{"id":14583,"date":"2022-05-05T06:00:51","date_gmt":"2022-05-05T06:00:51","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=14583"},"modified":"2022-05-02T10:19:02","modified_gmt":"2022-05-02T10:19:02","slug":"rosalia-castelao-e-ti","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=14583","title":{"rendered":"Rosal\u00eda, Castelao e ti"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\" data-gtm-vis-recent-on-screen-39289916_263=\"304\" data-gtm-vis-first-on-screen-39289916_263=\"304\" data-gtm-vis-total-visible-time-39289916_263=\"100\" data-gtm-vis-has-fired-39289916_263=\"1\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2022\/05\/dd768a584f72ae093fe60601b7795da9.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-14584\" alt=\"dd768a584f72ae093fe60601b7795da9\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2022\/05\/dd768a584f72ae093fe60601b7795da9-300x225.jpg\" width=\"300\" height=\"225\" \/><\/a><em><strong>X. Ricardo Losada.\u00a0<\/strong><\/em>Unha das raz\u00f3ns de que \u00e1s veces dubide dos beneficios da lectura \u00e9 a incapacidade de moitos intelectuais de dicirlles a verdade aos amigos sobre os seus libros e a irritaci\u00f3n destes ante unha mala cr\u00edtica ou un gusto diverxente. Hai unha an\u00e9cdota de Proust moi significativa. Un amigo m\u00e1ndalle un libro para saber a s\u00faa opini\u00f3n, e el cont\u00e9stalle: \u00abO que lin par\u00e9ceme moi fermoso. <!--more-->Sei que ti fuches duro co meu libro, pero seguro que se debeu a que che pareceu malo. Polo mesmo, porque a min o teu pareceume bo, al\u00e9grame dicircho e dic\u00edrllelo aos demais\u00bb. Ser\u00eda un comentario para sacarlle o sombreiro se non fose porque entre os papeis que Proust deixou \u00e1 s\u00faa morte apareceu unha nota que escribiu un pouco antes de mandar esa, e na que se limita a gabar a cantidade, non a calidade, da obra do amigo, e a criticar o seu orgullo, a s\u00faa desconfianza e o seu infantilismo.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Eu descubr\u00edn algo curioso ao comezar a publicar. Hai persoas que te gaban de forma desmesurada cando escribes mal e que non din nada cando escribes ben. Gozan vendo como o teu ego se inflama polo seu comentario hip\u00f3crita, e sofren cando ven que es quen de escribir dignamente. Resentidos, envexosos, apoucados. Como dir\u00eda mi\u00f1a avoa, nin comen nin deixan comer. Non \u00e9 o caso, desde logo, de Proust. Segundo contan os seus bi\u00f3grafos, ti\u00f1a unha necesidade case patol\u00f3xica de ser querido polos demais, e pasaba a vida intentando ga\u00f1arse o seu favor con constantes afagos. Iso, por suposto, non o xustifica desde o punto de vista intelectual, pero si desde o punto de vista humano. Ao fin e ao cabo, arruinouse compr\u00e1ndolles flores e regalos aos amigos.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Tendo moi presente esa an\u00e9cdota, e que os humanos nos negamos a detectar a hipocris\u00eda cando nos afagan, cando comecei a publicar decid\u00edn, primeiro, agradecer, pero, segundo, non crer ning\u00fan dos comentarios positivos que me fac\u00edan sobre os meus escritos. Hoxe sei que fixen ben, e \u00e9 algo que lles recomendo aos escritores novos. A\u00ednda que non poida dicir con seguridade se son un escritor digno, podo afirmar, con total convicci\u00f3n, que son un escritor mellor.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>X. Ricardo Losada.\u00a0Unha das raz\u00f3ns de que \u00e1s veces dubide dos beneficios da lectura \u00e9 a incapacidade de moitos intelectuais de dicirlles a verdade aos amigos sobre os seus libros e a irritaci\u00f3n destes ante unha mala cr\u00edtica ou un gusto diverxente. Hai unha an\u00e9cdota de Proust moi significativa. Un amigo m\u00e1ndalle un libro para &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=14583\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Rosal\u00eda, Castelao e ti<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,9,26],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/14583"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=14583"}],"version-history":[{"count":1,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/14583\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":14585,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/14583\/revisions\/14585"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=14583"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=14583"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=14583"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}