{"id":14679,"date":"2022-06-03T06:00:39","date_gmt":"2022-06-03T06:00:39","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=14679"},"modified":"2022-05-31T06:51:22","modified_gmt":"2022-05-31T06:51:22","slug":"a-memoria-da-historia-e-as-historias-da-memoria-i","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=14679","title":{"rendered":"A memoria da historia e as historias da memoria (I)"},"content":{"rendered":"<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2022\/05\/MemoriaI.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-14680\" alt=\"Memoria(I)\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2022\/05\/MemoriaI-183x300.jpg\" width=\"183\" height=\"300\" \/><\/a><em><strong>Pilar Sampedro.\u00a0<\/strong><\/em>O t\u00edtulo d\u00e1 voltas ao redor de d\u00faas palabras: memoria e historia, para rematar un\u00edndoas en memoria hist\u00f3rica. Tr\u00e1tase de falar desta nos libros de ficci\u00f3n dirixidos \u00e1 mocidade, especialmente.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\">Cando falamos de memoria hist\u00f3rica estamos a referirnos a ese per\u00edodo que comprende o golpe de estado de 1936, a guerra e a posguerra, un tempo do que se acostuma falar pouco nas clases de Historia, porque estar\u00edan ao final do programa ou porque non interesa facelo. Esta, segue a ser unha \u00e9poca pola que pasar na punta dos p\u00e9s, porque \u00e9 algo non resolto nin sequera a nivel historiogr\u00e1fico e que contin\u00faa creando espullas. <!--more-->Sucede moitas veces, que o que determinada materia non resolve ha de ser acollido polo relato de ficci\u00f3n a trav\u00e9s da literatura e do cine. O pasado pesa \u2013dic\u00eda algu\u00e9n\u2013 e moito m\u00e1is cando \u00e9 traum\u00e1tico; daquela, a necesidade de catarse vai unida \u00e1 de situar na esfera p\u00fablica ese tempo e facelo con perspectiva \u00e9tica.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\">No caso ao que nos referimos, en Galicia, a literatura xuvenil recolle o encargo de facer o relato porque como dic\u00eda a narradora de <i>Corredores de sombra<\/i>: \u201cA trav\u00e9s do colexio non me chegara gran cousa, pois en todos os cursos, tanto en Historia como en Literatura, o mundo parec\u00eda rematar xusto antes de 1936 e nunca se daban os temas derradeiros dos libros\u201d.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\">Na literatura de adultos (ou xeral) son moi co\u00f1ecidos os t\u00edtulos; por iso, quero referirme a esta e darlle algo de luz.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\">Recl\u00e1mao a voz de Agust\u00edn Fern\u00e1ndez Paz con d\u00faas novelas: <i>Corredores de sombra <\/i>e <i>Noite de voraces sombras<\/i> nas que unha adolescente se ve obrigada a madurar ante o encontro co pasado, ou no relato curto \u201cAs sombras do faro\u201d no que \u00e9 un rapaz o que tropeza con esas sombras que piden xustiza. Faino, tam\u00e9n, An Alfaya no relato \u201cA muller prohibida\u201d e na novela con perspectiva de x\u00e9nero <i>A sombra descalza,<\/i> que foi premio Lazarillo e formou parte das Listas de Honra do IBBY e da White Ravens. Non podemos esquecer a achega de Manuel Rivas a trav\u00e9s de <i>A lingua das bolboretas<\/i> ou o relato \u201cO namorado de Mar\u00eda\u201d magnificamente ilustrados por Miguelanxo Prado<i>.<\/i><\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\">Estas tres voces son unha mostra de moitas outras, como a de Neira Vilas no <i>Ciclo do neno<\/i> (especialmente en <i>Aqueles anos do Moncho<\/i> publicada en 1976) ou a de Margot Chamorro, <i>Tempo rachado, <\/i>publicada na colecci\u00f3n F\u00f3ra de xogo que se presentaba desta maneira: \u201cA\u00ednda est\u00e1 moi viva entre n\u00f3s a memoria da guerra civil, e tam\u00e9n a dos longos e crueis anos de postguerra; unha \u00e9poca gris e amarga, sobre todo para quen tiveron que ver como os seus ideais quedaban esmagados. Ese \u00e9 o tempo rachado visto a trav\u00e9s dos ollos dunha nena nacida nunha familia de vencidos.\u201d<i> <\/i><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Pilar Sampedro.\u00a0O t\u00edtulo d\u00e1 voltas ao redor de d\u00faas palabras: memoria e historia, para rematar un\u00edndoas en memoria hist\u00f3rica. Tr\u00e1tase de falar desta nos libros de ficci\u00f3n dirixidos \u00e1 mocidade, especialmente. Cando falamos de memoria hist\u00f3rica estamos a referirnos a ese per\u00edodo que comprende o golpe de estado de 1936, a guerra e a posguerra, &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=14679\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">A memoria da historia e as historias da memoria (I)<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[4,9,69],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/14679"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=14679"}],"version-history":[{"count":1,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/14679\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":14681,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/14679\/revisions\/14681"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=14679"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=14679"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=14679"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}