{"id":14608,"date":"2022-05-10T06:00:03","date_gmt":"2022-05-10T06:00:03","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=14608"},"modified":"2022-05-05T07:52:18","modified_gmt":"2022-05-05T07:52:18","slug":"touros-en-ribeira","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=14608","title":{"rendered":"Touros en Ribeira"},"content":{"rendered":"<p align=\"justify\"><em><strong><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2022\/05\/150px-Pasepecho_Cordobes_cropped.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-full wp-image-14609\" alt=\"150px-Pasepecho_Cordobes_cropped\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2022\/05\/150px-Pasepecho_Cordobes_cropped.jpg\" width=\"150\" height=\"227\" \/><\/a>Fidel Vidal.\u00a0<\/strong><\/em>En Ribeira, que eu recorde, xamais se viu unha corrida de touros. Os afeccionados a semellantes eventos, para satisfaceren os anhelos e celebrar, en vivo e en directo, a morte dun touro pola espada dun matador, previamente amansado chimp\u00e1ndolle un par de sacos de area segundo vai polo corredor e, xa na praza, un picador a lanzadas para despois marealo con capote e muleta, acud\u00edan a Pontevedra pola Peregrina, ou a Noia polo San Marcos.\u00a0Non contando con praza axeitada, sexa esta fixa ou port\u00e1til, o que si hab\u00eda en Ribeira era unha \u201cPe\u00f1a\u201d de afeccionados que idolatraban -non sei se esta \u00e9 a expresi\u00f3n correcta-<!--more-->, un afamado matador que recib\u00eda de xeonllos a sa\u00edda do touro, \u201ca porta gaiola\u201d, e singularmente c\u00e9lebre por pegar saltos en crequenas na area. O salto da ra. Era m\u00e1is co\u00f1ecido por esas manobras e habilidades que pola \u201carte\u201d de tourear. Non participaba da mesma opini\u00f3n o grupo de ribeir\u00e1ns, pouco numeroso, hai que dicilo, que formaban a \u201cPe\u00f1a El Cordob\u00e9s\u201d.<\/p>\n<p align=\"justify\">O se\u00f1or Rilo, reloxeiro, ocupaba a presidencia. Desco\u00f1ezo de que trataban nas xuntanzas, espor\u00e1dicas m\u00e1is que peri\u00f3dicas, supo\u00f1o que estudaban a tempada e, no caso de que o mestre acudira a Pontevedra, arranxar entradas e programar a viaxe. O que si celebraban eran as corridas emitidas pola televisi\u00f3n espa\u00f1ola. Nesa asistencia ritual ante o televisor, para maior gloria da \u201cPe\u00f1a\u201d, radicaba o desexo de facer p\u00fablica a s\u00faa paix\u00f3n pola lidia.<\/p>\n<p align=\"justify\">Os festexos taurinos comezaban \u00e1s cinco en punto da tarde cun sonoro e marcial \u201cpasodoble espa\u00f1ol\u201d. A esa hora todo estaba disposto no Caf\u00e9 de Mar\u00eda que contaba cunha especie de sollado, un apartado ao que se sub\u00eda por unha curta escada, onde habitualmente se xogaba ao tute cabr\u00f3n. A \u201cPe\u00f1a El Cordob\u00e9s de Ribeira\u201d amosaba o seu cartel a un lado da bandeira espa\u00f1ola estendida na varanda dese palco de honra, fronte \u00e1 pantalla que ca\u00eda un chisco embaixo da altura da mirada dos taur\u00f3filos.<\/p>\n<p align=\"justify\">Escoitar os aplausos ou ver o presidente sacar o pano pedindo orella ou rabo era todo unha ledicia. Ou as discusi\u00f3ns por unha boa ou mala faena. A vantaxe para o resto dos seareiros que non comungaban con esa cerimonia, estaba en que a \u201cPe\u00f1a\u201d s\u00f3 montaba o seu n\u00famero exclusivamente nas retransmisi\u00f3ns pola tele das corridas de El Cordob\u00e9s. Os non avisados que paseaban pola r\u00faa, sorprend\u00edanse mesmo con algo de susto cando, de s\u00fapeto, desde o Caf\u00e9 de Mar\u00eda, o\u00edan o entusiasmo dos \u201cOl\u00e9!\u201d, \u201cOl\u00e9!\u201d, \u201cOl\u00e9!\u201d, dos nosos afeccionados veci\u00f1os. Unha estampa berlanguiana ben entra\u00f1able dos sesenta, con touros, caf\u00e9, copa e puro.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Fidel Vidal.\u00a0En Ribeira, que eu recorde, xamais se viu unha corrida de touros. Os afeccionados a semellantes eventos, para satisfaceren os anhelos e celebrar, en vivo e en directo, a morte dun touro pola espada dun matador, previamente amansado chimp\u00e1ndolle un par de sacos de area segundo vai polo corredor e, xa na praza, un &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=14608\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Touros en Ribeira<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,65,9],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/14608"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=14608"}],"version-history":[{"count":1,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/14608\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":14610,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/14608\/revisions\/14610"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=14608"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=14608"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=14608"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}