{"id":3760,"date":"2015-07-06T06:00:26","date_gmt":"2015-07-06T06:00:26","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=3760"},"modified":"2015-07-05T18:10:06","modified_gmt":"2015-07-05T18:10:06","slug":"ler-e-unha-batalla","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=3760","title":{"rendered":"Ler \u00e9 unha batalla"},"content":{"rendered":"<p itemprop=\"text\" style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/06\/lector.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"size-medium wp-image-3761 alignleft\" alt=\"lector\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/06\/lector-300x238.jpg\" width=\"300\" height=\"238\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/06\/lector-300x238.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/06\/lector-900x716.jpg 900w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/06\/lector.jpg 1000w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a><em><strong>Francisco Ant. Vidal Blanco.\u00a0<\/strong><\/em>Non sei como ser\u00e1 a experiencia lectora dos demais. Cada quen ten a s\u00faa, e con ela unha maneira diferente de enfrontar un novo libro ou un novo artigo. A min g\u00fastame seguir as recomendaci\u00f3ns dos amigos e Xulio dinos que a maior\u00eda das veces a aproximaci\u00f3n ten o proceso propio dos pre\u00e1mbulos dunha batalla, cos seus esp\u00edas e as s\u00faas avanzadas, con campa\u00f1as de creto e descr\u00e9dito que preparan \u00f3 lector e o animan a abocar o conflicto que se lle brinda.<!--more--><\/p>\n<p itemprop=\"text\" style=\"text-align: justify;\">Primeiro algu\u00e9n chegou co ruxerruxe daquel libro, cunha opini\u00f3n lanzada \u00f3 chou, cunha cr\u00edtica, cunha lectura entendida ou cunha d\u00fabida, tal vez fac\u00e9ndose eco dunha rese\u00f1a impresa que anima \u00f3 lector a acercarse a unha librer\u00eda e preguntar por iso que unha voz fiable asegurou como necesario ou convinte, e ent\u00f3n empeza a aproximaci\u00f3n clandestina, unhas veces a trav\u00e9s dos escaparates, mirando disimuladamente a capa do libro, e case sempre coa timidez que imp\u00f3n o desco\u00f1ecemento da obra, ollando unha e outra vez o dese\u00f1o da cuberta como se fose o espello da s\u00faa alma ata que algo che anima a entrar e preguntar por el, e a\u00ednda con el na man, sentindo o seu peso f\u00edsico, se mira con sorpresa, receo ou decisi\u00f3n, d\u00e1ndolle a volta para ler a contracapa, unha p\u00e1xina calquera do medio ou a biograf\u00eda do autor por se \u00e9 de fiar ou non; e \u00e1s veces animado pola complicidade do libreiro, que tal o socio dun contubernio secreto b\u00edsbache \u00f3 o\u00eddo as virtudes ou maldades do libro, vas cara a caixa rexistradora decidido a posu\u00edlo e meterlle o ollo, talvez a\u00ednda dubidando de se ser\u00edas timado ou non, ou se o prezo ser\u00e1 adecuado \u00e1s expectativas. Nese intre, a\u00ednda na librer\u00eda, xa se crea unha especie de sociedade secreta en que se debate se o libro ha de seguir con bo p\u00e9 polos mal acondicionados sendeiros da lectura.<\/p>\n<p itemprop=\"text\" style=\"text-align: justify;\">Xulio chegou en plan b\u00e9lico, e cando lle digo que tam\u00e9n pode establecerse unha relaci\u00f3n de amor-odio propia de calquera parella, el segue coa s\u00faa exposici\u00f3n:<\/p>\n<p itemprop=\"text\" style=\"text-align: justify;\">Agora xa tes contigo a ese ser que non sabes se has de amar ou odiar. Ese ser que de s\u00fapeto se converte nun intermediario entre lector e autor, que tanto pode acercar o entendemento entre ambos como a discrepancia m\u00e1is feroz (e neste punto non lle confeso que te\u00f1o por inimigos a autores con quen nunca crucei unha palabra). Pero antes de chegar a estes extremos, ter\u00e1s que lidar co volume a mente descuberta, e tantas outras veces armado de lapis e cuartillas onde anotar ideas e ditos que ser\u00e1 obrigado comprobar e meditar. Mais, como queira que sexa, para tan delicado enfrontamento, antes de empezar a ardua batalla, o lector ha de escoller o lugar da contenda -di Xulio-, o campo da lide, como escoll\u00edan os ex\u00e9rcitos rom\u00e1nticos, pelexando a campo aberto e cara a cara, sen m\u00e1is testemu\u00f1a nin escudo que as propias convicci\u00f3ns, o lector e o escritor, libro de por medio, combatendo ideoloxicamente, cedendo e avanzando, golpeando ou acari\u00f1ando, arredado de ru\u00eddos e influencias que poidan obrigar a perder a atenci\u00f3n, xa sexa no sof\u00e1 de orelleiras do sal\u00f3n da casa, na hamaca do xard\u00edn ou nun lugar con amplas vistas \u00f3 horizonte para poder descansar a vista mentres se reflexiona a conclusi\u00f3n de cada cap\u00edtulo.<\/p>\n<p itemprop=\"text\" style=\"text-align: justify;\">Est\u00e1 claro que para Xulio, o \u00fanico intelectual do noso parladoiro, ler \u00e9 unha lide en que cada segundo e cada palabra proporciona un avance que anuncia prosperidade. O lector pode renderse desde a primeira p\u00e1xina aceptando as propostas do autor, pero tam\u00e9n pode modificar a propia opini\u00f3n a medida que a lectura avanza, pode mesmo non encontrar nada que o convenza ou que lle aporte novidades, ou renderse e abandonar as teses expostas, como pode rematar a lectura condenando o libro \u00f3 ostracismo, pero, gane quen ga\u00f1e -asegura Xulio-, o libro que convence \u00f3 lector ou o lector que non se convence co al\u00ed escrito, o final sempre ser\u00e1 un paso cara adiante. Ser\u00e1 unha batalla contra o tedio, contra a orde dada, contra o mandamento, a lei ou a obrigaci\u00f3n. Ler \u00e9 unha loita de superaci\u00f3n que trata de contrastar opini\u00f3ns e deixarse convencer ou contraatacar deost\u00e1demete. Ler \u00e9 un acto b\u00e9lico sen armas, pero si con moita loita ideol\u00f3xica, suor e b\u00e1goas que nos permiten ser m\u00e1is modestos e m\u00e1is seguros de n\u00f3s mesmos.<\/p>\n<p itemprop=\"text\" style=\"text-align: justify;\">E \u00f3 final, digan o que digan, e venza quen venza, nesta batalla sempre ganan os dous bandos, o do lector e o do autor, asegura Xulio, quen non nos dixo que est\u00e1 lendo estes d\u00edas para vir con estas ideas.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Francisco Ant. Vidal Blanco.\u00a0Non sei como ser\u00e1 a experiencia lectora dos demais. Cada quen ten a s\u00faa, e con ela unha maneira diferente de enfrontar un novo libro ou un novo artigo. A min g\u00fastame seguir as recomendaci\u00f3ns dos amigos e Xulio dinos que a maior\u00eda das veces a aproximaci\u00f3n ten o proceso propio dos &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=3760\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Ler \u00e9 unha batalla<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,52,9],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/3760"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=3760"}],"version-history":[{"count":3,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/3760\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":3795,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/3760\/revisions\/3795"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=3760"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=3760"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=3760"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}