{"id":14783,"date":"2022-09-03T06:00:33","date_gmt":"2022-09-03T06:00:33","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=14783"},"modified":"2022-08-29T19:19:21","modified_gmt":"2022-08-29T19:19:21","slug":"triste-erotismo-matematico","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=14783","title":{"rendered":"Triste erotismo matem\u00e1tico"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2022\/08\/matematicas.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-14784\" alt=\"matematicas\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2022\/08\/matematicas-300x200.jpg\" width=\"300\" height=\"200\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2022\/08\/matematicas-300x200.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2022\/08\/matematicas-1024x682.jpg 1024w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2022\/08\/matematicas-900x600.jpg 900w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2022\/08\/matematicas.jpg 1200w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a><em><strong>Ignacio Castro.\u00a0<\/strong><\/em>Haber\u00eda que escoitar ao &#8220;\u00faltimo da clase&#8221;, a aquel que \u00e9 un desastre para comprender unha linguaxe tan espec\u00edfica como o matem\u00e1tico. Despois os vagos de letras poden retomar o interese por unha matem\u00e1tica do intuitivo, das singularidades descontinuas, dos buracos negros e a indeterminaci\u00f3n.<!--more--> Pode darse un \u00e1lxebra das emoci\u00f3ns?<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Case todas as disciplinas duras consid\u00e9ranse autosuficientes, imposibles de reducir a unha raz\u00f3n ordinaria que non necesitar\u00eda outro sistema que a desorde de vivir. \u00c1 parte de que esta pretensi\u00f3n imperial das metalinguaxes deixa o mundo en mans dunha nova caste de expertos que non falan ning\u00fan idioma co\u00f1ecido, a pretensi\u00f3n da reduci\u00f3n l\u00f3xica do real a un campo espec\u00edfico resulta bastante rid\u00edcula. &#8220;Aquilo que haxa de com\u00fan entre a proposici\u00f3n e o feito, non pode, as\u00ed o afirma o autor, dicirse \u00e1 s\u00faa vez na linguaxe&#8221;, reco\u00f1ece o pr\u00f3logo do <i>Tractatus<\/i>. Se repasamos o paradoxo de Russell ou &#8220;do barbeiro&#8221;, estaremos diante dunha forma sofisticada dunha vella perplexidade: como se pode definir o conxunto de todos os conxuntos? Ou sexa, como ver, sentir e pensar o mundo sen unha perspectiva que \u00e9 parte do mundo, sen que <i>un mesmo<\/i> -a omnipresente patolox\u00eda do suxeito- non estea deform\u00e1ndoo?<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Deste inevitable &#8220;factor humano&#8221; deriva un principio de indeterminaci\u00f3n que afecta tam\u00e9n \u00e1 matem\u00e1tica. Unha do\u00edda nota final de Frege \u00e1s <i>Leis fundamentais da Aritm\u00e9tica<\/i> (1902) d\u00e1 conta do primeiro sobresalto no so\u00f1o loxicista do s\u00e9culo XX: &#8220;Dificilmente pode haber algo m\u00e1is indesexable para un cient\u00edfico que ver o derrube dos seus cimentos xustamente cando a obra est\u00e1 acabada. A carta do Sr. Bertrand Russell p\u00faxome nesta situaci\u00f3n&#8221;. A verdade \u00e9 que o programa de Frege, tentando deducir toda a matem\u00e1tica da l\u00f3xica, recibe o seu golpe de graza a mans de Kurt G\u00f6del, quen demostra que os sistemas formais do tipo dos <i>Princip\u00eda<\/i> ou son incompletos, e non poden demostrar todos os seus teoremas, ou son inconsistentes, e conte\u00f1en contradici\u00f3ns.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Hai unha aproximaci\u00f3n parcial \u00e1 <i>singularidade<\/i>, desde o punto de vista matem\u00e1tico, cando a derivada dun punto tende a 0. Pero a singularidade \u00e9 un baixo continuo, a excepci\u00f3n anterior que fai posible o universo das leis. Isto converte en va ilusi\u00f3n o so\u00f1o dunha duplicaci\u00f3n dixital do mundo, sexa coa tecnolox\u00eda ou coa informatizaci\u00f3n. O cal obriga a unhas matem\u00e1ticas <i>escuras<\/i>, tan complexas ou fractais como a realidade mesma que queren abarcar.<a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2022\/08\/descarga.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-14785\" alt=\"descarga\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2022\/08\/descarga-300x156.jpg\" width=\"300\" height=\"156\" \/><\/a> Borges ten un precioso conto sobre un sabio que fai un mapa tan preciso, para librarse dos accidentes do mundo, que acaba reproducindo o accidental no mesmo mapa. Por iso a idea dunha<i> Mathesis universalis<\/i> en Leibniz ten como inevitable un \u00fanico axioma previo: Deus. &#8220;Cando Deus calcula, ten lugar o mundo&#8221;, pero isto quere dicir que as matem\u00e1ticas son exactas cando conseguen reproducir a inexactitude da vida, levantando un sistema num\u00e9rico tan infinitesimal como o labirinto real.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Por iso os n\u00fameros naturais son o m\u00e1is misterioso do mundo. Para empezar, o simple 1. Fix\u00e9monos que dous e dous non sempre son catro: se algu\u00e9n ten 1 fracaso amoroso en setembro, 1 susto laboral en novembro, 1 descubrimento vital en xaneiro e 1 encontro amoroso en marzo, a &#8220;suma&#8221; pode ser <i>unha<\/i> soa conclusi\u00f3n -ter que deixar este mundo-, <i>tres<\/i> -ir ao psicanalista, cambiar de vida, deixar esta cidade- ou quen sabe cal. O num\u00e9rico, como sab\u00edan os pitag\u00f3ricos, d\u00e9bese ao simb\u00f3lico, a unha calidade real intricada.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">As\u00ed pois, lonxe do que pensaba Einstein, Deus &#8220;xoga aos dados&#8221;. \u00a0Fix\u00e9monos en que non existe o cero. A pesar da s\u00faa lendaria historia operativa, o 0 \u00e9 unha invenci\u00f3n matem\u00e1tica. Realmente, non existe a nada, sempre hai <i>algo<\/i>: o deserto est\u00e1 infinita e secretamente poboado. Tampouco existe o silencio absoluto, como mostra o experimento de Cage coa c\u00e1mara anecoica. Toda nosa puritana cultura binaria, baseada na combinatoria 0\/1, \u00e9 s\u00f3 unha ilusi\u00f3n aproximativa, unha ficci\u00f3n social destinada a estrelarse contra as imprevisibles continxencias reais, sexa en Angrois ou noutro sitio. A matem\u00e1tica s\u00f3 pode ser &#8220;perfecta&#8221; cando se atreve a darlle forma infinitesimal a unha imperfecci\u00f3n constitutiva. Existe ent\u00f3n un intuicionismo, un existencialismo que culmina a matem\u00e1tica?<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><i>A cifra que se esconde tras cada avatar<\/i>, escribe Vallejo. Pero unha cifra \u00e9 unha relaci\u00f3n, unha met\u00e1fora que remite a outra cousa. Hai unha base anal\u00f3xica en calquera n\u00famero, por iso un n\u00famero (666) pode ser tan memorable como un nome calquera. Do mesmo xeito que \u00e9 a carne do mundo o que se op\u00f3n \u00e1 mundializaci\u00f3n, talvez son os propios n\u00fameros os que se opo\u00f1en \u00e1 dixitalizaci\u00f3n.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Ignacio Castro.\u00a0Haber\u00eda que escoitar ao &#8220;\u00faltimo da clase&#8221;, a aquel que \u00e9 un desastre para comprender unha linguaxe tan espec\u00edfica como o matem\u00e1tico. Despois os vagos de letras poden retomar o interese por unha matem\u00e1tica do intuitivo, das singularidades descontinuas, dos buracos negros e a indeterminaci\u00f3n.<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[39,7,77],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/14783"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=14783"}],"version-history":[{"count":1,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/14783\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":14786,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/14783\/revisions\/14786"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=14783"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=14783"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=14783"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}