{"id":2635,"date":"2015-01-04T07:00:43","date_gmt":"2015-01-04T07:00:43","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=2635"},"modified":"2015-01-02T09:22:09","modified_gmt":"2015-01-02T09:22:09","slug":"dende-a-gran-duna","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=2635","title":{"rendered":"Dende a gran duna"},"content":{"rendered":"<figure id=\"attachment_2636\" aria-describedby=\"caption-attachment-2636\" style=\"width: 300px\" class=\"wp-caption alignleft\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2014\/12\/dende-a-duna.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"size-medium wp-image-2636 \" alt=\"\u00d3leo sobre lenzo dunha vista dende enriba da duna de Corrubedo\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2014\/12\/dende-a-duna-300x219.jpg\" width=\"300\" height=\"219\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2014\/12\/dende-a-duna-300x219.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2014\/12\/dende-a-duna.jpg 465w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a><figcaption id=\"caption-attachment-2636\" class=\"wp-caption-text\">\u00d3leo sobre lenzo dunha vista dende enriba da duna de Corrubedo<\/figcaption><\/figure>\n<p style=\"text-align: justify;\"><em><strong>Antonio Pi\u00f1eiro.\u00a0<\/strong><\/em>Neste pasado ver\u00e1n, Antonio P\u00e9rez amosounos unha colecci\u00f3n at\u00edpica, fresca, paisax\u00edstica, litoral, sorprendente, nova. Nova en todos os sentidos, porque nunca tal fixera. Quizais, de cando en vez, algunha vista mari\u00f1eira, alg\u00fan recuncho ou alg\u00fan petouto que non deixaba de ter m\u00e1is de personaxe ca de escenario. Quizais unha paisaxe de fondo ou de acompa\u00f1amento. Pero non coma o motivo, alomenos non o principal, da s\u00faa obra. Nin moito menos coma unidade tem\u00e1tica.<!--more--><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Antonio P\u00e9rez deu este paso. Unha pegada de auga e area. Pero unha pegada que non \u00e9 s\u00f3 a de cami\u00f1ar o seu lugar nas salas, nos espazos culturais ou nas colecci\u00f3ns, sen\u00f3n a de ocupar un lugar moi especial no noso devir emocional, no coti\u00e1n das nosas percepci\u00f3ns abeiradas, atl\u00e1nticas, largac\u00edas, so\u00f1adoras, sobre todo as nosas percepci\u00f3ns de neno eterno. Unha pegada que \u00e9, tam\u00e9n, a dun chouto, a dunha prolongaci\u00f3n das guechas paisax\u00edsticas que lles medraran aos seus protagonistas habituais. A el mesmo como protagonista. Coma se se decatase, unha tarde, de que ti\u00f1a que ir rematar algunha ourela ou algunha revolta que lle quedara incompleta debaixo do estonador de patacas ou a car\u00f3n da agulla redeira.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Cami\u00f1ante sobre un mar de nubes \u00e9 o t\u00edtulo co que Caspar David Friedrich, o pintor rom\u00e1ntico, vir\u00eda darnos este mesmo sentido. O do ser que latexa fronte a unha inmensidade, que olla o mar dende enriba da gran duna.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O Supinal, o Prado, Balieiros, o Vilar, a Cobasa, o Caramecheiro. Vostedes, seguramente, dir\u00e1n comigo d\u00faas cousas: Que eses son nomes de lugares, non xa vividos, sen\u00f3n vivos; e que as praias son tam\u00e9n personaxe, que te\u00f1en o seu ser, a s\u00faa anatom\u00eda, coma os croios, os bru\u00eddos ou o animismo da nosa concepci\u00f3n ancestral. Coido que niso estamos. Presentar a paisaxe coma se estivese a vivir a car\u00f3n de n\u00f3s. Coma se ela, ou algu\u00e9n, dentro dela, nos estivese a falar dende o tempo. Escoitar, deix\u00e1rmonos falar, reco\u00f1ecer ese v\u00ednculo entre n\u00f3s e a paisaxe, ollala tam\u00e9n nesa secuencia interior, natural e silvestre que tanto nos achega \u00e1 iconograf\u00eda da infancia. Crear un \u00e1lbum de vistas coas praias de Ribeira para telas, para volver so\u00f1alas ou volver vivilas. E, ai!, querido Antonio, se che dixera que, nesa saudade, botei de menos as nosas praias de barrio, a do Alem\u00e1n, a de Canucho, a de Colomer, a de Bandourr\u00edo, aquela rampla con recendo a grelo, mexill\u00f3n, chan de serradura e cabo de esparto. Ai!<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Estando fronte \u00e1 paisaxe distingo a s\u00faa alma. Non recordo quen, falando do animismo dos espazos, dixo isto, que en Antonio ser\u00eda m\u00e1is ben: \u00abEstando fronte \u00e1 paisaxe distingo a mi\u00f1a alma\u00bb. Porque a mensaxe de Antonio \u00e9 que en cada recuncho quedou -vive a\u00ednda- algo do que somos.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Antonio Pi\u00f1eiro.\u00a0Neste pasado ver\u00e1n, Antonio P\u00e9rez amosounos unha colecci\u00f3n at\u00edpica, fresca, paisax\u00edstica, litoral, sorprendente, nova. Nova en todos os sentidos, porque nunca tal fixera. Quizais, de cando en vez, algunha vista mari\u00f1eira, alg\u00fan recuncho ou alg\u00fan petouto que non deixaba de ter m\u00e1is de personaxe ca de escenario. Quizais unha paisaxe de fondo ou de &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=2635\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Dende a gran duna<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[35,4],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/2635"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=2635"}],"version-history":[{"count":2,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/2635\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":2670,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/2635\/revisions\/2670"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=2635"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=2635"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=2635"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}