{"id":14635,"date":"2022-05-19T06:00:51","date_gmt":"2022-05-19T06:00:51","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=14635"},"modified":"2022-05-18T16:41:46","modified_gmt":"2022-05-18T16:41:46","slug":"nick-cave-e-a-chamada-da-dor","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=14635","title":{"rendered":"Nick Cave e a chamada da dor"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><em><b><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2022\/05\/IMG-20220518-WA0000.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-14636\" alt=\"IMG-20220518-WA0000\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2022\/05\/IMG-20220518-WA0000-156x300.jpg\" width=\"156\" height=\"300\" \/><\/a>Gonzalo Trasbach<\/b>.<\/em> (<i>Na memoria de Antonia Da Silva Castro<\/i>. Para Magdalena). Din que os xenios est\u00e1n encadeados a unha dor secreta. Tam\u00e9n din que s\u00f3 os creadores xeniais saben sufrir. E que os com\u00fans dos mortais, que somos m\u00e1is ben idiotas ou necios, non sabemos facelo. Iso din. Mais tan necios non debemos ser se lembramos que o escritor italiano Cesare Pavese (Tur\u00edn, 1908-1950), que se suicidou o 27 de agosto de 1950, deixou dito isto: &lt;A grande, a tremenda verdade \u00e9 esta: sufrir non serve para nada&gt;. Din as\u00ed mesmo que a tristeza \u00e9 unha virtude que coroa a figura dos \u201celixidos\u201d. Neste sentido, Vincent Van Gogh, sen d\u00fabida un pintor ben singular e angustiado, escribiu un d\u00eda: &lt;\u00c9 in\u00fatil, a tristeza durar\u00e1 toda a vida&gt;.<!--more--><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">As\u00ed pois, Nick Cave, anxo ou demo do blues-rock, segundo se mire, que acaba de sentir como a chamada da dor volveu petar na s\u00faa xanela, debe ser, polo tanto, un xenio. No seu sangue brinca o daim\u00f3n da creaci\u00f3n, talvez polo mesmo motivo <i>A comedia<\/i> de Dante arrinca no inferno.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Pero ningu\u00e9n est\u00e1 preparado para a morte dun fillo ou dunha filla, a\u00ednda que non sexamos xenios nin artistas, a\u00ednda que nos consideren uns pobres idiotas, verdade, nosa amada Magdalena? E NC tampouco, e menos se en vez de un son dous os que perdes.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Hai sete anos, NC ficou sen o seu fillo Arthur, un adolescente de quince primaveras que se precipitou por un acantilado no litoral de Brighton (Inglaterra), a cidade onde reside. A s\u00faa ausencia inspirou un disco cargado de dor e sombras: \u201cGhosteen\u201d. O pasado d\u00eda 10 deste mes (e o 13 foise a t\u00faa rapaza, non \u00e9 as\u00ed, cara Magdalena?), soubemos da morte de Jethro: o seu primox\u00e9nito de trinta e un anos. Este descendente era froito da s\u00faa relaci\u00f3n coa modelo australiana Beau Lazenby, que xa ti\u00f1a sete abr\u00eds cando co\u00f1eceu o seu proxenitor, que de novo v\u00e9n de ser abatido pola aciaga fortuna, ou talvez ser\u00e1 outra cousa? Como sexa, o certo \u00e9 que o falecemento deste fillo v\u00e9n\u00a0 asolar outra vez o compositor australiano.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Dous d\u00edas m\u00e1is tarde deste brutal e inesperado impacto, chegaba \u00e1s salas de cine o documental <i>This Much I Know to Be True<\/i> de Andrew Dominik sobre o l\u00edder de The Bad Seeds e o seu amigo e compa\u00f1eiro de grupo e exquisito multinstrumentista Warren Ellis. Aqu\u00ed am\u00f3sase NC recuperado, reconciliado coa falta de Arthur, o primeiro dos fillos que tivo con Susie Blick, coa que est\u00e1 felizmente casado e coa que vive xunto co outro fillo,\u00a0 Earl, e tam\u00e9n con Luke, o descendente que concibira xunto coa xornalista brasileira Vivanne Carneiro.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2022\/05\/ghosteen-nick-cave-portada-album.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-14637\" alt=\"ghosteen-nick-cave-portada-album\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2022\/05\/ghosteen-nick-cave-portada-album-300x300.jpg\" width=\"300\" height=\"300\" \/><\/a>O cantante casou con Susie tras \u201climparse\u201d do <i>jaco<\/i> e outras drogas e de co\u00f1ecer a Jethro. A dor que lle causara a perda de Arthur xa aparec\u00eda como saldada en \u201cCarnage\u201d (2021), disco a d\u00fao con Warren Ellis, que entrou nos Bad Seeds no 1994, e polo que pulula o discreto fantasma do seu rapaz, pero no que a atmosfera que nel se respira \u00e9 de cura e optimismo.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">No ano 1996, logo da incorporaci\u00f3n de Ellis \u00e1 banda, NC continuaba \u201cenganchado\u201d ao <i>cabalo<\/i>. Por aqueles d\u00edas viviu d\u00faas rupturas e tam\u00e9n un tormentoso e curto romance, que resultou tan traum\u00e1tico coma as d\u00faas separaci\u00f3ns citadas. Primeiro rompeu coa nai de Jethro, e tam\u00e9n coa de Luke. E chegou despois o seu turbulento e intenso romance con PJ Harvey, que se esborrallou coma un castelo de area. Ocorreu unha ma\u00f1\u00e1 no seu piso de Nothing Hill. Estaba preparando o primeiro xute do d\u00eda cando soou o tel\u00e9fono. Era a dama de Dorset anunci\u00e1ndolle que non \u00eda seguir con el. Que todo acabara.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O resultado deses tres feitos traum\u00e1ticos viuse no 1997, cando se transformaron nun disco que, o que isto rubrica considera coma un dos mellores de toda a s\u00faa produci\u00f3n, a contracorrente dos cr\u00edticos daquela \u00e9poca, que prefer\u00edan a besta que nos falaba cruamente de asasinos sen escr\u00fapulos, de homes agardando polas descargas na cadeira el\u00e9ctrica, de persoas con garfos nas mans, de crimes horrendos\u2026 En cambio, os tres traumas fix\u00e9rono devir nun novo home e un m\u00fasico distinto. Isto \u00e9: \u201cThe boatman\u2019s Call\u201d, un LP que lograba estremecer os nosos coraz\u00f3ns, pondo el sobre o piano o seu mesmo destrozado.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A\u00ednda que coma os cr\u00edticos daquel momento, NC posteriormente se revolveu contra deste fabuloso \u00e1lbum, este \u00e9 o seu m\u00e1is emocional e rom\u00e1ntico (que non sentimental, coma moitos dic\u00edan ou pensaban). Foi ent\u00f3n cando o bautizado como <i>Pr\u00edncipe das tebras<\/i> regresou \u00e1s f\u00e1bulas g\u00f3ticas ou sanguentas. Mais co paso do tempo NC reconciliouse co seu traballo talvez m\u00e1is fermoso e espiritual, antes da \u00faltima etapa da s\u00faa traxectoria sonora, sobre todo trala morte de Arthur, con motivo da cal publicou un fant\u00e1stico d\u00edptico: \u201cDistant Sky\u201d e \u201cGhosteen\u201d.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2022\/05\/416m62kOeNL._SY300_SX300_QL70_ML2_.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-full wp-image-14638\" alt=\"416m62kOeNL._SY300_SX300_QL70_ML2_\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2022\/05\/416m62kOeNL._SY300_SX300_QL70_ML2_.jpg\" width=\"300\" height=\"296\" \/><\/a>Foi \u201cThe Boatman\u2019s Call\u201d unha especie de medicina coa que se curou da dor e se liberou do embruxo que lle producira a s\u00faa relaci\u00f3n con PJ Harvey, a quen co\u00f1ecera mentres gravaba \u201cThe Murder Ballads\u201d. O namoramento resultou m\u00e1is curto do que se imaxinaba: era ela o que estaba esperando?, preg\u00fantase no sexto corte deste disco. Ningu\u00e9n o pod\u00eda sospeitar, sobre todo unha vez escoitada a tensi\u00f3n sexual que latexaba torridamente en <i>Henry Lee<\/i>, posta en total evidencia durante a gravaci\u00f3n do v\u00eddeo de promoci\u00f3n da canci\u00f3n.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Os doce temas, con el s\u00f3 ao piano, e unhas poucas intervenci\u00f3ns dos seus compa\u00f1eiros de grupo, entre as que destacan as achegas ben medidos do viol\u00edn de Warren Ellis, son un percorrido polas cicatrices amorosas, a\u00ednda abertas, do australiano. Mais aqu\u00ed non hai reproches, nin rancores, nin desquites\u2026 Aqu\u00ed alenta a melancol\u00eda pola perda da amada, talvez por iso, nos sucos do \u00e1lbum reina unha intensa serenidade e unha fonda quietude.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><i>Into my arms<\/i> \u00e9 a primeira melod\u00eda dun repertorio que culmina con <i>Green eye<\/i>. No arranque, NC recita ou talvez mellor reza estas contundentes e certeiras palabras: &lt;I don\u2019nt believe in a interventionist God, buta I know, darling, that you do. But if I did I would kneel down anda ask Him not to intervine when it came to you, not to touch a hair on your had, to leave you as you are. And if He felt had to direct you, then direct you into my arms&gt;. (<i>Non creo nun Deus intervencionista, pero sei, cari\u00f1o, que ti si. Pero se o\u00a0 fixese, axeonllar\u00edame e rogar\u00edalle que non intervise cando se trata de ti, que non che toque nin un pelo da cabeza, que te deixe tal como es. E se El\u00a0 sentise que che ten que dirixir, ent\u00f3n que te dirixa aos meus\u00a0 brazos<\/i>).<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Gonzalo Trasbach. (Na memoria de Antonia Da Silva Castro. Para Magdalena). Din que os xenios est\u00e1n encadeados a unha dor secreta. Tam\u00e9n din que s\u00f3 os creadores xeniais saben sufrir. E que os com\u00fans dos mortais, que somos m\u00e1is ben idiotas ou necios, non sabemos facelo. Iso din. Mais tan necios non debemos ser se &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=14635\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Nick Cave e a chamada da dor<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,18,8],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/14635"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=14635"}],"version-history":[{"count":1,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/14635\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":14639,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/14635\/revisions\/14639"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=14635"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=14635"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=14635"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}