{"id":3666,"date":"2015-06-20T06:00:10","date_gmt":"2015-06-20T06:00:10","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=3666"},"modified":"2015-06-19T10:22:33","modified_gmt":"2015-06-19T10:22:33","slug":"o-cancino-da-nena","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=3666","title":{"rendered":"O canci\u00f1o da nena"},"content":{"rendered":"<p itemprop=\"text\" style=\"text-align: justify;\"><em><strong><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/06\/can.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"size-medium wp-image-3667 alignright\" alt=\"can\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/06\/can-300x300.jpg\" width=\"300\" height=\"300\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/06\/can-300x300.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/06\/can-150x150.jpg 150w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/06\/can-1024x1024.jpg 1024w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/06\/can-144x144.jpg 144w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/06\/can-900x900.jpg 900w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/06\/can.jpg 1600w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>Francisco Ant. Vidal Blanco.\u00a0<\/strong><\/em>Lauri\u00f1a quer\u00eda un canci\u00f1o e tivo un canci\u00f1o. Os pais, conscientes da carga que \u00e9 un animal nun piso merc\u00e1ronlle un canci\u00f1o peluche a pilas, que andaba para diante e para atr\u00e1s e ata bouraba, pero a nena quer\u00eda un canci\u00f1o de verdade, e subornando \u00f3s pais con suspender o curso, e temendo eles que a caprichosa nena fose cumprir a ameaza selaron o acordo de regalarlle un canci\u00f1o se aprobaba, e cumpriron a palabra ambas as d\u00faas partes. A nena aprobou todo e os pais troux\u00e9ronlle a\u00a0<i>Nice<\/i>, pronunciado \u00abnaisi\u00bb.<!--more--> Un can de verdade, pero tan peludo que m\u00e1is parece un peluche ca o garda de ning\u00fan recinto.<\/p>\n<p itemprop=\"text\" style=\"text-align: justify;\">Agora todos contentos. A\u00ednda que como o av\u00f3 da nena dixo durante a comida, nese trato hab\u00eda chantaxe de parte a parte, pois a nena est\u00e1 obrigada a aprobar ou a po\u00f1er todo da s\u00faa parte para facelo, ese e non outro \u00e9 o seu deber e obrigaci\u00f3n, e a dos pais facilitarlle os medios para alcanzar tal logro sen permitir caprichos nin extorsi\u00f3ns. E como sempre que se din as verdades \u00e1 cara, o vello foi mal mirado e tachado de chocho, que non entende das cousas da vida.<\/p>\n<p itemprop=\"text\" style=\"text-align: justify;\">Xa co canci\u00f1o a nena foi feliz. Sac\u00e1bao a pasear tres ou catro veces \u00f3 d\u00eda, e as s\u00faas amigas compet\u00edan entre si por ser as donas da correa, mercando tal posesi\u00f3n con promesas de todo tipo e ata con subornos impensables. E s\u00f3 por poder tirar da renda aumentou o n\u00famero de amizades que a roldaban pois non hai nada tan apetecible como levar a algu\u00e9n da corda, a\u00ednda que sexa un can faldeiro. Sen embargo, cando hab\u00eda que recoller os excrementos do chan, empezaban as disputas, uns porque non sab\u00edan (dic\u00edan), e outros porque non quer\u00edan (pero non o dic\u00edan). Co que quedou demostrado que iso de atar e amarrar sen lixar as mans, \u00e9 arte que se aprende desde a m\u00e1is tenra idade.<\/p>\n<p itemprop=\"text\" style=\"text-align: justify;\">Mais pasada a novidade o can converteuse nunha carga que, os que non ti\u00f1an obrigas con el, criticaban como algo innecesario, e quen as ti\u00f1a xustificaba como o amor \u00f3s animais, o cari\u00f1oso que el \u00e9, e todas esas cousas que enmascaran o feito real de que un can faldreiro \u00e9 unha carga que non se recupera con todas as lambetadas de lingua e baba que d\u00e1. Por outra banda, os pais de Lauri\u00f1a notaron que as visitas da casa non estaban tan c\u00f3modas como acostumaban por moito que lles ofrecesen os mellores vi\u00f1os e manxares da s\u00faa despensa; e axi\u00f1a souberon que o can deixaba un olor propio en cada cornecho e non a todos os invitados lles gustaba que o animal se lles subise \u00f3 regazo, se refregase contra as pernas mentres xantaban ou se acomodase \u00e1 quenturi\u00f1a do sof\u00e1 onde sentan como se non lle chegase a longa pelame para quentarse. E menos a\u00ednda que ningu\u00e9n lles servise o pan coa man de garatuxar as las da mascota. As\u00ed que, pouco a pouco, o canci\u00f1o foi perdendo interese entre os da casa e os de f\u00f3ra, e cando hab\u00eda que sacalo por necesidades hixi\u00e9nicas, Laura sempre ti\u00f1a algo que facer e toc\u00e1balle o labor a seu pai. E evidentemente, para levalo \u00f3 veterinario, \u00bfquen se non o pap\u00e1, que ten a tarxeta de creto para pagar os honorarios e as medicinas?.<\/p>\n<p itemprop=\"text\" style=\"text-align: justify;\">E chegaron as calores do ver\u00e1n, e algu\u00e9n se decatou de que o peludo<i>Nice<\/i>\u00a0(pronunciado \u00abnaisi\u00bb), necesitaba ir \u00e1 perruquer\u00eda a que lle aplicasen as tesoiras. E cando a nena chegou da praia, e veu o canci\u00f1o xoguet\u00f3n vindo cara ela na procura duns aloumi\u00f1os, apartouno de malos modos, \u00ab\u00bfonde est\u00e1 o meu can? este non \u00e9\u00a0<i>Nice<\/i>, e eu quero \u00f3 meu canci\u00f1o\u00bb. Protestou pero non insistiu.<\/p>\n<p itemprop=\"text\" style=\"text-align: justify;\">Era a desculpa necesaria para non ter que cargar co can todos os d\u00edas, e desde aquela, Lauri\u00f1a xa non ten cargas porque para ela aquel rapado non era o seu can.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Francisco Ant. Vidal Blanco.\u00a0Lauri\u00f1a quer\u00eda un canci\u00f1o e tivo un canci\u00f1o. Os pais, conscientes da carga que \u00e9 un animal nun piso merc\u00e1ronlle un canci\u00f1o peluche a pilas, que andaba para diante e para atr\u00e1s e ata bouraba, pero a nena quer\u00eda un canci\u00f1o de verdade, e subornando \u00f3s pais con suspender o curso, e &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=3666\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">O canci\u00f1o da nena<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,52,9],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/3666"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=3666"}],"version-history":[{"count":2,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/3666\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":3682,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/3666\/revisions\/3682"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=3666"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=3666"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=3666"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}