{"id":14714,"date":"2022-06-09T06:00:00","date_gmt":"2022-06-09T06:00:00","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=14714"},"modified":"2022-06-06T07:06:27","modified_gmt":"2022-06-06T07:06:27","slug":"caracois-de-belvis","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=14714","title":{"rendered":"Caracois de Belv\u00eds"},"content":{"rendered":"<p lang=\"fr-FR\" align=\"justify\"><span style=\"font-family: 'Liberation Serif', sans-serif; font-size: large;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2022\/06\/caracois.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-14715\" alt=\"caracois\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2022\/06\/caracois-198x300.jpg\" width=\"198\" height=\"300\" \/><\/a><em><strong>X. Ricardo Losada.\u00a0<\/strong><\/em>Poucos d\u00edas despois de co\u00f1ec\u00e9rmonos na entrega dun premio, Lupe G\u00f3mez m\u00e1ndame por correo o seu libro <i>Caracois de Belv\u00eds, <\/i>premio SELIC 2019. Ten unha fermosa dedicatoria, da que s\u00f3 vou destacar as palabras que se refiren directamente ao libro: <i>Estes caracois que debuxan itinerarios de paz na paisaxe de Belv\u00eds, onde o rezo inaugura as fronteiras dun idioma novo<\/i>. E dest\u00e1coas porque quero comezar esta rese\u00f1a aclarando algo. A mi\u00f1a primeira (e \u00fanica ata o de agora) lectura deste fermoso libro estivo moi condicionada, sen que eu o determinase conscientemente<!--more-->, pola forte impresi\u00f3n que me provocou a palabra <i>rezo<\/i> nesa dedicatoria, pois engadiuse \u00e1 conmoci\u00f3n que tam\u00e9n me provocara (non o agardaba nunha poeta coma ela) algo que Lupe me dixera no primeiro correo electr\u00f3nico que me mandou ped\u00edndome, para a mi\u00f1a grat\u00edsima sorpresa (adm\u00edroa moito como poeta), o meu enderezo postal: <i>Para min a poes\u00eda est\u00e1 cerca do canto relixioso, da oraci\u00f3n misteriosa<\/i>. Sei que hai outras moitas lecturas, propias e alleas, do libro, pero non puiden evitar lelo subli\u00f1ando interiormente as numerosas palabras que te\u00f1en que ver coa relixi\u00f3n, entendida, non no sentido en que a Igrexa Cat\u00f3lica a interpreta, sen\u00f3n no sentido en que a interpretaba Cunqueiro cando dic\u00eda que rezar quenta o coraz\u00f3n (Lupe di: <i>Rezar, durmir cos ollos cheos de champa\u00f1a) <\/i>ou no sentido en que Faustino Rey Romero se autotranscend\u00eda no canto dun merlo (Lupe di\u00a0: <i>Rescatar peixes mortos \/ na estra\u00f1a claridade da hedra) <\/i>ou no sentido en que Wislawa Szymborska intentaba abrir as portas desas pedras que non ti\u00f1an portas (Lupe di\u00a0: <i>O sol era un trapecista abrindo fendas).<\/i><\/span><\/p>\n<p lang=\"fr-FR\" align=\"justify\"><span style=\"font-family: 'Liberation Serif', sans-serif; font-size: large;\">De feito Lupe ded\u00edcalle o libro ao pai dominico de Belv\u00eds pois, sen a s\u00faa presenza silenciosa, di, non ser\u00eda posible o vento das s\u00faas palabras. Esas palabras dentro de cuxa pel, di ela, sangran as rosas. Esas palabras que, cando son m\u00edmica, tam\u00e9n di ela, vibran como un abrazo de fe verdadeira. Esas palabras que, cando son silencio, caen como lada\u00ed\u00f1as desde as vent\u00e1s alt\u00edsimas dos avi\u00f3ns. Esas palabras que, cando son met\u00e1foras, golpean como pu\u00f1os as paredes do sol. Esas palabras que, traducidas ao silencio da igrexa de san Francisco, son unha flor de p\u00e9talos brillantes. Esas palabras que no confesionario son como bailar co leite branco nun cadro escuro de Vermeer. Esas palabras que beben os paxaros, como licor de framboesa, nas mans hipn\u00f3ticas dos homes santos. Esas palabras que no convento de Santa Clara fan so\u00f1ar coa claridade interior da escuridade. Esas palabras que en Galicia dormen no berce das verdades mortas. Esas palabras que cantan os santos nun alal\u00e1. Esas palabras de ardente paciencia na que desaparecen os caracois. Esas palabras que, na memoria, son unha carballeira de aves negras. Esas palabras que os frades rezan calados. Esas palabras que nos pide a terra cando parimos.<\/span><\/p>\n<p lang=\"fr-FR\" align=\"justify\"><span style=\"font-family: 'Liberation Serif', sans-serif; font-size: large;\">Porque ese o significado \u00faltimo desta obra na mi\u00f1a primeira lectura. Inaugurar as fronteiras dun idioma novo e sagrado coas palabras e os deuses gastados de sempre. Dito doutro xeito. Vivir na cidade rez\u00e1ndolle ao deus da aldea. De feito, na \u00faltima carta que me env\u00eda, Lupe m\u00e1ndame a foto de Mar\u00eda de Castrelo, a curandeira da s\u00faa aldea natal. <i>A s\u00faa mirada, <\/i>dime nesa carta, <i>era un pa\u00eds cheo de canci\u00f3ns analfabetas, <\/i>e rev\u00e9lame que un d\u00eda, mentres lle fac\u00eda unha entrevista, percibiu que Mar\u00eda do Castrelo contestaba de forma serena, coa frescura do orballo que mollaba a s\u00faa liturxia de silencios abrazados, \u00e9 dicir, co andar lento e paciente dos caracois de Belv\u00eds. Lupe di o mesmo, dunha forma fermos\u00edsima, neste libro que comento: <i>Desde al\u00ed vexo horizontes de pan feito \/coa arquitectura serena das aldeas.<\/i> Porque, si, Lupe vive en Compostela, e pasea por ela, como ben testemu\u00f1a e celebra este libro, pero desde al\u00ed, desde Basqui\u00f1os, desde Belv\u00eds, desde esa catedral que \u00e9 tam\u00e9n unha r\u00faa ou un barrio, mira a s\u00faa aldea natal, Fisteus, pois todo regreso \u00e9 unha aventura, e mir\u00e1ndoa, autotransc\u00e9ndese, como santo Agosti\u00f1o, ilumin\u00e1ndose coa luz sagrada da poes\u00eda dunha curandeira que, por analfabeta, nunca foi sabia, pero sempre, mesmo cando curaba, foi promesa, promesa escrita (iso \u00e9 rezar) no papel pobre dunha parede negra: <i>O para\u00edso canta cos pu\u00f1os felices \/ dunha nena morta.<\/i><\/span><\/p>\n<p lang=\"fr-FR\" align=\"justify\"><span style=\"font-family: 'Liberation Serif', sans-serif; font-size: large;\">A esa nena r\u00e9zalle Lupe neste libro, e r\u00e9zalle con ela, autotranscend\u00e9ndose, o lector. Porque ese \u00e9, ao meu entender, o sentido \u00faltimo da s\u00faa poes\u00eda, ese sentido que revela esta cita de Agata Kristof que ela mesma me enviou noutra carta posterior, e que debe ser valorada recordando o profundo amor que Lupe sente polas cartas: (De nena) <i>Eu non pod\u00eda imaxinar que puidese existir outra lingua, que un ser humano puidese pronunciar unha palabra que eu non comprendera. <\/i><\/span><\/p>\n<p lang=\"fr-FR\" align=\"justify\"><span style=\"font-family: 'Liberation Serif', sans-serif; font-size: large;\">Si. <i>Os caracois de Belv\u00eds <\/i>est\u00e1 escrito cun galego divino que xa exist\u00eda antes de que os sabios constru\u00edran a torre de Babel. <\/span><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>X. Ricardo Losada.\u00a0Poucos d\u00edas despois de co\u00f1ec\u00e9rmonos na entrega dun premio, Lupe G\u00f3mez m\u00e1ndame por correo o seu libro Caracois de Belv\u00eds, premio SELIC 2019. Ten unha fermosa dedicatoria, da que s\u00f3 vou destacar as palabras que se refiren directamente ao libro: Estes caracois que debuxan itinerarios de paz na paisaxe de Belv\u00eds, onde o &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=14714\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Caracois de Belv\u00eds<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,10,26],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/14714"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=14714"}],"version-history":[{"count":1,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/14714\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":14716,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/14714\/revisions\/14716"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=14714"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=14714"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=14714"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}