{"id":2980,"date":"2015-02-13T07:00:29","date_gmt":"2015-02-13T07:00:29","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=2980"},"modified":"2015-02-07T18:15:46","modified_gmt":"2015-02-07T18:15:46","slug":"marineiros-de-retablo-barroco","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=2980","title":{"rendered":"Mari\u00f1eiros de retablo barroco"},"content":{"rendered":"<figure id=\"attachment_2982\" aria-describedby=\"caption-attachment-2982\" style=\"width: 300px\" class=\"wp-caption alignleft\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/02\/xeiteiros-delmi-alvarez.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"size-medium wp-image-2982\" alt=\"Delmi \u00c1lvarez. La voz de Galicia\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/02\/xeiteiros-delmi-alvarez-300x164.jpg\" width=\"300\" height=\"164\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/02\/xeiteiros-delmi-alvarez-300x164.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/02\/xeiteiros-delmi-alvarez.jpg 465w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a><figcaption id=\"caption-attachment-2982\" class=\"wp-caption-text\">Delmi \u00c1lvarez. La voz de Galicia<\/figcaption><\/figure>\n<p style=\"text-align: justify;\"><em><strong>X. Ricardo Losada. <\/strong><\/em>Non recordo quen dic\u00eda que mentres non te\u00f1amos unha masa fiable de cidad\u00e1ns, nunca teremos uns pol\u00edticos fiables, pero \u00e9 o lema que deber\u00eda guiarnos, e non nos gu\u00eda. Por iso observo con preocupaci\u00f3n todos eses movementos cidad\u00e1ns que xurdiron en Europa nos \u00faltimos anos. <!--more-->Lonxe de intentar crear esa masa fiable de cidad\u00e1ns, afondan nunha visi\u00f3n do pobo sectaria, paternalista e idealizadora. O pobo queda \u00e1 marxe de toda responsabilidade pois sempre buscou o ben com\u00fan e <i>tarar\u00ed tarar\u00e1<\/i>. \u00c9 f\u00e1cil desmontar ese sofisma. Os pol\u00edticos ch\u00e1manlle pobo a quen pensa coma eles. Se o pobo se manifesta a favor do aborto, a manifestaci\u00f3n carece de lexitimidade para os que est\u00e1n en contra; e viceversa. Se ese pobo que ten unha sabedor\u00eda milenaria que hai que preservar, vota ao partido contrario, de s\u00fapeto \u00e9 parvo: non sabe o que lle conv\u00e9n\u2026 <i>Joder<\/i>, dir\u00eda un australopithecus, con esa esixencia intelectual, eu ter\u00eda hoxe m\u00e1is posibilidades de chegar a presidente do goberno que o mesm\u00edsimo e tan loado S\u00f3crates (o fil\u00f3sofo grego, por suposto, non o pol\u00edtico hom\u00ednido portugu\u00e9s).<\/p>\n<figure id=\"attachment_2983\" aria-describedby=\"caption-attachment-2983\" style=\"width: 300px\" class=\"wp-caption alignright\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/02\/xeiteiros-faro-de-gigo.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"size-medium wp-image-2983\" alt=\"Faro de Vigo\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/02\/xeiteiros-faro-de-gigo-300x163.jpg\" width=\"300\" height=\"163\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/02\/xeiteiros-faro-de-gigo-300x163.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/02\/xeiteiros-faro-de-gigo.jpg 646w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a><figcaption id=\"caption-attachment-2983\" class=\"wp-caption-text\">Faro de Vigo<\/figcaption><\/figure>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Estes d\u00edas hai unha xust\u00edsima reivindicaci\u00f3n dos xeiteiros de Rianxo fronte \u00e1 Comunidade Europea. Se un escoita as declaraci\u00f3ns de pol\u00edticos e intelectuais, atoparase cunha l\u00edrica idealizaci\u00f3n deses xeiteiros. Pero se un fala cos amigos mari\u00f1eiros de toda a vida, o lirismo desaparece. C\u00f3ntanche historias de corrupci\u00f3n moi similares \u00e1s que hai en todos os sectores produtivos e financeiros, p\u00fablicos e privados, do pa\u00eds. Vender f\u00f3ra da lonxa, di\u00f1eiro negro, pescar en \u00e9pocas de veda, e tama\u00f1os prohibidos, defraudar a Facenda\u2026 Por iso a min non me sorprendeu que moitos mari\u00f1eiros e bateeiros que foron \u00e1 primeira manifestaci\u00f3n do Prestige abandonaran as reivindicaci\u00f3ns en canto recibiron di\u00f1eiro fresco de subvenci\u00f3ns p\u00fablicas. E non me sorprendeu porque tiven toda a vida amigos mari\u00f1eiros e sei que non son nin mellores nin peores que os burgueses. Son seres humanos, con virtudes e defectos que adaptan a unhas circunstancias que, por seren m\u00e1is duras e inxustas, agudizan eses defectos. Como dixo algu\u00e9n, e \u00e9 de sentido com\u00fan, non hai quen pense m\u00e1is nos cartos que os pobres.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Xa que logo, mentres non consigamos esa masa fiable de cidad\u00e1ns que alumear\u00e1 unha nova pol\u00edtica, podo comprender que os pol\u00edticos actuais adopten unha postura paternalista sobre as clases desfavorecidas, sempre que te\u00f1an claro que as\u00ed non van reducir a corrupci\u00f3n. Ao fin e ao cabo, no mundo real, para conseguir que os m\u00e1is d\u00e9biles superen as inxustizas que padecen, hai que loitar coas armas m\u00e1is eficaces, que non adoitan ser as \u00e9ticas. Pero nunca comprenderei que os intelectuais caian nese xogo. Se un intelectual ten algunha raz\u00f3n de ser \u00e9 a de axudar a crear unha masa fiable de cidad\u00e1ns, e a \u00fanica forma de conseguilo non \u00e9 dourarlles a p\u00edlula con l\u00edricos ep\u00edtetos, sen\u00f3n enfrontalos \u00e1 s\u00faa verdadeira identidade, sexa a que sexa. <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/02\/xeiteiros-3.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-2984\" alt=\"OLYMPUS DIGITAL CAMERA\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/02\/xeiteiros-3-300x156.jpg\" width=\"300\" height=\"156\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/02\/xeiteiros-3-300x156.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/02\/xeiteiros-3.jpg 590w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>T\u00e9deo claro. Cando algu\u00e9n idealiza o pobo non \u00e9 porque o ame sen\u00f3n porque quere que o pobo o ame a el, en forma de votos ou de compra de libros. Eu mesmo, se buscase aplausos f\u00e1ciles, en vez de escribir este artigo, escribir\u00eda outro, cheo de pirotecnia ecol\u00f3xica, sobre a mi\u00f1a experiencia no xeito. Fun pescar varias veces no barco de Pancho, un dos meus mellores amigos, que morreu no naufraxio do Zafir e que a\u00ednda segue no fondo do Mar X\u00f3nico. Imaxinade o partido po\u00e9tico que lle pod\u00eda sacar. Pero, por amor a Pancho, direi a verdade. Eu e outros amigos iamos ao xeito no seu barco \u00e1 abarrotada praia de Tanxil para que algunhas <i>burguesitas <\/i>madrile\u00f1as, \u00e1vidas de experiencias xenu\u00ednas cun pobo idealizado pola Transici\u00f3n, nos pedisen pescar con n\u00f3s. E n\u00f3s, m\u00e1is que sardi\u00f1as, pescab\u00e1molas a elas.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>X. Ricardo Losada. Non recordo quen dic\u00eda que mentres non te\u00f1amos unha masa fiable de cidad\u00e1ns, nunca teremos uns pol\u00edticos fiables, pero \u00e9 o lema que deber\u00eda guiarnos, e non nos gu\u00eda. Por iso observo con preocupaci\u00f3n todos eses movementos cidad\u00e1ns que xurdiron en Europa nos \u00faltimos anos.<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,9,26],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/2980"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=2980"}],"version-history":[{"count":2,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/2980\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":2985,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/2980\/revisions\/2985"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=2980"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=2980"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=2980"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}