{"id":3125,"date":"2015-03-15T07:00:32","date_gmt":"2015-03-15T07:00:32","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=3125"},"modified":"2015-03-11T17:13:40","modified_gmt":"2015-03-11T17:13:40","slug":"o-poder-real","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=3125","title":{"rendered":"O poder real"},"content":{"rendered":"<p itemprop=\"text\" style=\"text-align: justify;\"><em><strong><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/03\/poder-real.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-3139\" alt=\"poder real\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/03\/poder-real-300x225.jpg\" width=\"300\" height=\"225\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/03\/poder-real-300x225.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/03\/poder-real-1024x768.jpg 1024w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/03\/poder-real-900x675.jpg 900w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/03\/poder-real.jpg 1600w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>Francisco Ant. Vidal Blanco.\u00a0<\/strong><\/em>Certo que moitas veces coa sobre informaci\u00f3n ch\u00e9gannos noticias que nos custa crer e temos que tomalas como argucia do dia\u00f1o que s\u00f3 os benfeitores gobernantes ou o tempo que todo o cura poder\u00e1n remediar. E con esa sobredose de informaci\u00f3n ve\u00f1en acusaci\u00f3ns e remedios preventivos, apocalipses, x\u00e9neses e \u00e9xodos que deixan a uns por mentireiros e a outros por salvadores mentres os de a p\u00e9 sofren as consecuencias.<!--more--><\/p>\n<p itemprop=\"text\" style=\"text-align: justify;\">Esta semana, para amosarme o mal que nos informamos a pesar de tanta informaci\u00f3n que nos rodea e nos obriga a seleccionar as noticias, un amigo sindicalista acaba de po\u00f1erme en alerta cunha pregunta que non agardaba, se eu creo no parlamento. E si, claro que creo, porque, a\u00ednda que os medios nos criban a diario coas barbaridades cometidas con luva branca, o parlamento \u00e9 o \u00fanico sitio en que se regula \u00f3 gusto da maior\u00eda, ou polo menos da maior\u00eda que sa\u00edu elixida das urnas, g\u00fastenos ou non. E a\u00ednda insiste, se penso que \u00e9 o parlamento quen manda, e ent\u00f3n claro que non, que xa sabemos todos iso dos poderes f\u00e1cticos, e que os cartos son os que mandan, que xa o dixo Quevedo, con aquilo do poderoso cabaleiro e o arcipreste de Hita con aqueloutro do perd\u00f3n dos pecados \u00e1 conta dunha esmola, e a ningu\u00e9n se lle escapa unha verdade tan grande. E por saber tam\u00e9n sabemos que con cheques de procedencia secreta, que non an\u00f3nima, fin\u00e1ncianse campa\u00f1as e m\u00e9rcanse votos e deputados.<\/p>\n<p itemprop=\"text\" style=\"text-align: justify;\">E a partir da\u00ed xa me conta algo que custa crer a\u00ednda que entra no que todos, sen ver, cremos con fe cega que pode suceder e sucede, tal \u00e9 un acordo que est\u00e1n negociando as grandes empresas de Am\u00e9rica do Norte e Europa para facilitar a libre mercador\u00eda dos seus produtos sen o control dos estados, algo que se algunha vez apareceu na prensa foi con letra pequena, con eufemismos que lle quitan importancia, ou nalg\u00fan lugar que pasa desapercibido, tal a esquina en que acostumamos a po\u00f1er o dedo gordo cando collemos o peri\u00f3dico. Por outra banda, iso de que as multinacionais aconsellen e provoquen, xa se sabe que se fai incluso co benepl\u00e1cito dos estados. E a\u00ednda que isto que me conta semella o argumento dunha pel\u00edcula de esp\u00edas, desas nas que un arroutado pon patas arriba todos os dereitos habidos e por haber, o certo \u00e9 que se est\u00e1n creando entre as mesmas multinacionais os tribunais privados de arbitraxe, co que en Europa, onde a d\u00eda de hoxe s\u00f3 hai un elemento transx\u00e9nico permitido, poder\u00e1n entrar os m\u00e1is de 160 que se permiten en USA, as\u00ed como as hormonas de engorde do gando, os pesticidas ou os tratamentos artificiais para modificar a aparencia dos produtos sen m\u00e1is control co que eles marquen.<\/p>\n<p itemprop=\"text\" style=\"text-align: justify;\">O meu amigo ve nestes tratados tan pouco publicitados, agochados baixo as siglas TTIP, a negra man do Doctor No, eliminando dun golpe os dereitos sociais, a sanidade p\u00fablica, a seguridade alimenticia e ata os dereitos sociais, tratando de monopolio \u00f3s hospitais e \u00f3s colexios p\u00fablicos, por atentar contra a liberdade do libre comercio de m\u00e9dicos e mestres, e acusando \u00f3s sindicatos de frear o crecemento econ\u00f3mico coas s\u00faas folgas e protestas. E asegura -este alarmado amigo- que non tardaremos en ver o ataque \u00f3 que demos en chamar Estado de Benestar, cada vez xa m\u00e1is diminu\u00eddo, con promesas de baixada de impostos inclu\u00edda, co \u00fanico fin de que os parlamentos acepten e acaten as normas impostas por este acordo transatl\u00e1ntico entre magnates da industria, que pretende impo\u00f1er as s\u00faas leis comerciais, baseadas nos dous mandamentos do liberalismo agresivo: producir sen taxa e consumir sen pausa.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Francisco Ant. Vidal Blanco.\u00a0Certo que moitas veces coa sobre informaci\u00f3n ch\u00e9gannos noticias que nos custa crer e temos que tomalas como argucia do dia\u00f1o que s\u00f3 os benfeitores gobernantes ou o tempo que todo o cura poder\u00e1n remediar. E con esa sobredose de informaci\u00f3n ve\u00f1en acusaci\u00f3ns e remedios preventivos, apocalipses, x\u00e9neses e \u00e9xodos que deixan &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=3125\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">O poder real<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,52,9],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/3125"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=3125"}],"version-history":[{"count":2,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/3125\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":3140,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/3125\/revisions\/3140"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=3125"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=3125"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=3125"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}