{"id":14622,"date":"2022-05-12T06:00:41","date_gmt":"2022-05-12T06:00:41","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=14622"},"modified":"2023-06-19T10:56:27","modified_gmt":"2023-06-19T10:56:27","slug":"revolucion-dos-caraveis-a-sombra-trala-luz","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=14622","title":{"rendered":"Revoluci\u00f3n dos caraveis: a sombra trala luz"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><em><strong>Gonzalo Trasbach.\u00a0<\/strong><\/em>Todas as revoluci\u00f3ns habidas e por haber pasan por momentos luminosos e agochan outros sombr\u00edos. Hai homes (m\u00e1is ca mulleres, pois xa sabemos a querenza dos var\u00f3ns por figurar nos fitos m\u00e1is destacados da Historia), que son glorificados, loubados, condecorados\u2026 Pero hai outros que, pese aos indubidables m\u00e9ritos contra\u00eddos, son condenados a un rotundo ostracismo: resultan perigosos para os benpensantes membros do <i>stablishment<\/i>, pola admiraci\u00f3n e devoci\u00f3n que espertan entre as capas populares.\u00a0\u00a0Dito isto de car\u00e1cter xeral, lembremos que o pasado 25 de abril celebrouse o 48\u00ba aniversario da Revoluci\u00f3n dos Caraveis de Portugal, aquela que tanto nos conmovera<!--more-->, emocionara e ilusionara a moitos da nosa xeraci\u00f3n. Na madrugada daquel d\u00eda de 1974 arrincou a historia dun dos persoeiros que non gozou nin da gloria nin chamou a atenci\u00f3n dos focos que se acenderon tralo\u00a0 \u00e9xito do movemento que liberou o pa\u00eds veci\u00f1o da longa noite de chumbo na que estaba sumido. M\u00e1is ben foi condenado aos calabozos do esquecemento: Fernando Jos\u00e9 Salgueiro Maia, capit\u00e1n da Escola Pr\u00e1ctica de Caballer\u00eda (Escola Pr\u00e1tica de Cavalaria) na gornici\u00f3n de Santar\u00e9m. Desde esta cidade, situada a uns oitenta quil\u00f3metros da capital, partiu o mozo oficial con direcci\u00f3n a Lisboa, \u00e1 fronte dunha columna de tanques obsoletos, para apoiar a Operaci\u00f3n Fin do R\u00e9xime, o levantamento que finalmente derribou a ditadura m\u00e1is lonxeva de Europa.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A\u00ednda que eran moitas as persoas que o apreciaban e admiraban, Salgueiro foi reducido ao silencio por parte do <i>stablishment<\/i> pol\u00edtico-militar. O oficial que detivo a Caetano faleceu dun cancro no mes de abril do 1992, vinte anos despois do triunfo do levantamento militar. Con motivo do 48\u00ba aniversario daquel acontecemento que estremeceu a pen\u00ednsula Ib\u00e9rica, unha pel\u00edcula e a reedici\u00f3n da s\u00faa autobiograf\u00eda aspiran a rescatar a figura de Salgueiro Maia da arca dos ignorados e ninguneados. Queren rescatar aquel oficial mozo que con s\u00f3 29 anos foi o encargado de arrestar o primeiro ministro portugu\u00e9s, Marcelo Caetano, no Largo do Carmo.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Coma moitos militares da s\u00faa xeraci\u00f3n, Salgueiro provi\u00f1a do mundo rural e enrolouse nas filas do ex\u00e9rcito para escapar da fame e da pobreza. Adquiriu experiencia e curtiuse na guerra colonial que o seu pa\u00eds manti\u00f1a en Mozambique e Guinea Bissau, unha guerra que orixinou unha sangr\u00eda incontible en mortes de homes mozos e no gasto das arcas dun pa\u00eds brutalmente empobrecido. Foi durante esta contenda cando o capit\u00e1n se convenceu de que se necesitaba unha soluci\u00f3n pol\u00edtica para cortar esa hemorraxia. Nos escenarios africanos aprendeu a dial\u00e9ctica coa que convenceu os seus soldados de marchar sobre Lisboa e p\u00f3r fin a un r\u00e9xime cruel e ignominioso. E de sumarse ao movemento das Forzas Armadas (MFA), que lideraba un variado grupo de oficiais, que levaban meses preparando a asonada.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Antes de dar un paso en falso, Salgueiro ti\u00f1a que escoitar na radio os sinais de que a operaci\u00f3n estaba en marcha. R\u00e1dio Emissores Asociados de Lisboa emitiu \u00e1s 11 da noite <i>E despois do adeus<\/i>, unha canci\u00f3n que acabou \u00faltima no Festival de Eurovisi\u00f3n. E logo, pasada a medianoite, recibiu a confirmaci\u00f3n definitiva na R\u00e1dio Renascen\u00e7a: <i>Gr\u00e2ndola, Vila Morena<\/i> de Jos\u00e9 Afonso. A revoluci\u00f3n ti\u00f1a chegado. Unhas cantas horas m\u00e1is tarde os lisboetas lanz\u00e1ronse \u00e1s r\u00faas e coparon as prazas da capital para apoiar, aplaudir e aclamar os militares rebeldes.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Na Ponti\u00f1a estaba situado o posto de mando do grupo de oficiais que dirix\u00eda o levantamento: os chamados &lt;Homes sen sono&gt;, co maior Otelo Saraiba de Carvalho \u00e1 fronte. Daquel sitio sa\u00edu a mensaxe que conduciu a Salgueiro Maia at\u00e9 o Largo do Carmo, onde estaba a sede da Garda Nacional Republicana (GNR) e onde se ti\u00f1a refuxiado Caetano. Nos arredores do cuartel a multitude mesturouse cos soldados e comezou a repartir caraveis entre eles, caraveis como s\u00edmbolo dunha revoluci\u00f3n practicamente incruenta (s\u00f3 se rexistraron cinco mortos).<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Caetano escalara at\u00e9 a xefatura do poder ditatorial, ocupando o posto de Primeiro Ministro, cando sucedeu a Oliveira de Salazar no ano 1968. Na xornada do 25 de 1974 f\u00edxose forte na sede da GNR. Houbo tensi\u00f3n, moita tensi\u00f3n, entre os fortificados e as forzas que mandaba Salgueiro. Despois da intervenci\u00f3n do xeneral Ant\u00f3nio de Sp\u00ednola nas negociaci\u00f3ns, Caetano cedeu e o mozo capit\u00e1n das Forzas Armadas entrou na fortaleza e arrestouno. A continuaci\u00f3n acompa\u00f1ouno nun tanque at\u00e9 o aeroporto, na que ser\u00eda a s\u00faa primeira parada cami\u00f1o do exilio de Brasil. Este comportamento, entre outros da mesma natureza, deste oficial foi o que cautivou \u00e1 poboaci\u00f3n portuguesa.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Mais as xerarqu\u00edas pol\u00edtico-militares non perdoaron a este capit\u00e1n a honradez da s\u00faa firme actitude, que consistiu en non tomar partido, en non posicionarse a favor ou contra dalg\u00fan dos bandos que se estaban configurando para asaltar o novo poder. El s\u00f3 quer\u00eda que se restablecese a democracia no seu pa\u00eds. Isto, segundo conta Ant\u00f3nio de Sousa e Duarte na s\u00faa biograf\u00eda: <i>Un homen da liberdade <\/i>(\u00c1ncora editora), que se publicou en 1995 e da que se venderon 60.000 exemplares e cuxa 13\u00aa edici\u00f3n acaba de p\u00f3rse \u00e1 venda. Na pel\u00edcula <i>O implicado<\/i> reivind\u00edcase a Salgueiro Maia coma o \u00fanico heroe no Portugal do s\u00e9culo XX.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Os principais e poderosos actores do <i>stablishment<\/i> sempre quixeron telo o m\u00e1is afastado posible do seu \u00e1mbito de influencia. Sempre manobraron para telo nas marxes da administraci\u00f3n, e das instituci\u00f3ns do novo Estado. Tem\u00edan que a s\u00faa popularidade e a admiraci\u00f3n que espertaba nas capas populares se revolvesen contra deles. Por iso o destinaban constantemente a lugares onde non chamase a atenci\u00f3n, nin o reco\u00f1ecesen. As\u00ed pois, envi\u00e1rono primeiro \u00e1s Illas Azores e m\u00e1is tarde coloc\u00e1rono \u00e1 fronte dunha prisi\u00f3n militar nas aforas de Santar\u00e9m, cidade onde ti\u00f1a empezado todo aquel 25 de abril de 1974.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Na s\u00faa carreira persoal s\u00f3 acadou o grao de tenente coronel. E s\u00f3 a t\u00edtulo p\u00f3stumo recibiu os m\u00e1ximos honores que outorga o Estado: &lt;Cumpr\u00edn a pena, sen saber por que me condenaban&gt;, dixo ironicamente nunha entrevista. Relegado ao ostracismo case total, un cancro acabou coa s\u00faa vida en 1992. O goberno conservador de Cavaco Silva denegoulle unha pequena pensi\u00f3n polos servizos prestados. Sen embargo, si llas reco\u00f1eceu a alg\u00fans axentes da PIDE, a tenebrosa polic\u00eda pol\u00edtica da ditadura. &lt;El participou nunha faza\u00f1a que a\u00ednda non rematou. Ningu\u00e9n. Nin o tempo foi quen de destronalo&gt;, enfatizou sobre a s\u00faa figura a escritora Lidia Jorge, nunha recente entrevista.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Gonzalo Trasbach.\u00a0Todas as revoluci\u00f3ns habidas e por haber pasan por momentos luminosos e agochan outros sombr\u00edos. Hai homes (m\u00e1is ca mulleres, pois xa sabemos a querenza dos var\u00f3ns por figurar nos fitos m\u00e1is destacados da Historia), que son glorificados, loubados, condecorados\u2026 Pero hai outros que, pese aos indubidables m\u00e9ritos contra\u00eddos, son condenados a un rotundo &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=14622\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Revoluci\u00f3n dos caraveis: a sombra trala luz<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,18],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/14622"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=14622"}],"version-history":[{"count":2,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/14622\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":14863,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/14622\/revisions\/14863"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=14622"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=14622"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=14622"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}