{"id":3588,"date":"2015-06-04T06:00:27","date_gmt":"2015-06-04T06:00:27","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=3588"},"modified":"2015-06-18T06:44:15","modified_gmt":"2015-06-18T06:44:15","slug":"a-xuventude-da-vellez-ii","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=3588","title":{"rendered":"A xuventude da vellez (II)"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><em><strong><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/06\/idiomas.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-full wp-image-3590\" alt=\"idiomas\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/06\/idiomas.jpg\" width=\"273\" height=\"184\" \/><\/a>X. Ricardo Losada.\u00a0<\/strong><\/em>Nun artigo <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=3536\">anterior <\/a>anterior\u00a0transcrib\u00edn as palabras que lle dixen aos alumnos de 2\u00ba de Bacharelato do meu instituto na s\u00faa gradaci\u00f3n. Explic\u00e1balles que os profesores mentimos moito sobre a importancia das nosas materias e, como s\u00f3 ti\u00f1a cinco minutos, cinguinme \u00e1s Matem\u00e1ticas e a Historia. Te\u00f1o previsto abordar en varios artigos que lles dir\u00eda das demais materias, e hoxe t\u00f3calle ao Ingl\u00e9s:<!--more--><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Vouvos contar que me pasou co Ingl\u00e9s. Cando eu era mozo tatexaba, en castel\u00e1n (a mi\u00f1a lingua materna e escolar) e en galego (a mi\u00f1a lingua social). Foi marabilloso descubrir que lendo en ingl\u00e9s pas\u00e1bame o mesmo que cantando. Non tatexaba nada. En ningunha clase me ofrec\u00eda para ler ou falar (era moi t\u00edmido), pero en Ingl\u00e9s era o primeiro en levantar a man. Iso \u00e9 para o que, de verdade, serven as linguas estranxeiras. Non debedes aprendelas, como din os vosos profesores, para wasapear con polacos ou chineses, para viaxar mundo adiante, para conseguir choio na City londinense ou para ler a Shakespeare na s\u00faa lingua propia, sen\u00f3n para algo moito m\u00e1is fascinante: descubrir as m\u00faltiples personalidades que tedes, e ver o mundo con outros ollos. Cantas m\u00e1is linguas faledes e amedes, cantas m\u00e1is sintades como propias, mellor, m\u00e1is vos co\u00f1eceredes a v\u00f3s mesmos, a\u00ednda que sempre haber\u00e1 unha que prefira o voso pensamento (e non o voso coraz\u00f3n, como din moitos profesores). Se cando falades unha lingua estranxeira seguedes sendo os mesmos impresentables que cando falades a vosa lingua materna, perdestes o tempo e os cartos por moito certificado Oxford ou Cambrigde que te\u00f1ades. Coincido totalmente con aquela criada mexicana que, cando alg\u00fan estranxeiro visitaba a casa do amo, dic\u00eda: \u201cA los extranjeros no se les entiende nada aunque hablen un espa\u00f1ol correcto\u201d. As\u00ed \u00e9, xa que falaban o espa\u00f1ol coa s\u00faa personalidade de sempre. Por se non me explico, permitide unha analox\u00eda. Un pai e un fillo discuten sobre a paga semanal. Ao pai 10 euros par\u00e9cenlle moit\u00edsimo e ao fillo unha miseria. Pasan unha hora discutindo, e acaban enfadados.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"size-medium wp-image-3591 alignleft\" style=\"line-height: 19.2000007629395px; font-size: 16px;\" alt=\"ligar\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/06\/ligar-300x168.jpg\" width=\"300\" height=\"168\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/06\/ligar-300x168.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/06\/ligar.jpg 853w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Todos coincidiriamos en que, a\u00ednda que non chegaran a un acordo, tiveron unha conversa. Pois non \u00e9 as\u00ed, pois falaron idiomas diferentes. Cando, po\u00f1o por caso, dic\u00edan a palabra <i>euros,<\/i> usaban o mesmo significante, pero con significado distinto. Para o pai, <i>euros <\/i>significa traballo, esforzo, aforro, seguridade, futuro; para o fillo, ocio, diversi\u00f3n, prodigalidade, poder e vivir o momento. Imposible que se entendesen. Para entenderse, ter\u00edan que p\u00f3rse de acordo no significado das palabras, \u00e9 dicir, ter\u00edan que abandonar a s\u00faa personalidade de sempre. Unha noite de hai moitos anos, na discoteca Regata, en Tanxil, present\u00e1ronme a unha inglesa. Eu ti\u00f1a 17 anos e gust\u00e1bame bastante o <i>ligoteo<\/i>. Ela non falaba case nada de espa\u00f1ol, pero compens\u00e1bao sendo moi guapa. Non recordo por que, quedamos a soas e, sen saber que dicirlle, t\u00edmido como era, nin ela que dicirme a min (tam\u00e9n era moi cortada), acordeime que o fil\u00f3sofo que me estaban explicando en clase, un tal Nietzsche, acostumaba declararse \u00e1s mulleres nada m\u00e1is co\u00f1ecelas. Decidido a facer a mi\u00f1a primeira pr\u00e1ctica de Filosof\u00eda, d\u00edxenlle a aquela inglesa <i>I love you, <\/i>cunha seguridade en min mesmo que ata a min me sorprendeu. Non bebera nada e, sen est\u00edmulo et\u00edlico, eu era o tipo m\u00e1is apoucado do mundo. Hoxe estou seguro que, se aquela noite lle dixera <i>I love you<\/i> coa mi\u00f1a timidez habitual, nunca acabar\u00eda o\u00edndo aquel <i>Yo amarrr tu, <\/i>que a\u00ednda hoxe \u00e9 a \u00fanica declaraci\u00f3n de amor que me fixo unha x\u00e9lida inglesa de s\u00fapeto transmutada en ardente latina.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>X. Ricardo Losada.\u00a0Nun artigo anterior anterior\u00a0transcrib\u00edn as palabras que lle dixen aos alumnos de 2\u00ba de Bacharelato do meu instituto na s\u00faa gradaci\u00f3n. Explic\u00e1balles que os profesores mentimos moito sobre a importancia das nosas materias e, como s\u00f3 ti\u00f1a cinco minutos, cinguinme \u00e1s Matem\u00e1ticas e a Historia. Te\u00f1o previsto abordar en varios artigos que lles &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=3588\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">A xuventude da vellez (II)<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,9,26],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/3588"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=3588"}],"version-history":[{"count":4,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/3588\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":4849,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/3588\/revisions\/4849"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=3588"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=3588"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=3588"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}