{"id":266,"date":"2014-01-05T18:13:48","date_gmt":"2014-01-05T18:13:48","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=266"},"modified":"2014-01-08T17:31:17","modified_gmt":"2014-01-08T17:31:17","slug":"stasiuk-a-outra-galitzia","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=266","title":{"rendered":"Stasiuk. A outra Galitzia"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2014\/01\/cuentos-galitzia.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\" wp-image-267 alignright\" style=\"border: 1px solid black;\" alt=\"cuentos galitzia\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2014\/01\/cuentos-galitzia-190x300.jpg\" width=\"190\" height=\"300\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2014\/01\/cuentos-galitzia-190x300.jpg 190w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2014\/01\/cuentos-galitzia.jpg 374w\" sizes=\"(max-width: 190px) 100vw, 190px\" \/><\/a><em><strong>Mari\u00f1a P\u00e9rez Rei<\/strong><\/em>. As fronteiras poden ser m\u00f3biles, mudables, intercambiables. A cultura e a s\u00faa pegada non, porque afonda. Galitzia \u00e9 un territorio prendido dunha nube, semella levitar ao xeito de Castroforte del Baralla, vagar errante \u00a0a trav\u00e9s do tempo coma Comala. Dacabalo entre Ucra\u00edna, Rusia e Polonia, Galitzia comparte con Galicia a proximidade topon\u00edmica, ese elo que nos rescata do esquecemento no aceno dun nome. Os romanos chamaron \u201cgalos\u201d a todo o que non era coma eles. Pero m\u00e1is al\u00e1 da coincidencia dos nomes hai un pouso que nos arrastra a mergullarnos na \u00a0s\u00faa cultura. A n\u00f3mina de escritores que pertenceron \u00e1 zona xa \u00e9 en por si sedutora: J. Roth, Celan, Morgenstern, Der N\u00edster. Leo a Andrzej Stasiuk en <b>Cuentos de Galitzia<\/b> (Acantilado) e a Der N\u00edster na \u00e9pica novela <b>La familia Mashber<\/b> (Libros del Silencio). <!--more-->Retratan\u00a0 lugares que navegan polo ar e que ben podiamos\u00a0 prender con alfinetes na nosa Galicia por proximidade emocional. Este territorio, deconstru\u00eddo sobre un pouso de pequenas aldeas e relixi\u00f3ns, dividido ling\u00fc\u00edstica e administrativamente, \u00a0foi narrado con mestr\u00eda polos refuxiados de principios de s\u00e9culo, deix\u00e1ndonos unha herdanza intelectual e emocional que non nos poden resultar alleas nin fr\u00edas. Uns autores usaron o alem\u00e1n como lingua de expresi\u00f3n, outros o yidish, propio das comunidades xud\u00edas que habitaban a zona, ben reflectidas por Der N\u00edster en <b>La familia<\/b> <b>Mashber<\/b>, novela proscrita polos sovi\u00e9ticos, que non en balde o autor rematou os seus d\u00edas nun Gulag stalinista.\u00a0En <b>Cuentos de Galitzia,<\/b> Stasiuk retrata estampas coti\u00e1s da rexi\u00f3n, hoxe absorbida entre Polonia e Ucra\u00edna e noutrora reino independente.\u00a0 Non nos resultan estra\u00f1os o fr\u00edo ou a paisaxe, pero son os seus personaxes fantasmag\u00f3ricos e a cr\u00faa realidade os que semellan entroncar coa espiritualidade galega. Semella que de s\u00fapeto medra nas p\u00e1xinas a nosa Galicia atl\u00e1ntica, con invern\u00edas que destr\u00faen os \u00f3sos lentamente e casas de ladrillo \u00e1 vista; con homes de corenta anos que semellan vellos, campos ermos cheos de xeada, corvos, paro e extensas soidades. Paisaxe humana de corte tradicional, esas tabernas que son confesionario, escola e catre, nas que se lle vai dando morte ao tempo e se fuma Popularne como se pod\u00eda fumar Celtas. O tabaco sempre sabe a br\u00e9tema. Coristanco? Agui\u00f1o? A xente viste botas de goma e bebe sen xeito ao son dalg\u00fan viol\u00edn. Un letreiro nun bar reza: \u201cProhibido traer vodka de f\u00f3ra\u201d. Eu hai pouco lin nun autob\u00fas en Santiago: \u201cProhibido descalzarse\u201d.\u00a0Dukla. Silesia. Nizna. Enclaves que se achegan ao realismo m\u00e1xico con pantasmas vivas e mortas que comparten a escena con resignaci\u00f3n. Ach\u00e9gaseme \u00e1 pasividade dos mujiks, os campesi\u00f1os que debuxou Ch\u00e9jov; sempre me pareceu que os seus personaxes coma os de Tolstoi destilan morri\u00f1a galega. O peso do clima ou o \u00a0peso da alma? \u00a0Wladek merca un Zuk porque o seu imaxinario vital non entra nun Fiat nin nun Syrenka. \u00a0A Avoa busca a explicaci\u00f3n da s\u00faa miseria entre as brasas. O matach\u00edn bota en falta desde o M\u00e1is Al\u00e1 matar os porqui\u00f1os ben cebados. Os tratos dos feirantes rematan\u00a0 entre\u00a0 vodka, codillo\u00a0 e\u00a0 suor de cabalos. A herdade aqu\u00ed \u00e9 ben sinxela. A vida das mulleres s\u00f3 se divide en ciclos de nove l\u00faas e a dun home ben pode resumirse en\u00a0 bautizo, casamento e cemiterio.<a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2014\/01\/La_familia_Mashber_300.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-268\" alt=\"cubierta mashler 3.indd\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2014\/01\/La_familia_Mashber_300-199x300.jpg\" width=\"199\" height=\"300\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2014\/01\/La_familia_Mashber_300-199x300.jpg 199w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2014\/01\/La_familia_Mashber_300-681x1024.jpg 681w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2014\/01\/La_familia_Mashber_300-900x1352.jpg 900w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2014\/01\/La_familia_Mashber_300.jpg 1831w\" sizes=\"(max-width: 199px) 100vw, 199px\" \/><\/a> A paisaxe xeada s\u00f3 \u00e9 unha prolongaci\u00f3n do corpo. Non \u00e9 dif\u00edcil que a xente perda a memoria, e por\u00e9n,\u00a0 sempre resta no aire un pouso elegante de identidade, mesmo no baleiro que deixa o traslado dunha igrexa ortodoxa a un museo mentres a couza rilla lenta nos santos de madeira, iconas do abandono. Neste tedio nacer\u00e1n as paix\u00f3ns humanas m\u00e1is baixas: odios, celos, envexas cainitas. Pero as xentes acollen o asasinato e o pecado con temor de Deus, resignaci\u00f3n, sabedor\u00eda alde\u00e1. O monte<b> <\/b>Cergowa contempla a culpa con compaix\u00f3n. Outra vez Ch\u00e9jov. Por que non reminiscencias de Cunqueiro na paisaxe m\u00e1xica, ou de Pedrayo na descrici\u00f3n dos tipos populares?\u00a0Con prosa soberbia e intelixente, Stasiuk quere retratar a s\u00faa Galitzia, pero acaba\u00a0 falando da nosa xeograf\u00eda sentimental sen el o saber. Podemos ler sobre unha paisaxe centroeuropea e escoitar o alento atl\u00e1ntico na noca. E Ad\u00e1n volve cubrirse de arxila.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Mari\u00f1a P\u00e9rez Rei. As fronteiras poden ser m\u00f3biles, mudables, intercambiables. A cultura e a s\u00faa pegada non, porque afonda. Galitzia \u00e9 un territorio prendido dunha nube, semella levitar ao xeito de Castroforte del Baralla, vagar errante \u00a0a trav\u00e9s do tempo coma Comala. Dacabalo entre Ucra\u00edna, Rusia e Polonia, Galitzia comparte con Galicia a proximidade topon\u00edmica, &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=266\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Stasiuk. A outra Galitzia<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[27,9],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/266"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=266"}],"version-history":[{"count":4,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/266\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":279,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/266\/revisions\/279"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=266"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=266"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=266"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}