{"id":14685,"date":"2022-06-17T06:00:55","date_gmt":"2022-06-17T06:00:55","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=14685"},"modified":"2022-05-31T07:06:05","modified_gmt":"2022-05-31T07:06:05","slug":"os-libros-infantoxuvenis-e-os-temas-que-tratan","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=14685","title":{"rendered":"Os libros infantoxuven\u00eds e os temas que tratan"},"content":{"rendered":"<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\"><em><strong><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2022\/05\/Donas.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-14686\" alt=\"Donas\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2022\/05\/Donas-213x300.jpg\" width=\"213\" height=\"300\" \/><\/a>Pilar Sampedro.\u00a0<\/strong><\/em>Dende hai un tempo, os libros escritos pensando nun destinatario infantoxuvenil, xa acollen todas as tem\u00e1ticas, por moi tab\u00fas e complicadas que poidan parecer. Xa o temos dito noutras ocasi\u00f3ns: o feito de que esta literatura fose escrita \u2013no primeiro momento\u2013 por educadores que buscaban dotar de materiais unha escola que non os ti\u00f1a en galego, axudou a que fosen tratados asuntos relacionados cos valores c\u00edvicos. Estes mesmos mestres e os que os seguiron \u2013moitas veces relacionados con movementos de renovaci\u00f3n pedag\u00f3xica\u2013 tiveron un papel fundamental na diagnose da situaci\u00f3n deste libro, os ocos que hab\u00eda que encher, as\u00ed como o que se necesitaba e demandaba. <!--more-->O papel de Agust\u00edn Fern\u00e1ndez Paz, Miguel V\u00e1zquez Freire ou Xos\u00e9 Lastra na colecci\u00f3n Merl\u00edn de Xerais ou de M\u00aa Victoria Moreno, David Otero ou Antonio Garc\u00eda Teijeiro na colecci\u00f3n \u00c1rbore de Galaxia f\u00e1lannos deste asunto.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\">En non poucas ocasi\u00f3ns son estes libros os que abren a porta \u00e1 reflexi\u00f3n e deixan que vaian entrando outros aires na aula, na casa, nas cabeci\u00f1as&#8230;<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\">Dende GALIX (Asociaci\u00f3n Galega do Libro Infantil e Xuvenil Galego) estase a traballar na direcci\u00f3n de apoiar as persoas mediadoras do libro infantil, ao organizar listados de t\u00edtulos que te\u00f1an relaci\u00f3n con determinadas tem\u00e1ticas ou valores. Desta maneira, bibliotecarias p\u00fablicas e escolares, docentes en xeral, educadoras sociais, familias&#8230; te\u00f1en acceso a gu\u00edas nas que se recollen t\u00edtulos ao redor dalg\u00fan eixe.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\">O primeiro deles levou o t\u00edtulo de Donas no espello da LIXG e nel acoll\u00edanse os relacionados coa igualdade, organizados en etiquetas que os envolv\u00edan e organizaban. Estes r\u00f3tulos vertebran a produci\u00f3n unhas veces ao redor dos x\u00e9neros tendo en conta a poes\u00eda, as obras de teatro e a banda dese\u00f1ada (De versos, De escena, De cadradi\u00f1os) por darlle presenza \u00e1s menos abundantes. Outras veces atendendo a diferentes asuntos: De ruptura de estereotipos ou roles, De espertar -cos que tocan na conciencia-, De violencia de x\u00e9nero, De mulleres senlleiras \u2013acollendo as biograf\u00edas\u2013, De diversidade (diversidade familiar e diversidade sexual), Doutra maneira (recollendo as historias \u00e1s que se lles deua volta para actualizalas), Doutras latitudes \/ \u00e9poca (para as historias que ve\u00f1en de lonxe e doutros tempos), De autoaxuda (para eses libros dirixidos a adolescentes nos que se busca que se informen e se entendan), De premio (recollendo os libros premiados nos certames convocados para a igualdade), De colecci\u00f3n (para os que forman parte de colecci\u00f3ns de igualdade) ou De serie (para as sagas que te\u00f1en este valor como fundamental).<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\">N\u00f3s, coma Ana M\u00aa Machado, non defendemos a necesidade de convocatorias especiais para atender a tem\u00e1ticas determinadas sen\u00f3n o co\u00f1ecemento da produci\u00f3n para po\u00f1er nas mans desas persoas (que median entre o libro infantil e a infancia) selecci\u00f3ns axeitadas. A isto responden estes materiais.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Pilar Sampedro.\u00a0Dende hai un tempo, os libros escritos pensando nun destinatario infantoxuvenil, xa acollen todas as tem\u00e1ticas, por moi tab\u00fas e complicadas que poidan parecer. Xa o temos dito noutras ocasi\u00f3ns: o feito de que esta literatura fose escrita \u2013no primeiro momento\u2013 por educadores que buscaban dotar de materiais unha escola que non os ti\u00f1a &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=14685\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Os libros infantoxuven\u00eds e os temas que tratan<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[9,69],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/14685"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=14685"}],"version-history":[{"count":1,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/14685\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":14687,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/14685\/revisions\/14687"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=14685"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=14685"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=14685"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}