{"id":2279,"date":"2014-11-30T07:00:50","date_gmt":"2014-11-30T07:00:50","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=2279"},"modified":"2014-11-26T08:07:28","modified_gmt":"2014-11-26T08:07:28","slug":"ecos-dun-distante-pasado","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=2279","title":{"rendered":"Ecos dun distante pasado"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><em><strong><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2014\/10\/fieitos.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft  wp-image-2282\" alt=\"fieitos\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2014\/10\/fieitos.jpg\" width=\"302\" height=\"202\" \/><\/a>Xulio Guti\u00e9rrez.\u00a0<\/strong><\/em>Os fieitos forman parte da nosa paisaxe. Proliferan baixo os pi\u00f1eirais formando un continuo e cambiante sotobosque, verde en inverno e pardo en ver\u00e1n. Alg\u00fans, como o fieito real e o fieito macho, agroman nas ribeiras dos r\u00edos coma fachendosas coroas vexetais. Dir\u00edase que celebran a festa da auga que baixa do monte vivificando os ecosistemas.\u00a0<!--more-->Pero a maior\u00eda dos fieitos son plantas humildes, de porte exiguo e feble constituci\u00f3n que s\u00f3 habitan en lugares h\u00famidos e protexidos das inclemencias do tempo. Carecen de flores que adornen as s\u00faas austeras frondes e deben contentarse con inconspicuos \u00f3rganos reprodutores que, desde o env\u00e9s das frondes, esparexen as s\u00faas esporas ao incerto destino da dispersi\u00f3n anem\u00f3fila. S\u00f3 amosan unha certa graza os rebentos que agroman dos rizoides subterr\u00e1neos e semellan o b\u00e1culo dun bispo tel\u00farico que quixera exorcizar as Dr\u00edades.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Os fieitos, tam\u00e9n chamados fentos ou felgos, son co\u00f1ecidos e usados polos agricultores e gandeiros desde tempos inmemoriais: para estrar as cortes ou, secos, para chamuscar o porco na matanza. Pero non deberon chamar demasiado a atenci\u00f3n dos nosos devanceiros pois moi poucos recibiron nome propio de seu.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Os d\u00edas de gloria dos fieitos quedan moi lonxe. Se tivesen memoria, poder\u00edan retrotraerse 400 mill\u00f3ns de anos atr\u00e1s, cando apareceron e evolucionaron ata formar os primeiros bosques dos que se ten constancia; pequenos, ralos e limitados a zonas h\u00famidas, pero bosques ao cabo. E 50 mill\u00f3ns de anos despois, en plena era Carbon\u00edfera chegou a apoteose. Daquela so exist\u00eda un supercontinente tan grande como todos os continentes actuais unidos, Panxea, dotado de inmensas chairas m\u00e1is extensas que \u00c1frica e Asia xuntas. O clima era tan c\u00e1lido e h\u00famido que os fieitos puideron evolucionar ata formar individuos de m\u00e1is de 30 metros de altura.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Os cient\u00edficos bautizaron estes fieitos xigantes con nomes evocadores; as\u00ed, <i>Glossopteris<\/i> \u00e9 o fieito con follas xigantes coma enormes linguas, e <i>Lepidodendron<\/i>, o m\u00e1is grande entre os grandes, ti\u00f1a un descomunal tronco de 40 metros de altura recuberto de escamas.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A vizosa paisaxe carbon\u00edfera complet\u00e1base cunha fauna sorprendente: os grandes dominadores do ecosistema terrestre eran os insectos. Mentres que os anfibios se arrastraban lentamente nas lameiras dos r\u00edos e comezaban a colonizaci\u00f3n da terra, as lib\u00e9lulas <i>Meganeura<\/i>, do tama\u00f1o dunha gaivota, aterrorizaban os demais invertebrados e trataban de esquivar a enormes cemp\u00e9s de m\u00e1is de dous metros de lonxitude.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Os restos destes tan produtivos ecosistemas foron quedando soterrados formando grosas capas de sedimentos ricos en materia org\u00e1nica. Co tempo, estes restos deron lugar ao carb\u00f3n mineral que hoxe se extrae nas minas.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O reinado dos fieitos rematou tan abruptamente como comezou. No Xur\u00e1sico, en pleno apoxeo dos dinosauros, unhas plantas m\u00e1is perfeccionadas, as con\u00edferas, despraz\u00e1ronos por completo, releg\u00e1ndoos ao papel secundario que ata o d\u00eda de hoxe xogan nos ecosistemas.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Os fieitos non son hoxe m\u00e1is que ecos dun distante pasado. Nada \u00e9 para sempre.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Xulio Guti\u00e9rrez.\u00a0Os fieitos forman parte da nosa paisaxe. Proliferan baixo os pi\u00f1eirais formando un continuo e cambiante sotobosque, verde en inverno e pardo en ver\u00e1n. Alg\u00fans, como o fieito real e o fieito macho, agroman nas ribeiras dos r\u00edos coma fachendosas coroas vexetais. Dir\u00edase que celebran a festa da auga que baixa do monte vivificando &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=2279\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Ecos dun distante pasado<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[39,48],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/2279"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=2279"}],"version-history":[{"count":2,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/2279\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":2283,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/2279\/revisions\/2283"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=2279"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=2279"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=2279"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}