{"id":14717,"date":"2022-06-11T06:00:19","date_gmt":"2022-06-11T06:00:19","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=14717"},"modified":"2022-06-06T07:17:02","modified_gmt":"2022-06-06T07:17:02","slug":"notas-sobre-unha-transfilia-inducida","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=14717","title":{"rendered":"Notas sobre unha transfilia inducida"},"content":{"rendered":"<p lang=\"gl-ES\" style=\"text-align: justify;\"><b><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2022\/06\/images-1.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-full wp-image-14718\" alt=\"images (1)\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2022\/06\/images-1.jpg\" width=\"235\" height=\"215\" \/><\/a>Ignacio Castro Rey<\/b>. (Este \u00e9 un escrito sobre o tr\u00e1nsito de quen decide elixir outro sexo. Nin que dicir ten que non se tenta dicir aqu\u00ed nin unha soa palabra contra as libres e dif\u00edciles elecci\u00f3ns de cada quen, sen\u00f3n unicamente sobre o que Foucault chamar\u00eda un dispositivo, certo sutil regueiro de violencia inmanente que acompa\u00f1a o poder biopol\u00edtico actual.)\u00a0Onte falei cun amigo que est\u00e1 en <i>tr\u00e1nsito<\/i>. Sent\u00edn en Antonio, agora Pilar, o mesmo de sempre, un parecido humor amargo, similar sufrimento e ata un <i>timbre<\/i> de voz familiar<!--more-->, a\u00ednda que afinado &#8220;en feminino&#8221; pola inxesti\u00f3n de hormonas. Se todo vai ben, e \u00e9 de desexar que as\u00ed sexa, Pilar acabar\u00e1 alcanzando unha nova e c\u00e1lida comunidade humana. Ser\u00e1 pronto o ser humano de sempre, con semellantes d\u00fabidas, parecida angustia e similar humor, entre xovial e negro. Alg\u00fan d\u00eda morrer\u00e1, como todos n\u00f3s. \u00c9 un deber moral amar a s\u00faa eternidade mortal, o seu modo de ser, a s\u00faa maneira manancial.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\">1. \u00c1 marxe da piedade obrigada cara a todos os seres que sofren, \u00e9 dif\u00edcil non vincular a mercadotecnia do corpo &#8221; trans&#8221;, de cuxa <i>fobia<\/i> podemos hoxe acusar a calquera que argumente valores morais de reserva, coa nosa vocaci\u00f3n contempor\u00e1nea de liquidar todo o que sexa referencia natural, herdanza natal. D\u00edxose xa hai tempo que a nosa \u00e9 unha cultura do tr\u00e1nsito e o desarraigamento, do aprazamento perpetuo e a deconstruci\u00f3n de calquera intensidade real. Este \u00e9 o motivo de fondo da posverdade e a deconstruci\u00f3n: o complot gregario contra o &#8221; asocial&#8221;, o impol\u00edtico que latexa na vida dos corpos.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\">2. No noso control de xeometr\u00eda variable, unha represi\u00f3n por diversidade moi afastada da disciplina heteropatriarcal de outrora, todo debe ser revisado pola velocidade da actualizaci\u00f3n, estar en perpetuo proceso e en crise. Chegoulle a quenda ao propio corpo. Estamos diante dun trasunto secular da peregrinaxe cristi\u00e1 por este val, a\u00ednda que hoxe non sexa de b\u00e1goas sen\u00f3n de sorrisos enlatados? E agora aplicado ao corpo, primeiro templo dunha terra antiga que odiamos.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\">3. Para a xeraci\u00f3n que defendeu os homosexuais ridiculizados na mili de Franco, pode hoxe importar un comi\u00f1o a orientaci\u00f3n sexual de cadaqu\u00e9n. Se a un lle gustan as mulleres, os homes ou calquera outra cousa, \u00e9 asunto seu e alg\u00fans non necesitamos que nolo conten. \u00c9 indiferente \u00e1 nosa preocupaci\u00f3n antropol\u00f3xica p\u00f3r unha especie en perigo. Esta teima actual de que o pr\u00f3ximo se pase o d\u00eda sa\u00edndo dun armario do cal foi v\u00edtima, publicitando despois as s\u00faas opci\u00f3ns sexuais elixidas, non deixa de ser outra pesada versi\u00f3n do puritanismo norte\u00f1o que nos penetrou sen vaselina. Antes estaba mal vista a confesi\u00f3n indiscriminada das t\u00faas miserias \u00edntimas, agora \u00e9 obrigada. Pero seguimos no mesmo proceso inquisitorial que non pode deixar en paz o corpo, escoitalo. Ata un Santo Tom\u00e1s se asombrar\u00eda do noso delirio pol\u00edtico co impol\u00edtico dos corpos.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\">4. En certo xeito, o balbordo &#8220;internacional&#8221; do <i>Trans train<\/i> non pode deixar de inscribirse no noso culto ao minoritario, unha compracencia na rareza co cal podemos acusar a calquera outra cultura de desp\u00f3tica, insensible, homof\u00f3bica ou negacionista. Ademais de alimentar o supremacismo de Occidente, esta &#8220;trampa da diversidade&#8221; (D. Bernab\u00e9) ten entre n\u00f3s o fin de <i>pulverizar<\/i> a comunidade humana en toda clase de pol\u00e9micas secundarias. Atomizaci\u00f3n do individuo real e endebedamento posterior \u00e1s conexi\u00f3ns virtuais. As\u00ed nos facemos mellores serventes da interactividade, esquecendo os seres sufrintes que somos polo simple feito de estar vivos. Tapando tam\u00e9n a tortura crecente que exerce en cada un de n\u00f3s a normativa omn\u00edvora do Estado mercado.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2022\/06\/5bebdc95-4fd0-402a-994a-0a078ac97da0.png\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-14719\" alt=\"5bebdc95-4fd0-402a-994a-0a078ac97da0\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2022\/06\/5bebdc95-4fd0-402a-994a-0a078ac97da0-300x300.png\" width=\"300\" height=\"300\" \/><\/a>5. \u00c1 marxe desta ins\u00f3lita presi\u00f3n estatal, todos sufrimos, sempre sufrimos. Todos, ata os conservadores e os imb\u00e9ciles, estamos atravesados por un involuntario proceso de tr\u00e1nsito que dura a vida enteira e ao que lle custar\u00e1 moito ser &#8220;reco\u00f1ecido&#8221;. Menos mal que tampouco o necesita. Esta histeria da visibilidade e o empoderamento, sempre grupais, \u00e9 tam\u00e9n moi puritana, pois parte da base de que pode haber unha sociedade que descenda por fin \u00e1 vida e a salve do trauma das s\u00faas continxencias individuais. Crer nunha sociedade que sexa transparente, providencial e non represiva, \u00e9 o ideal do despotismo democr\u00e1tico, do noso <i>estatismo continuo<\/i>. Cambiamos un Deus por outro, non menos omnipresente.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\">6. Con todo, a diferenza da antiga relixi\u00f3n, estamos ante unha ilusi\u00f3n moi elitista, pois converte a exquisitez das rarezas metropolitanas en nova norma para a humanidade das aforas, esa inmensa e fea maior\u00eda que, loitando por vivir, nunca entende de que falan as vangardas urbanas. A\u00ednda que isto non importa, pois o que interesa ao sistema \u00e9 que haxa unha norma -antes hetero, agora homo, trans, queer&#8230;- que nos desarraigue, que descenda aos intersticios vitais e acabe cunha antiga autonom\u00eda. Non \u00e9 tan estra\u00f1o que esta fascinaci\u00f3n elitista polo minoritario constit\u00faa un caudal de votos para unha extrema dereita que se presenta como populista, mesmo pr\u00f3xima aos restos dunha clase obreira cuxa preocupaci\u00f3n non \u00e9 a felicidade, sen\u00f3n vivir. En realidade, f\u00f3ra das comedias estadounidenses, ningu\u00e9n demostrou que a felicidade sexa obrigatoria. Ningu\u00e9n demostrou sequera que sexa posible. Talvez o m\u00e1ximo ao que podemos aspirar \u00e9 a certo amorniamento de \u00e1nimo diante da dureza de existir.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\">7. Non \u00e9 s\u00f3 a desaparici\u00f3n da clase obreira o que ameaza neste capitalismo alternativo. \u00c9 a desaparici\u00f3n virtual do <i>com\u00fan<\/i> \u00e1 especie, o sufrimento radical dos seres finitos que somos. Tam\u00e9n, a ocultaci\u00f3n dos malos tratos maioritarios dos que somos obxecto. Deus nos libre de estar en contra de ning\u00fan trans, de ning\u00fan ser que sofre ou ningunha minor\u00eda discriminada. O que incomoda \u00e9 esta dimensi\u00f3n urxente e mundial do minoritario, que non deixa de ser sospeitosa dunha xenial habilidade pol\u00edtica. A sensibilidade extrema cara \u00e1s minor\u00edas, por exiguas e raras que sexan, \u00e9 unha cortina de fume para tapar o desprezo maioritario e correcto, sen sangue \u00e1 vista, do que todos somos v\u00edtimas por parte do sistema.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\">8. A maior perversidade nos malos tratos populares, como ocorre en EE. UU., m\u00e1is correcci\u00f3n formal e ling\u00fc\u00edstica nas elites. \u00c9 tal o desprezo ao que se somete a uns pobos espremidos sen cesar econ\u00f3mica, social e simbolicamente, que atopamos no minoritario, desde a correcci\u00f3n na linguaxe ata o coidado da imaxe e os animali\u00f1os, a desculpa perfecta para que sexa invisible o noso modo polimorfo de odio, unha indiferenza democr\u00e1tica \u00e1 verdade da cal alg\u00fans populismos levan tempo sacando partido.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\">9. Vaiamos \u00e1 disforia de x\u00e9nero, a este soado <i>sentirse<\/i> a contragusto co propio corpo, coa biolox\u00eda herdada e o sexo no que se naceu. Lembremos primeiro que o corpo s\u00f3 \u00e9 un signo de todo o que non eliximos, dunha vida que, na s\u00faa ra\u00edz natal, \u00e9 sempre unha herdanza inconsciente, un destino labir\u00edntico que rexorde lentamente por dentro. O corpo nunca lle pedir\u00e1 permiso \u00e1 conciencia, \u00e1 autopercepci\u00f3n consciente, para estar adecuado \u00e1 cabeza. Ter un corpo non \u00e9 posu\u00edr un instrumento \u00e1 man, sen\u00f3n un continente de influencias que habemos de escoitar e no que con frecuencia -a\u00ednda que sexamos brancos, homes e heterosexuais- nos sentiremos estra\u00f1os.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2022\/06\/images.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-full wp-image-14720\" alt=\"images\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2022\/06\/images.jpg\" width=\"209\" height=\"241\" \/><\/a>10. Disociados do corpo? Claro, de alg\u00fan modo oc\u00f3rrenos a todos, mesmo a\u00ednda que sexamos deportistas de elite. Ter corpo, e non precisamente glorioso, implica xamais estar plenamente de acordo con el. O corpo \u00e9 unha prisi\u00f3n para a alma, pero tam\u00e9n a alma \u00e9 unha prisi\u00f3n para o corpo. Alma e corpo son campos de forza, retos necesarios sen os cales o outro polo non \u00e9 nada. Ademais, cada vez que nos tentamos emancipar do corpo herdado, da alma herdada, caemos en mans doutra prisi\u00f3n a\u00ednda peor, a opini\u00f3n p\u00fablica e o mercado social que nos promete unha soluci\u00f3n final ao tormento de vivir. Nunca en tarifa plana, dito sexa de paso. Como se adoita dicir, cando a oferta \u00e9 gratu\u00edta \u00e9 que o prezo es ti, un material humano que o capitalismo financeiro converteu na primeira mercador\u00eda.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\">11. Reatribuci\u00f3n de x\u00e9nero. Decidida por quen, se o mozo est\u00e1 afundido? En ausencia de inconsciente, de ecos do desexo, nin sequera de tempo para pensar, as modas conv\u00e9rtense en Deus. E \u00e1 carreira. Dalg\u00fan modo tortuoso, ningu\u00e9n nace nun corpo equivocado. E non fai falta ler a Nietzsche para saber isto. Se desde sempre son baixi\u00f1o, o meu inconsciente e a mi\u00f1a conciencia est\u00e1n configurados por esa estatura. Igual que o ton da mi\u00f1a voz e a cor dos meus ollos, que non elix\u00edn, esculpen o meu esp\u00edrito. A anatom\u00eda \u00e9 un destino que hai que descifrar ao longo dunha an\u00e1lise interminable. En realidade moi antigas, todas as intervenci\u00f3ns no corpo, do peiteado \u00e1 maquillaxe e \u00e1s tatuaxes, te\u00f1en a funci\u00f3n de revelar, de atopar o sentido real que latexa nunha fisionom\u00eda. O outro, entender as elecci\u00f3ns est\u00e9ticas sobre o corpo como unha forma de transformalo coa axuda dunha elite de expertos, \u00e9 o invento dun totalitarismo ilustrado que non soporta o dado e natal, o dif\u00edcil imperativo an\u00edmico de &#8220;chegar a ser o que xa es&#8221;.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\">12. Se a anatom\u00eda \u00e9 unha tarefa interminable, isto significa que sempre hai que estar atento a ela, suando no seu labirinto. O corpo non \u00e9 nada semellante a un avatar manexable, algo que se poida escoller e manexar a vontade. Os casos pat\u00e9ticos de tantos \u00eddolos de culto -non s\u00f3 M. Jackson- que se someteron a un tratamento corporal multimillonario para acabar convertidos en bonecos atormentados, que xa nin poden <i>morrer<\/i> dignamente, deber\u00edan advertirnos de onde leva esta febre contempor\u00e1nea por elixir un corpo. Ilusi\u00f3n que non est\u00e1 lonxe, dig\u00e1molo de paso, do so\u00f1o dunha <i>selecci\u00f3n <\/i>nacionalsocialista que non naceu precisamente no arrabalde. O corpo, como a alma, \u00e9 precisamente o que non se elixe. Igual que non se elixe nacer. A\u00ed estriba o risco e a grandeza de ser humano, atendendo \u00e1 parte de noite que nos toca.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\">13. Ningu\u00e9n se corresponde coa s\u00faa biolox\u00eda, pois o herdado \u00e9 sempre un d\u00e9dalo complexo, infestado de minotauros. Tampouco o pasado est\u00e1 escrito, sen\u00f3n que se reescribe conforme vivimos. As\u00ed pois, non deixa de ser unha extensi\u00f3n do desarraigamento capitalista, personalizado e estendido milimetricamente \u00e1 masa corporal, este imperativo actual de intervir nos \u00f3rganos para clonalos en non se sabe que recipiente adaptado \u00e1 vontade consciente e \u00e1 s\u00faa narcisista autopercepci\u00f3n. Adaptar o teu corpo segundo a identidade pensada e despois sentida, \u00e9 soamente segregaci\u00f3n personalizada, apartheid corporal. <i>Transfilia<\/i> subvencionada por unha cultura que non soporta a primeira tarefa humana de atender o non elixido, empezando pola sucia existencia. Todo vale con tal de experimentar unha fuxida do real, pero esta vez arraigada no m\u00e1is \u00edntimo da carne. Ao individuo acosado por todas as partes, que xa non \u00e9 libre de dar ning\u00fan paso sen papeis -ata o suicidio tende a estar lexislado en eutanasia-, perm\u00edteselle a cambio unha batida nos seus propios \u00f3rganos. Ser\u00eda delicioso escoitar a Foucault, a Illich (<i>O x\u00e9nero vern\u00e1culo<\/i>, 1982)* ou Pasolini disertar sobre este uso policial dunha identidade cerebral empoderada.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\">14. M\u00e1is a felicidade obrigatoria, diciamos, o dereito a non sufrir e sentirse auto-realizado. Toda esta apoteose da percepci\u00f3n depende dunha lexi\u00f3n de expertos que nos ditan como sentir e pensar. Chegamos as\u00ed ao nome <i>sentido<\/i>, ao sexo <i>sentido<\/i>. \u00c1 idade sentida tam\u00e9n, autopercibida. Casos hai onde o cidad\u00e1n demanda ao estado porque sente de corenta anos, mentres no seu carn\u00e9 de identidade figuran sesenta e nove. Esta ringleira de disparates \u00e9 o \u00edndice da oferta inmensa dunha liberdade de expresi\u00f3n que debe tapar a nosa nula liberdade de decisi\u00f3n. Ao cidad\u00e1n controlado por todas partes, que nin pode decidir a s\u00faa sa\u00fade sen atender \u00e1 normativa vixente, conc\u00e9deselle o privilexio narcisista de sentirse como queira. S\u00f3 a condici\u00f3n de que solicite o correspondente certificado oficial a un estado maternal e interactivo cuxo poder deixou en cueiros o antigo capitalismo fordista, ao seu deostado heteropatriarcado.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\">15. O pai expulsado pola porta entra, con aspecto de nai, pola xanela. Con todo, igual que as nosas mascotas, Brancaneves pode transformarse nun ser desp\u00f3tico, unha Cruela de Vil armada de sorrisos e dentadura perfecta. Goza, s\u00e9 quen queiras ser. <i>We can<\/i>. Ata Han se estendeu na perfidia dun poder que se presenta cun hedonista <i>ti podes<\/i>, no canto do cl\u00e1sico e aburrido <i>ti debes<\/i>. A disciplina heteropatriarcal era inxenua, facilmente sorteable. O control flexible da diversidade, case un l\u00edquido amni\u00f3tico, \u00e9 m\u00e1is sibilino.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\">16. Atopar un x\u00e9nero <i>reatribu\u00eddo<\/i>. A identidade de x\u00e9nero \u00e9 unha desculpa xenial para ignorar a existencia, un ser singular que por todas partes hoxe \u00e9 asediado. Vale dicir, para reprimir a soidade com\u00fan a que nos obriga o feito inconsciente de ter nacido, de ser concibido. Debiamos sospeitar do prefixo <i>auto<\/i>. A percepci\u00f3n nunca \u00e9 &#8220;auto&#8221;, pois percibir significa sempre a entrada dunha alteridade -non pedida- en n\u00f3s. Doutro xeito non \u00e9 percepci\u00f3n, sen\u00f3n a tipicamente occidental aplicaci\u00f3n de modelos cognitivos, tam\u00e9n herdados, \u00e1 alteridade real.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\">17. O noso odio ao terreal obr\u00edganos a vender a fume de carozo m\u00e1xicas soluci\u00f3ns &#8220;cient\u00edficas&#8221;, caras ou subvencionadas polo estado, a un sufrimento que adoita ser encarnizado e obedecer a unha causalidade moi complexa. Non deixa de ser significativo que gran parte dos adolescentes que se someten a <i>tr\u00e1nsito<\/i> estean tam\u00e9n inmersos en serias patolox\u00edas paralelas: anorexia, depresi\u00f3n, abusos, autismo&#8230; Nese caldo de cultivo adolescente, mesmo contra a opini\u00f3n dos pais, \u00e9 onde certa medicina punteira, cara e transhumana, fai o seu agosto e converte aos mozos, que talvez padezan un sufrimento propio da idade -de calquera idade-, en enfermos para sempre, en pacientes cr\u00f3nicos dun tratamento que os fai eternamente dependentes.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\">18-Trastorno r\u00e1pido de disforia de x\u00e9nero (ROGD). Hormonas e cirurx\u00eda, amputaci\u00f3ns e implantes. Pero nin unhas nin outras son facilmente reversibles. Nin sequera a medicina, que dificilmente estivo \u00e1 altura do recente virus, atopou un m\u00e9todo inocuo para desfacer unha simple tatuaxe. O tormento crecente dos numerosos casos de <i>detransici\u00f3n<\/i> \u00e9 un fen\u00f3meno do cal en moitos pa\u00edses avanzados nin se pode falar.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"justify\"><a name=\"_GoBack\"><\/a> 19. Mentres tanto, pois, tratamento hormonal para toda a vida. E bloqueadores de puberdade, cuxos efectos son desco\u00f1ecidos a longo prazo. O coraz\u00f3n, o plano cognitivo, a osteoporose? Non importa, o que conta \u00e9 o cortoplacismo de sempre, a imaxe elitista da correcci\u00f3n. A foto r\u00e1pida do impresionismo informativo e os seus impactos virais, en rede. E ademais, xa se sabe, os mozos non pensan en ma\u00f1\u00e1. As\u00ed que son utlizados \u00e1s veces co acordo dos seus pais, como carne de can\u00f3n e canteira experimental. Se a euxenesia antiga, e toda clase de probas con medicamentos dubidosos, se cebaba en pobres e inmigrantes, en delincuentes &#8220;voluntarios&#8221;, homosexuais ou alcoh\u00f3licos, agora utiliza a adolescencia como un f\u00e1cil banco de probas. Liberados dos seus pais, que quizais padezan escurantismo familiar, caen en mans das correntes de opini\u00f3n. E dun ac\u00e9falo estado que, m\u00e1is que o antigo Deus, non ten ningu\u00e9n diante de quen render contas.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Ignacio Castro Rey. (Este \u00e9 un escrito sobre o tr\u00e1nsito de quen decide elixir outro sexo. Nin que dicir ten que non se tenta dicir aqu\u00ed nin unha soa palabra contra as libres e dif\u00edciles elecci\u00f3ns de cada quen, sen\u00f3n unicamente sobre o que Foucault chamar\u00eda un dispositivo, certo sutil regueiro de violencia inmanente que &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=14717\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Notas sobre unha transfilia inducida<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,77],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/14717"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=14717"}],"version-history":[{"count":1,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/14717\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":14721,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/14717\/revisions\/14721"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=14717"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=14717"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=14717"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}