{"id":3581,"date":"2015-06-09T06:00:18","date_gmt":"2015-06-09T06:00:18","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=3581"},"modified":"2015-06-04T22:50:33","modified_gmt":"2015-06-04T22:50:33","slug":"alta-tecnoloxia","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=3581","title":{"rendered":"Alta tecnolox\u00eda"},"content":{"rendered":"<p itemprop=\"text\" style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/05\/alta.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"size-medium wp-image-3582 alignleft\" alt=\"alta\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/05\/alta-300x225.jpg\" width=\"300\" height=\"225\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/05\/alta-300x225.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/05\/alta-1024x768.jpg 1024w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/05\/alta-900x675.jpg 900w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/05\/alta.jpg 1600w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a><em><strong>Francisco Ant. Vidal Blanco.\u00a0<\/strong><\/em>A tecnolox\u00eda forma parte de n\u00f3s ata tal punto que hoxe en d\u00eda o analfabetismo non se mide por non saber escribir unha palabra \u00f3 dereito, sen\u00f3n por non saber pulsar as teclas. E as\u00ed, persoas que son incapaces de facer unha redacci\u00f3n de dez li\u00f1as, manexan os aparellos electr\u00f3nicos cunha destreza de prestidixitador. <!--more-->Xa queda lonxe aquel profesor que tiven na escola primaria, quen nos animaba coa gram\u00e1tica fal\u00e1ndonos dunha co\u00f1ecida que quedou solteira por cometer faltas de ortograf\u00eda, e os mozos \u00f3s que aspiraba a tomaron por inculta. Esta semana pasada un amigo criticoume a unha compa\u00f1eira de profesi\u00f3n por equivocarse no uso dunha das funci\u00f3ns do Moodle, unha ferramenta inform\u00e1tica moi usada nas aulas. As\u00ed pois, o analfabetismo de hoxe non \u00e9 escribir mensaxes con medias palabras, sen\u00f3n non distinguir entre a ROM e a RAM.<\/p>\n<p itemprop=\"text\" style=\"text-align: justify;\">A tecnolox\u00eda \u00e9 tan parte de n\u00f3s que eu mesmo me escandalicei cando un alcalde en funci\u00f3ns asegurou en plena campa\u00f1a que se negaba a usar o m\u00f3bil e as tarxetas de creto porque \u00e9 a maneira que o mundo capitalista ten de controlarnos. Escandaliceime \u00f3 saber que non usaba nin m\u00f3bil nin tarxetas de creto nos tempos que corren, non pola raz\u00f3n que d\u00e1, pois curiosamente, xa hai uns anos, cando se empezaron a popularizar os tel\u00e9fonos de peto, un arquitecto chegou a dicirme no seu despacho que eses aparellos s\u00f3 eran bos para ter controlados \u00f3s pe\u00f3ns albaneis.<\/p>\n<p itemprop=\"text\" style=\"text-align: justify;\">O certo \u00e9 que estas desafortunadas opini\u00f3ns, que aceptamos cun amplo sorriso, non van tan descami\u00f1adas. Os da mi\u00f1a casa, os meus amigos, os meus clientes e os meus prestamistas, sempre saben onde estou e nunca te\u00f1o desculpa para non atender unha chamada porque cada d\u00eda estes aparellos son m\u00e1is acus\u00f3ns. E se non \u00e9 polo m\u00f3bil \u00e9 polo Email, polo Facebook ou polo Twiter.<\/p>\n<p itemprop=\"text\" style=\"text-align: justify;\">A tecnolox\u00eda est\u00e1 en todo e \u00e9 todo, como a Negra Sombra, ata coutar a liberdade. E as\u00ed como nos c\u00e1rceres, para alixeirar persoal, deron en po\u00f1erlles unha correa electr\u00f3nica no nocello dos presos con permiso para avisar por onde andan, n\u00f3s levamos o localizador no peto e a\u00ednda presumimos del. N\u00f3s aprendemos das pel\u00edculas americanas que a proliferaci\u00f3n de c\u00e1maras en todos os comercios e esquinas ax\u00fadalle \u00f3s polis a atopar \u00f3s maleantes, pero tam\u00e9n que non lle podes dar un bico a quen che acompa\u00f1e, ou mercar libremente na farmacia que axi\u00f1a corre a noticia polo barrio. Por non poder non podes nin pinchar na autov\u00eda onde non hai un quil\u00f3metro libre de c\u00e1maras. E se de dereito \u00e1 intimidade falamos, \u00bfcantas fotos que ti\u00f1amos relegadas \u00f3 esquecemento non aparecen nas redes sociais sen o noso permiso?. \u00bfE cantas veces o tal dereito e a presunci\u00f3n de inocencia non \u00e9 violado polas p\u00e1xinas de acceso libre a ministerios como o de Facenda ou o de Interior? S\u00f3 hai que po\u00f1er o nome dun veci\u00f1o en Google que axi\u00f1a aparecen ata as multas de tr\u00e1fico<\/p>\n<p itemprop=\"text\" style=\"text-align: justify;\">Mais o cume dos desprop\u00f3sitos cont\u00e1ronmo estoutro d\u00eda, cando o xefe dun amigo sab\u00eda a onde fora na fin de semana, grazas a que os novos coches da empresa te\u00f1en un chint\u00f3fono instalado para controlar o seu desprazamento e localizaci\u00f3n en cada momento, sen que tal condici\u00f3n figure en ning\u00fan contracto. Por iso, a\u00ednda que sexamos adictos e dependentes das novas tecnolox\u00edas, est\u00e1n tan de moda as escapadas \u00f3s para\u00edsos de todo tipo, para que non che vexan nin che controlen durante sete ou oito d\u00edas.<\/p>\n<p itemprop=\"text\" style=\"text-align: justify;\">Semella que Orwell quedou corto cos seus progn\u00f3sticos de futuro, e iso que a\u00ednda non se popularizaron os chips intracut\u00e1neos, coma os que lles po\u00f1en \u00f3s cans para saber de quen son ou se te\u00f1en a rabia.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Francisco Ant. Vidal Blanco.\u00a0A tecnolox\u00eda forma parte de n\u00f3s ata tal punto que hoxe en d\u00eda o analfabetismo non se mide por non saber escribir unha palabra \u00f3 dereito, sen\u00f3n por non saber pulsar as teclas. E as\u00ed, persoas que son incapaces de facer unha redacci\u00f3n de dez li\u00f1as, manexan os aparellos electr\u00f3nicos cunha destreza &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=3581\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Alta tecnolox\u00eda<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,52,9],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/3581"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=3581"}],"version-history":[{"count":2,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/3581\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":3620,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/3581\/revisions\/3620"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=3581"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=3581"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=3581"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}