{"id":3763,"date":"2015-07-04T06:00:55","date_gmt":"2015-07-04T06:00:55","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=3763"},"modified":"2015-06-29T18:56:33","modified_gmt":"2015-06-29T18:56:33","slug":"dar-compulsivamente-a-paz","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=3763","title":{"rendered":"Dar compulsivamente a paz"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><em><strong><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/06\/paz.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"size-medium wp-image-3765 alignleft\" alt=\"paz\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/06\/paz-300x225.jpg\" width=\"300\" height=\"225\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/06\/paz-300x225.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/06\/paz.jpg 400w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>X. Ricardo Losada.\u00a0<\/strong><\/em>S\u00f3 asisto a cerimonias relixiosas (bautismos, vodas, funerais) cando os protagonistas son familiares ou amigos moi pr\u00f3ximos, pero non participo do ritual cat\u00f3lico m\u00e1is al\u00e1 de sentarme e levantarme cando corresponde. A\u00ednda as\u00ed, debo reco\u00f1ecer que hai unha cousa que me gusta. Ese rito no que o crego di <i>D\u00e1devos fraternalmente a paz<\/i>, e os fieis viran a esquerda e dereita, atr\u00e1s e adiante, para darlles a man a outros fieis. <!--more-->Te\u00f1o comprobado que hai unha casu\u00edstica moi variada, desde os fieis que dan a paz por inercia ata os que a dan con empat\u00eda, desde os que po\u00f1en un sorriso descrido ata os que iluminan o rostro, desde os que non llela dan a ningu\u00e9n ata os que llela dan aos que est\u00e1n varios bancos m\u00e1is atr\u00e1s. Mesmo te\u00f1o constatadas regularidades tan curiosas como que nun funeral o n\u00famero de paces aumenta en relaci\u00f3n inversamente proporcional \u00e1 idade do defunto.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Hai a quen lles parece un ritual moi hip\u00f3crita. Eu creo que se equivocan por non ver o rito da paz como o que realmente \u00e9, un acto teatral. E, se \u00e9 teatral, non pode ser hip\u00f3crita. A ningu\u00e9n se lle ocorrer\u00eda chamarlle hip\u00f3crita a Sean Connery cando di nunha pel\u00edcula que \u00e9 James Bond e que vai salvar o mundo. Cremos o que di e estamos dispostos a ir con el ata o final, cando menos, da pel\u00edcula. O mesmo me pasa a min cos dadores de paz. Cr\u00e9oos, e estou disposto a ir con eles ata o final, cando menos, da misa. <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/06\/abrazo.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"size-medium wp-image-3766 alignright\" alt=\"abrazo\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/06\/abrazo-300x125.jpg\" width=\"300\" height=\"125\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/06\/abrazo-300x125.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/06\/abrazo.jpg 600w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>Direi m\u00e1is. Considero revelador da deriva moral que estamos vivindo criticar ese xesto de paz e gabar esoutro dos futbolistas de non celebrar os goles que lle marcan a un ex equipo. Iso si \u00e9 hip\u00f3crita, co agravante de que reprimir a alegr\u00eda xera frustraci\u00f3n e violencia, mentres que simulala, como no rito da paz, aumenta a cantidade de neuroses, pero ese tipo de neuroses, como crer que s\u00f3 temos un eu, sen as que os seres humanos non sabemos vivir.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Non o dubidedes. O rito da paz \u00e9 unha das mellores maneiras de aprender algo esencial para a convivencia humana. Que un pode ser sincero nas s\u00faas crenzas sen ser coherente nos seus actos coti\u00e1s. Un pode crer sinceramente en Xes\u00fas e ser na s\u00faa vida persoal un soberbio e un materialista, un pode crer sinceramente en Marx e ser un clasista e un explotador. A maior\u00eda de malentendidos, incomprensi\u00f3ns e manipulaci\u00f3ns que se dan entre os seres humanos ve\u00f1en de non telo en conta. Non \u00e9 o caso da igrexa cat\u00f3lica. Todo o seu maxisterio se basea nese principio. E niso, como noutros moitos aspectos, o papa Francisco est\u00e1 demostrando unha maior intelixencia que o seu antecesor. Bieito XVI intentou transmutar o rito de paz nun rito de felicitaci\u00f3n (vodas e bautizos) e nun rito de condolencia (funerais). Ser\u00eda un erro letal para a igrexa cat\u00f3lica. Para felicitaci\u00f3ns xa est\u00e1n os aniversarios, e para condolencias, os tanatorios. Francisco s\u00e1beo, e renunciou a transmutar o ritual da paz. S\u00f3 pretende facelo m\u00e1is sobrio, xa que, tal e como se est\u00e1 celebrando hoxe (xa se dan bicos, apertas e mesmo hai <i>movementos de masas<\/i>) provoca un barullo e unha confusi\u00f3n impropios dunha misa cat\u00f3lica. Doulle toda a raz\u00f3n. Actuar, non, pero sobreactuar si \u00e9 hip\u00f3crita.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>X. Ricardo Losada.\u00a0S\u00f3 asisto a cerimonias relixiosas (bautismos, vodas, funerais) cando os protagonistas son familiares ou amigos moi pr\u00f3ximos, pero non participo do ritual cat\u00f3lico m\u00e1is al\u00e1 de sentarme e levantarme cando corresponde. A\u00ednda as\u00ed, debo reco\u00f1ecer que hai unha cousa que me gusta. Ese rito no que o crego di D\u00e1devos fraternalmente a paz, &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=3763\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Dar compulsivamente a paz<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,9,26],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/3763"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=3763"}],"version-history":[{"count":3,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/3763\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":3774,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/3763\/revisions\/3774"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=3763"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=3763"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=3763"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}