en cuesti\u00f3n os nosos conceptos. \u00c9 a forza visionaria dun pensamento rebelde e cr\u00edtico capaz de modificar os seus propios alicerces conceptuais, capaz de reinterpretar o mundo desde cero.<\/i> F\u00edxome recordar unha frase, non recordo de quen, que di que a verdade require a precisi\u00f3n do poeta e a imaxinaci\u00f3n do cient\u00edfico. Que diferente ser\u00eda o mundo se no bacharelato de Ciencias educasen para a imaxinaci\u00f3n, e no bacharelato de Letras para a precisi\u00f3n.\u00a0Sen ningunha d\u00fabida, non se ver\u00edan como dous bacharelatos antag\u00f3nicos, sen\u00f3n como o que realmente son: d\u00faas caras da mesma moeda. De feito, o propio Ravelli di que poucas cousas o aburriron m\u00e1is que a F\u00edsica que estudou no bacharelato. E moitos escritores din que poucas cousas os aburriron m\u00e1is que a Literatura que estudaron no bacharelato. Non me estra\u00f1a. Nada tan aburrido como un profesor de Ciencias convencido de que as ciencias naturais s\u00f3 son obxectivas. Nada tan aburrido como un profesor de Letras convencido de que as Humanidades son s\u00f3 subxectivas. <\/span><\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\"><span style=\"font-size: large; font-family: 'times new roman', times;\">Terceiro, tam\u00e9n me fascina como valora Rovelli a filosof\u00eda (si, un f\u00edsico do s\u00e9culo XXI), e como non ten ning\u00fan recato en reco\u00f1ecer a importancia que tiveron as discusi\u00f3ns filos\u00f3ficas sobre a relaci\u00f3n entre realidade e experiencia, que axitaban a filosof\u00eda austr\u00edaca e alem\u00e1 desde comezos do s\u00e9culo XX, no descubrimento da teor\u00eda da relatividade e da mec\u00e1nica cu\u00e1ntica. Para que serve a filosof\u00eda? S\u00f3 desde a ignorancia m\u00e1is absoluta se pode negar a s\u00faa importancia. Como di o propio Rovelli, a cuesti\u00f3n clave \u00e9 que \u201cos fil\u00f3sofos ofr\u00e9cennos formas orixinais de pensar o mundo, e podemos usalas se nos resultan \u00fatiles\u201d. E, el mesmo o suxire, se a filosof\u00eda foi, e \u00e9, tan valiosa para o estudo da realidade natural, imaxinade o valiosa que pode ser para o estudo da realidade pol\u00edtica. <\/span><\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\"><span style=\"font-size: large; font-family: 'times new roman', times;\">Falando de realidade pol\u00edtica. Imaxinade que os pol\u00edticos tivesen esas calidades: honestidade para desprenderse dos prexu\u00edzos, capacidade de di\u00e1logo para comprender os puntos de vista doutras persoas, humildade para reco\u00f1ecer os erros e a ignorancia, disposici\u00f3n para aprender de quen sabe m\u00e1is, capacidade de an\u00e1lise dos conceptos e valores que levan usando acriticamente durante anos, incluso s\u00e9culos, sentido do humor para tatexar en p\u00fablico sen ruborizarse, pensamento rebelde e cr\u00edtico para cuestionar as s\u00faas propias ideas, imaxinaci\u00f3n para ir m\u00e1is al\u00e1 do curto prazo e os intereses particulares. <\/span><\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\"><span style=\"font-size: large; font-family: 'times new roman', times;\">Imaxin\u00e1deo por un momento. <\/span><\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\"><span style=\"font-size: large; font-family: 'times new roman', times;\">E se non sodes quen, benvidos \u00e1 perplexidade. A min tam\u00e9n me custa m\u00e1is imaxinar ese mundo pol\u00edtico cheo de sentido com\u00fan que o abstruso e inveros\u00edmil mundo da f\u00edsica cu\u00e1ntica. <\/span><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>X. Ricardo Losada.\u00a0S\u00f3 levo vinte p\u00e1xinas lidas e xa te\u00f1o ganas de escribir este artigo. O libro tit\u00falase Helgoland, o nome da illa do Mar do Norte onde Werner Heisenberg descubriu a idea clave que fixo posible a mec\u00e1nica cu\u00e1ntica e todos os enormes descubrimentos que nos trouxo no s\u00e9culo XX e que nos traer\u00e1 &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=14543\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Helgoland<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,9,26],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/14543"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=14543"}],"version-history":[{"count":2,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/14543\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":14851,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/14543\/revisions\/14851"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=14543"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=14543"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=14543"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}