{"id":3040,"date":"2015-02-18T07:00:06","date_gmt":"2015-02-18T07:00:06","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=3040"},"modified":"2015-02-18T08:43:15","modified_gmt":"2015-02-18T08:43:15","slug":"chafariz-na-poesia-de-xabier-l-marques","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=3040","title":{"rendered":"Chafariz. Na poes\u00eda de Xabier L. Marqu\u00e9s"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><em><strong><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/02\/chafariz.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-3041\" style=\"border: 1px solid black;\" alt=\"???????????????????????????????\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/02\/chafariz-258x300.jpg\" width=\"258\" height=\"300\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/02\/chafariz-258x300.jpg 258w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/02\/chafariz-882x1024.jpg 882w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/02\/chafariz-900x1044.jpg 900w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/02\/chafariz.jpg 2025w\" sizes=\"(max-width: 258px) 100vw, 258px\" \/><\/a>Antonio Pi\u00f1eiro. <\/strong><\/em>Sobrepasar o cometido da escrita para abrir, quizais, a vent\u00e1 a algures. A vent\u00e1 universal, a paisaxe visible, audible e multidimensionalizada no pensamento po\u00e9tico. Transmutar a palabra en vent\u00e1 ou en paisaxe. Transcender o significado. Musicalizar o nome, o substantivo. Todos eles semellan lugares com\u00fans da poes\u00eda que, sen embargo, Xabier L\u00f3pez Marqu\u00e9s, escolle non por iso, ou malia iso, senon por naturais. E non estamos a falar do axiom\u00e1tico. A poes\u00eda non ten axiomas, porque \u00e9 unha m\u00edstica. Xabier gusta moito, tam\u00e9n, de tomar e falar dos poetas m\u00edsticos. <!--more-->Xabier est\u00e1 nesa m\u00edstica das cousas e os espazos-tempo a trav\u00e9s da s\u00faa vent\u00e1 e dos seus nomes. Xes\u00fas La\u00ed\u00f1o, opinando del, xa mencionara aquilo de Dylan: <i>Man gave name<\/i>, etc\u00e9tera. Alg\u00fan compa\u00f1eiro dixo tam\u00e9n que a poes\u00eda de Xabier non se le; insp\u00edrase e exp\u00edrase. Coma unha airexa, unha fumarada ou unha br\u00e9tema do instante. Tanto d\u00e1 nunha clausula ou nunha palabra. Quizais, si, pola fumarada ou polo nome, pola palabra coa que o home designa, comeza a nacer a Poes\u00eda. Quizais queira Xabier chegar tam\u00e9n as\u00ed \u00e1 s\u00faa s\u00edntese. Nome-voz. Nome-condici\u00f3n. Nome no baleiro ou nome na vent\u00e1 do texto. O mundo est\u00e1 feito de cousas. De nomes. Ser\u00eda ese pan-misticismo. O do cami\u00f1ante. O do ser abraiado diante do que pasa. Iso que reco\u00f1ecemos como tan propio da filosof\u00eda e da l\u00edrica orientais. Sen esquecer que tam\u00e9n o poema \u00e9 un obxecto e, polo tanto, un tanxible. Que tam\u00e9n hai unha m\u00edstica dos obxectos (Ras do canteiro, nobelo da luz, pinga da ma\u00f1\u00e1, l\u00faa no ich\u00f3, galdropa) e dos espazos-tempo (revolta, solpor, carreiro, horizonte) sobre os que caen as palabras nun estado gasoso, xelatinoso ou requecente, as s\u00faas palabras -non as palabras cart\u00f3n, as palabras estada, os substantivos, conxunci\u00f3ns ou adxectivos, sen\u00f3n ese cadullo das papilas ou os bastonci\u00f1os receptores do singular organismo po\u00e9tico que \u00e9 Xabier L. Marqu\u00e9s-.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><i>Chafariz<\/i> \u00e9 a contemplaci\u00f3n do que pasa dende o que est\u00e1: un paxaro, un recanto, unha almofada de herba, o resollo dun mari\u00f1eiro, un cascabello, mesmo un caruncho. Forma ou bosquexo sem\u00e1ntico diante do que, \u00e1s veces, non podemos adoptar m\u00e1is ca esa mesma actitude visualista, coma se estiv\u00e9semos diante dun gran caligrama. Porque en Xabier, mesmo as conversas son un caligrama. Agarda, entra, fl\u00fae, detense, p\u00e1rase nunha cor, nunha cousa, nas s\u00faas ductilidades -el emprega moito o de visguento-, e pronuncia a imaxe coma se lle agromase nunha soa palabra, nesa sorte de escrita-conversa xamais domesticada, xamais quencida, na que a simbiose m\u00edstica do obxecto cos espazos-tempo dev\u00e9n nun debuxo ou nunha sonoridade da contemplaci\u00f3n.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/02\/xabier-lopez.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-full wp-image-3044\" alt=\"xabier lopez\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/02\/xabier-lopez.jpg\" width=\"259\" height=\"194\" \/><\/a>A de Xabier non \u00e9 unha poes\u00eda discursiva, sen\u00f3n gr\u00e1fica, ic\u00f3nica, aleg\u00f3rica, obxectual, fon\u00e9tica, na que o ar -o seu son- pode ollarse e un nome pode ulirse ou apalparse polo sabio uso da econom\u00eda do verso. A de <i>Chafariz<\/i>, a de Xabier, \u00e9 unha l\u00edrica do cismar, na que a palabra, cada palabra, \u00e9 o latexo sensible do pensamento, unha mulime do pensamento da que agroma esa est\u00e9tica s\u00faa, resoante de trilo, de folla ca\u00edda ou de mar batente, onde unha illa do mediterr\u00e1neo v\u00e9n ser unha landra, a man un ich\u00f3 da l\u00faa, ou o l\u00f3strego un cicel.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><i>Chafariz<\/i> apareceu en Ribeira, outono do dous mil catorce, nunha edici\u00f3n limitada e artesanal, de Bourel, cunha capa branca que ven ser o branco, ela mesma, da luz tras esa vent\u00e1 ou esa soleira aleg\u00f3rica que Xabier sempre anda a abrir.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Antonio Pi\u00f1eiro. Sobrepasar o cometido da escrita para abrir, quizais, a vent\u00e1 a algures. A vent\u00e1 universal, a paisaxe visible, audible e multidimensionalizada no pensamento po\u00e9tico. Transmutar a palabra en vent\u00e1 ou en paisaxe. Transcender o significado. Musicalizar o nome, o substantivo. Todos eles semellan lugares com\u00fans da poes\u00eda que, sen embargo, Xabier L\u00f3pez Marqu\u00e9s, &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=3040\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Chafariz. Na poes\u00eda de Xabier L. Marqu\u00e9s<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[35,10],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/3040"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=3040"}],"version-history":[{"count":3,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/3040\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":3046,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/3040\/revisions\/3046"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=3040"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=3040"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=3040"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}