{"id":2986,"date":"2015-02-17T07:00:43","date_gmt":"2015-02-17T07:00:43","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=2986"},"modified":"2015-02-09T16:48:11","modified_gmt":"2015-02-09T16:48:11","slug":"a-sorte-necesaria","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=2986","title":{"rendered":"A sorna necesaria"},"content":{"rendered":"<p itemprop=\"text\" style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/02\/a-sorte-necesaria.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-2987\" alt=\"a sorte necesaria\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/02\/a-sorte-necesaria-300x225.jpg\" width=\"300\" height=\"225\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/02\/a-sorte-necesaria-300x225.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/02\/a-sorte-necesaria-1024x768.jpg 1024w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/02\/a-sorte-necesaria-900x675.jpg 900w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/02\/a-sorte-necesaria.jpg 1600w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a><em><strong>Francisco Ant. Vidal Blanco.\u00a0<\/strong><\/em>A sorna \u00e9 un escudo contra a impotencia, \u00e9 unha arma defensiva contra o insulto, un paraugas contra a chuvia de abusos que nos asola, unha risa contra a burla, unha evasi\u00f3n contra a desesperaci\u00f3n, e se non fose pola sorna o mundo ser\u00eda inhabitable. Mais se ben \u00e9 certo que a sorna non soluciona os problemas, alomenos fainos m\u00e1is levadei-ros. Por iso \u00e9 tan com\u00fan entre os lectores de peri\u00f3dicos mirar o chiste antes c\u00e1 portada.<!--more--><\/p>\n<p itemprop=\"text\" style=\"text-align: justify;\">Xulio asegura que a sorna tivo que nacer xusto despois de que Ad\u00e1n e Eva fosen expulsados do para\u00edso, e cando por fin quedaron sos, rodeados de feras e campos sen cultivar, mentres o anxo marchaba e a luz da flam\u00edxera espada se apagaba, inventaron o primeiro chiste verde: \u00abE como imos facer agora a escuras, meu home. Apalparnos, muller, apalparnos\u00bb.<\/p>\n<p itemprop=\"text\" style=\"text-align: justify;\">Lembraba estoutro d\u00eda unha exposici\u00f3n de Xaqu\u00edn Mar\u00edn, al\u00f3 polo ano setenta e seis, m\u00e1is ou menos, en que o artista debuxaba unha r\u00faa con distintos negocios, eran simples bares, mercer\u00edas ou carnicer\u00edas a quen os donos lles puxeran o nome de cidades estranxeiras, evocando con el o do lugar onde o propietario ga\u00f1ou os cartos para montalo. A\u00ednda antonte, na mi\u00f1a r\u00faa, un paisano que estivo vinte anos de estibador en Amberes abriu un \u00abbar Antwerp\u00bb. Hai un par de anos volv\u00edn a ver aquel debuxo no museo do humor de Fene e segue estando de actualidade. E evidentemente, por moi fermoso que sexa o debuxo, aquilo non era un chiste, era unha lecci\u00f3n de econom\u00eda que non demos aprendido despois de case corenta anos, unha lecci\u00f3n de econom\u00eda tan rotunda como aquela de Castelao: \u00abDi m\u00e1is da fame dun ano un h\u00f3rreo que deixa pasar a luz do sol a trav\u00e9s das s\u00faas rega\u00f1as c\u00e1 todas as an\u00e1lises e tratados de econom\u00eda que se fagan\u00bb. E traio este asunto a estas li\u00f1as, porque acabo de repasar as antol\u00f3xicas de varios humoristas, e rematei coa comisura dos beizos para arriba e a alma polo chan.<\/p>\n<p itemprop=\"text\" style=\"text-align: justify;\">Claro que a sorna, a\u00ednda que leve nome galego, non \u00e9 exclusivamente nosa, e se non que llo digan \u00f3 Quino de Mafalda, pero tam\u00e9n \u00e9 a \u00fanica cousa que nos permite descansar e po\u00f1er distancia cos golpes do d\u00eda a d\u00eda, \u00e9 a que nos abre os ollos cun aloumi\u00f1o, sobre todo neste ano electoral cando os distintos l\u00edderes, entre arroutada e arroutada, estean no poder ou na oposici\u00f3n, prometen o imposible e semellan xogar con n\u00f3s \u00e1s quedas, e como non sabemos onde agochan as intenci\u00f3ns temos que botar unha risa, resignados a que con ela entendan que co\u00f1ecemos o refr\u00e1n aquel de prometer e non dar.<\/p>\n<p itemprop=\"text\" style=\"text-align: justify;\">Entre as distintas maneiras de afrontar a realidade con sorna, ch\u00e9game a proposta de facer un deses cadernos inform\u00e1ticos onde se recollan as noticias de cada d\u00eda coa intenci\u00f3n de sacarlle unha risa \u00f3 persoal. A verdade \u00e9 que iso non \u00e9 novo, xa se fai na televisi\u00f3n e na radio, pero a simple idea de querer facelo xa denota a necesidade que temos de resignarnos e converter en chiste a dura realidade, as frases solemnes, os discursos baleiros, as promesas imposibles, os decretos de cada venres, as inauguraci\u00f3ns de grandes obras e as ofertas de para\u00edsos perdidos. O malo \u00e9 que nesta posible antolox\u00eda do chiste coti\u00e1, son tantas as noticias a recortar que, para non gafar as tesoiras, ser\u00e1 mellor gardar o xornal enteiro. Tanto \u00e9 as\u00ed, que ata o prometedor m\u00e1is serio do parlamento nos arrinca un sorriso, e non precisamente por simp\u00e1tico, sen\u00f3n como argucia defensiva contra a rabia.<\/p>\n<p itemprop=\"text\" style=\"text-align: justify;\">En fin, que como Xulio di, se por el fose, proclamar\u00eda a sorna como ben social, e en vez dun voceiro do goberno crear\u00eda a figura do ministro de gracia e desconsolo, polo menos, entre risa e risa saber\u00edamos a que aternos.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Francisco Ant. Vidal Blanco.\u00a0A sorna \u00e9 un escudo contra a impotencia, \u00e9 unha arma defensiva contra o insulto, un paraugas contra a chuvia de abusos que nos asola, unha risa contra a burla, unha evasi\u00f3n contra a desesperaci\u00f3n, e se non fose pola sorna o mundo ser\u00eda inhabitable. Mais se ben \u00e9 certo que a &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=2986\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">A sorna necesaria<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,52,9],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/2986"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=2986"}],"version-history":[{"count":2,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/2986\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":2993,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/2986\/revisions\/2993"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=2986"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=2986"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=2986"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}