{"id":2817,"date":"2015-01-24T07:00:25","date_gmt":"2015-01-24T07:00:25","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=2817"},"modified":"2015-01-21T09:09:48","modified_gmt":"2015-01-21T09:09:48","slug":"crentes-de-sangue-frio","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=2817","title":{"rendered":"Crentes de sangue fr\u00edo"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><b><i><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/01\/rezando-1.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-2819\" alt=\"rezando 1\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/01\/rezando-1-247x300.jpg\" width=\"247\" height=\"300\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/01\/rezando-1-247x300.jpg 247w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/01\/rezando-1.jpg 471w\" sizes=\"(max-width: 247px) 100vw, 247px\" \/><\/a>X. Ricardo Losada<\/i><\/b><b>. <\/b>Debo<b> <\/b>reco\u00f1ecer que me decepcionan moitas persoas que se consideran relixiosas. Xa de pequeno, non pod\u00eda comprender como os cregos e algunhas beatas ti\u00f1an tan mal car\u00e1cter, e se pasaban o d\u00eda ameazando co inferno e prohibindo facer cousas. Era como se a algu\u00e9n lle tocase a cot\u00edo a loter\u00eda e vivise enfadado. Porque crer en Deus, pensaba eu, era como se che tocase o gordo todos os d\u00edas. Se algu\u00e9n cr\u00eda de verdade que falaba cun Deus omnipotente e misericordioso, que te agardaba para darche a felicidade eterna, sentir\u00edase protexido de calquera continxencia e vivir\u00eda felic\u00edsimo e con ganas de compartir esa felicidade. <!--more-->Vista \u00e1 luz desa crenza, calquera cousa que nos pasase, mesmo a morte propia ou dun familiar, ser\u00eda motivo de ledicia. Pero, para a mi\u00f1a sorpresa, os crentes eran quen m\u00e1is se irritaban, e por asuntos tan nimios como levar loito ou desexar bicar unha moza. A\u00ednda hoxe conservo na mi\u00f1a alma ese paradoxo infantil entre a envexa a priori que me provocaban as persoas relixiosas e a decepci\u00f3n que me deparaba co\u00f1ecelas.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 A madurez regaloume un criterio infalible para saber se unha persoa \u00e9 relixiosa, m\u00e1is al\u00e1 do que di ou dos ritos que practica. Saqueino dunha frase marabillosa de \u00c1lvaro Cunqueiro: \u201cRezar quenta o coraz\u00f3n\u201d. Unha persoa \u00e9 relixiosa se vive coa expresi\u00f3n de quen chega \u00e1 casa despois dunha xornada dura e esgotadora, un d\u00eda de temporal, e nada m\u00e1is abrir a porta sente que entra nun fogar: a lareira est\u00e1 acendida e a familia agard\u00e1ndoo para cear. Non para outra cousa inventamos os humanos a relixi\u00f3n. Necesitabamos sentir esa calor familiar nun mundo inh\u00f3spito e conxelado de finitude. Facede a proba. Pensade nese crego que dixo que o cancro de Zerolo, o deputado socialista, era un castigo divino por ser homosexual. Credes que rezar lle quenta o coraz\u00f3n? Pensade agora no papa Francisco. Quen son eu para xulgar un homosexual, dixo. <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/01\/lareira.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-2820\" alt=\"lareira\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/01\/lareira-300x224.jpg\" width=\"300\" height=\"224\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/01\/lareira-300x224.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/01\/lareira-1024x767.jpg 1024w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/01\/lareira-900x674.jpg 900w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/01\/lareira.jpg 1067w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>\u00c9 f\u00e1cil imaxinalo falando con Deus ante unha lareira. Por iso me sorprendeu que, despois do atentado yihadista contra a revista Charlie Hebdo, dixera unha frase tan pouco evanx\u00e9lica como esta: \u201cMatar en nome de Deus \u00e9 unha aberraci\u00f3n. Pero tampouco se pode provocar nin insultar a fe dos demais. Se o doutor Gabarri me di unha mala palabra de mi\u00f1a nai, pode agardar un pu\u00f1azo\u201d. Na mi\u00f1a infancia se a algu\u00e9n lle chamaban fillo de puta e non respond\u00eda con ese pu\u00f1azo que o Papa reclama, consider\u00e1bano un covarde, por non defender algo tan sagrado como a nai. Eu tiven que soportar que me chamasen covarde moitas veces. Mi\u00f1a nai quent\u00e1bame o coraz\u00f3n e aqueles insultos eran incapaces de arrefrialo.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Moitos l\u00edderes relixiosos piden hoxe que se prohiba a blasfemia. \u00c9 un vello debate sobre os l\u00edmites da liberdade de expresi\u00f3n en sociedades democr\u00e1ticas. Lin e reflexionei moito sobre o tema, e te\u00f1o certas d\u00fabidas ao respecto, pero creo que o problema real \u00e9 que a eses l\u00edderes (m\u00e1is especialistas en teolox\u00edas varias que en espiritualidade) rezar non lles quenta o coraz\u00f3n. Mi\u00f1a nai sempre me dic\u00eda que, se a quer\u00eda de verdade, non deb\u00eda responder a quen me chamase fillo de puta, a non ser que crese que hab\u00eda algunha posibilidade de que o fose. Ten claro, dic\u00edame, que se pelexas porque te chaman fillo de puta, non est\u00e1s pelexando pola mi\u00f1a reputaci\u00f3n, sen\u00f3n pola t\u00faa. Eses l\u00edderes relixiosos que se irritan por unha caricatura ou pola homosexualidade est\u00e1n loitando m\u00e1is pola s\u00faa reputaci\u00f3n que pola dese Deus que, de seguro, nunca os recibiu na lareira dunha oraci\u00f3n.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>X. Ricardo Losada. Debo reco\u00f1ecer que me decepcionan moitas persoas que se consideran relixiosas. Xa de pequeno, non pod\u00eda comprender como os cregos e algunhas beatas ti\u00f1an tan mal car\u00e1cter, e se pasaban o d\u00eda ameazando co inferno e prohibindo facer cousas. Era como se a algu\u00e9n lle tocase a cot\u00edo a loter\u00eda e vivise &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=2817\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Crentes de sangue fr\u00edo<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,9,26],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/2817"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=2817"}],"version-history":[{"count":2,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/2817\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":2821,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/2817\/revisions\/2821"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=2817"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=2817"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=2817"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}