{"id":2929,"date":"2015-02-15T07:00:10","date_gmt":"2015-02-15T07:00:10","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=2929"},"modified":"2015-02-08T18:37:39","modified_gmt":"2015-02-08T18:37:39","slug":"pedras-de-raio","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=2929","title":{"rendered":"Pedras de raio"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><em><strong><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/01\/Palabras.-Pedras-de-raio.-jpg.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-2931\" alt=\"Palabras. Pedras de raio. jpg\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/01\/Palabras.-Pedras-de-raio.-jpg-300x200.jpg\" width=\"300\" height=\"200\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/01\/Palabras.-Pedras-de-raio.-jpg-300x200.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/01\/Palabras.-Pedras-de-raio.-jpg.jpg 640w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>Xulio Guti\u00e9rrez.\u00a0<\/strong><\/em>A pedra de raio \u00e9 un fermoso prisma de material cristalino que existe na punta dos raios. Cando un raio impacta coa terra, esta punta af\u00fandese ata uns sete palmos de profundidade. Despois, moi devagar, vai aflorando ata chegar \u00e1 superficie, a unha velocidade aproximada de un palmo por ano. Cando, pasados sete anos, a pedra agroma, comeza a actuar atraendo as treboadas ata que outro raio impacta sobre ela. <!--more-->Ent\u00f3n a pedra sit\u00faase na punta do raio e el\u00e9vase ata o alto da nube desde onde, acompa\u00f1ada do estrondo do treb\u00f3n, volve precipitarse con violencia sobre a terra.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Esta curiosa lenda, como tantas outras, trata de explicar un fen\u00f3meno natural que resultaba desacougante para os nosos devanceiros. Hai outras lendas semellantes que atrib\u00faen este episodio a outros minerais de aspecto apuntado, meteoritos, dentes f\u00f3siles de tibur\u00f3n e, incluso, a machados neol\u00edticos.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Hoxe a ciencia explica tanto a natureza dos l\u00f3stregos como a x\u00e9nese mineral con moita m\u00e1is verosimilitude&#8230; \u00e1s veces non desprovista de encanto. Falemos das pedras de raio, como as que se ven na foto, que son moi com\u00fans no Barbanza.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Os cristais son un milagre xeol\u00f3xico. Durante mill\u00f3ns de anos, os min\u00fasculos \u00e1tomos de silicio que danzan no flu\u00eddo incandescente do magma atraen \u00e1tomos de os\u00edxeno para estableceren enlaces fortes con eles. Cada silicio acaba rodeado por catro os\u00edxenos formando un tetraedro perfecto, e cada tetraedro \u00fanese a outros tetraedros para constitu\u00edr unha exquisita peza de artesan\u00eda tel\u00farica. Calquera anomal\u00eda, como unha burbulla de gas, ou calquera impureza, coma un i\u00f3n met\u00e1lico, alterar\u00edan a s\u00faa exquisita transparencia.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A estrutura interna do cristal manif\u00e9stase externamente polas facetas que amosa; desde as espl\u00e9ndidas xeodas da amatista ata as delicadas \u201ccolas de andori\u00f1a\u201d do xeso. A pedra de raio \u00e9 un cristal de cuarzo que adopta a forma dun prisma hexagonal coroado por unha pir\u00e1mide trigonal.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Os plut\u00f3ns gran\u00edticos que forman os alicerces do Barbanza son ricos en cuarzo. E ricos en cuarzo son tam\u00e9n os diques e fil\u00f3ns que entreveran os rochedos, como veas petrificadas de s\u00edlice branca. E, nalg\u00fan pequeno recuncho deste rexo ambiente petroxen\u00e9tico, subst\u00e1ncianse as pequenas marabillas que chamamos cristais de cuarzo.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Non do ceo sen\u00f3n das profundidades da terra proceden as pedras de raio. A\u00ednda que, tras ser extra\u00eddo pola industria mineira e procesado pola industria electr\u00f3nica en chips de silicio, si que eleva ao ceo datos, conversas e imaxes. Os semicondutores de silicio son a base f\u00edsica desta revoluci\u00f3n das comunicaci\u00f3ns que estamos a vivir.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Non \u00e9 dif\u00edcil de entender que moitas persoas queiran ver propiedades esot\u00e9ricas nos cristais. A fascinaci\u00f3n con estas pedras v\u00e9n de lonxe: como amuletos, talism\u00e1ns e transmisores de enerx\u00edas inefables. A maxia da qu\u00edmica, que forma as xemas na natureza, transm\u00fatase en maxia simp\u00e1tica nas mentes febles.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">De feito, cando fixen unha consulta sobre o cuarzo en internet, para redactar este artigo, m\u00e1is da metade das referencias que me apareceron en pantalla ti\u00f1an relaci\u00f3n co esoterismo e menos da cuarta parte coa ciencia.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Xulio Guti\u00e9rrez.\u00a0A pedra de raio \u00e9 un fermoso prisma de material cristalino que existe na punta dos raios. Cando un raio impacta coa terra, esta punta af\u00fandese ata uns sete palmos de profundidade. Despois, moi devagar, vai aflorando ata chegar \u00e1 superficie, a unha velocidade aproximada de un palmo por ano. Cando, pasados sete anos, &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=2929\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Pedras de raio<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[39,48],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/2929"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=2929"}],"version-history":[{"count":2,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/2929\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":2932,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/2929\/revisions\/2932"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=2929"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=2929"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=2929"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}