{"id":14792,"date":"2022-09-04T06:00:36","date_gmt":"2022-09-04T06:00:36","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=14792"},"modified":"2023-06-19T10:39:43","modified_gmt":"2023-06-19T10:39:43","slug":"ludistas-radicais","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=14792","title":{"rendered":"Ludistas radicais"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><em><strong>X. Ricardo Losada.\u00a0<\/strong><\/em>C\u00f3ntame un amigo que acaba de chegar de Nova York que nos c\u00edrculos art\u00edsticos desa cidade a calquera que non te\u00f1a conta en Twitter ch\u00e1manlle ludista radical. O ludismo foi un movemento de principios do s\u00e9culo XIX encabezado por artes\u00e1ns ingleses que protestaban contra as novas m\u00e1quinas (teares e m\u00e1quinas de fiar) da Revoluci\u00f3n industrial<!--more--> porque, segundo eles, substituir\u00edan os artes\u00e1ns por traballadores menos cualificados que cobrar\u00edan salarios m\u00e1is baixos. Ned Ludd, de a\u00ed o nome do movemento, simbolizou a protesta rompendo varios teares. Ludista \u00e9, pois, un opositor \u00e1s m\u00e1quinas. Dito en termos actuais, un opositor aos ordenadores e aos tel\u00e9fonos m\u00f3biles.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Non tiven ningunha d\u00fabida de que ese amigo, farruco defensor das novas tecnolox\u00edas, est\u00e1bame chamando ludista radical. Non te\u00f1o conta en ningunha rede social, e sempre receou da mi\u00f1a prevenci\u00f3n (que non rexeite, pero el non admite matices) cara \u00e1s novas tecnolox\u00edas. De feito, sempre desde\u00f1ei esa acusaci\u00f3n, \u00e1 que tan habituado estou, sobre todo cando me presentan como \u201cun profesor de filosof\u00eda que non ten carn\u00e9 de conducir\u201d, de tal forma que s\u00f3 cabe interpretalo como que ser profesor de filosof\u00eda implica necesariamente (imos de rari\u00f1os) non ter carn\u00e9 de conducir. Hai poucas cousas que me irriten m\u00e1is. Que \u00e1 mi\u00f1a idade pensen que non te\u00f1o carn\u00e9 de conducir por ter estudado a Plat\u00f3n, insulta tanto a intelixencia de Plat\u00f3n, como, o que \u00e9 peor, a mi\u00f1a propia.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Conto iso para que saibades que estou habituado a ese tipo de acusaci\u00f3ns. Pero ese d\u00eda, a verdade, apetec\u00edame aceptar que era un ludista radical. Sempre me molestou o ton soberbio de quen cre descubrir o Mediterr\u00e1neo nunha cidade snob a m\u00e1is non poder como Nova York. Para que me entendades: levan m\u00e1is de un s\u00e9culo considerando estar \u00e1 \u00faltima cousas como os <i>piercings, <\/i>as tatuaxes, as festas con drogas, os grafites, cando xa exist\u00edan na Idade de Pedra. E eses d\u00edas a\u00ednda estaba m\u00e1is sensible. Acababa de ler unha novela de Siri Huvsdet que fala dos c\u00edrculos art\u00edsticos desa cidade (<i>Esa p\u00fastula ambulante, adi\u00f1eirada e endog\u00e1mica, <\/i>ch\u00e1malles), e parec\u00edame un afago que uns tipos as\u00ed me considerasen un ludista radical. Ata recordei algo que fixera esa mesma ma\u00f1\u00e1. Ti\u00f1a que calcular as notas dos exames dos alumnos con regras de 3 (por exemplo, 55 acertos por 10 dividido entre 75, o n\u00famero total de preguntas) e, a pesar de que ti\u00f1a calculadora no m\u00f3bil, prefer\u00edn facelo con bol\u00edgrafo e folio. G\u00fastame practicar de vez en cando alg\u00fan anacronismo. Pero non porque estea en contra das calculadoras, nin dos coches, nin de ning\u00fan tipo de m\u00e1quina, sen\u00f3n porque de vez en cando prefiro facer as cousas como as fixen toda a vida. M\u00e1is que un rexeite do futuro, \u00e9 unha reivindicaci\u00f3n do pasado. Incluso na forma de escribir, con todas as indubidables vantaxes que ofrece un procesador de textos, a parte m\u00e1is importante, as correcci\u00f3ns, f\u00e1goa a man.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 E xa non vos digo como dou clase. Alg\u00fans compa\u00f1eiros dinme que parece mentira que siga ensinando como S\u00f3crates (voz, concepto e di\u00e1logo), que viviu hai m\u00e1is de vinte e cinco s\u00e9culos. Dinmo como unha cr\u00edtica, pero eu t\u00f3moo como un afago. O m\u00e9todo educativo de S\u00f3crates tam\u00e9n foi na s\u00faa \u00e9poca unha nova tecnolox\u00eda, pero tivo a desgraza de non trunfar m\u00e1is que en c\u00edrculos moi reducidos pois \u00e9 realmente interactivo: require un di\u00e1logo a nivel intelectual moi esixente entre mestre e alumno, unha interactividade que nada ten que ver coa dos ordenadores actuais, meramente visual, e que s\u00f3 esixe pulsar un rato ou unha tecla na pr\u00e1ctica real da maior\u00eda dos usuarios. Que me ve\u00f1an a min con novas tecnolox\u00edas educativas, d\u00e1me a risa. Ningunha nova tecnolox\u00eda educativa funcionar\u00e1 se antes non dominamos a primeira nova tecnolox\u00eda educativa que existiu, o di\u00e1logo socr\u00e1tico. As\u00ed como non \u00e9 posible aprender a bailar se antes non aprendemos a andar, tampouco o \u00e9 aprender a usar ben un ordenador se antes non aprendemos a manexar mental e dialecticamente os conceptos. Mentres tanto, como di Jos\u00e9 Antonio Marina, un burro con ordenador seguir\u00e1 sendo un burro.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Son, xa que logo, un ludista radical? Ao contrario. Eu non quero destru\u00edr ning\u00fan ordenador nin ning\u00fan tel\u00e9fono m\u00f3bil. Quero que os usuarios desas m\u00e1quinas sexan respectuosos con elas. As\u00ed como me molesta que a actividade m\u00e1is intelectual que os humanos facemos cun cerebro que custou mill\u00f3ns de anos de evoluci\u00f3n constru\u00edr, e que ten unha potencialidade inmensa, sexa ver <i>reality shows<\/i> ou rexoubar, tam\u00e9n me indigna que se use o ordenador s\u00f3 para insultar en mensaxes de 280 car\u00e1cteres ou para ter conversas insulsas ou para colgar fotos ou v\u00eddeos graciosos. Son os usuarios das redes sociais os que son ludistas radicais, pois destr\u00faen os ordenadores e os m\u00f3biles, non a golpes, como os ludistas do s\u00e9culo XIX, sen\u00f3n coa tortura chinesa de darlles traballos <i>(mobbing<\/i>!) que est\u00e1n moi por debaixo da s\u00faa capacidade. Alg\u00fan deses adictos a Instagram ou a Youtube se parou algunha vez a pensar como se pode sentir un tel\u00e9fono m\u00f3bil ou un ordenador de \u00faltima xeraci\u00f3n que s\u00f3 se usa para colgar rid\u00edculos <i>selfies<\/i> ou v\u00eddeos caseiros? Non se dan conta de que \u00e9 tan humillante como se ao mellor cirurxi\u00e1n do mundo s\u00f3 lle mandasen p\u00f3r puntos de sutura en pequenas feridas?<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Non. A min ningu\u00e9n me pode acusar de ser un ludista radical. Eu defendo a dignidade das m\u00e1quinas, sobre todo as de \u00faltima xeraci\u00f3n, e por iso as uso, sabendo que, en moitos aspectos, estou por debaixo do seu nivel intelectual, en escasas e puntuais ocasi\u00f3ns, pero sempre con moito respecto e unha profunda admiraci\u00f3n.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>X. Ricardo Losada.\u00a0C\u00f3ntame un amigo que acaba de chegar de Nova York que nos c\u00edrculos art\u00edsticos desa cidade a calquera que non te\u00f1a conta en Twitter ch\u00e1manlle ludista radical. O ludismo foi un movemento de principios do s\u00e9culo XIX encabezado por artes\u00e1ns ingleses que protestaban contra as novas m\u00e1quinas (teares e m\u00e1quinas de fiar) da &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=14792\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Ludistas radicais<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,9,26],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/14792"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=14792"}],"version-history":[{"count":2,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/14792\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":14850,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/14792\/revisions\/14850"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=14792"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=14792"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=14792"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}