{"id":3788,"date":"2015-07-09T06:00:57","date_gmt":"2015-07-09T06:00:57","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=3788"},"modified":"2015-07-05T18:12:32","modified_gmt":"2015-07-05T18:12:32","slug":"outra-volta-por-grecia","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=3788","title":{"rendered":"Outra volta por Grecia"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/07\/grecia1.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"size-medium wp-image-3789 alignright\" alt=\"Referendum campaign posters that reads &quot;No&quot; and &quot;Yes&quot; in Greek are seen on a bus stop in Athens\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/07\/grecia1-300x197.jpg\" width=\"300\" height=\"197\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/07\/grecia1-300x197.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/07\/grecia1.jpg 646w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a><em><strong>Gonzalo Trasbach.\u00a0<\/strong><\/em>Os<i> ingleses non poden comprendernos: Os gregos estamos en bancarrota xa hai moito tempo<\/i>. Isto foi o que lle dixo o poeta Constantino Cavafis (Alexandr\u00eda, 1863; Atenas, 1933) ao escritor Edward Morgan Forster (Inglaterra, 1879-1970) nunha das moitas conversas que ambos os dous mantiveron. <!--more-->Non obstante, polo que levamos lido ou temos escoitado durante estas semanas sobre o pulso entre a UE e goberno grego, a case absoluta maior\u00eda dos medios de maior impacto entre n\u00f3s, non s\u00f3 os entendemos, sen\u00f3n que sabemos como son, o que lles pasa e conv\u00e9n, e tam\u00e9n o que lles ocorrer\u00e1 despois do referendo do pasado domingo, se este non \u00e9 favorable \u00e1s directrices da troika. Escribo isto sen co\u00f1ecer o resultado da consulta. Pero, eu, se puidese, votar\u00eda non.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Imp\u00f3rtannos os gregos? Tal como se preguntaba nun formidable artigo Enrique Clemente na Voz de Galicia do pasado d\u00eda 28. A n\u00f3s nunca nos importaron os habitantes dese pequeno pa\u00eds do Mediterr\u00e1neo. N\u00f3s o que temos \u00e9 medo de que nos fagan o mesmo que lles fixeron a eles. Isto por un lado e, polo outro, est\u00e1n os voceiros dos xerarcas europeos, que nos dan a chapa con seus discursos manique\u00edstas: pretenden convencernos de que os l\u00edderes da UE te\u00f1en raz\u00f3n, e os outros son uns chourizos e uns perversos dilapidadores. <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/07\/grecia-2.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-3790\" alt=\"grecia 2\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/07\/grecia-2-300x199.jpg\" width=\"300\" height=\"199\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/07\/grecia-2-300x199.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/07\/grecia-2-900x599.jpg 900w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/07\/grecia-2.jpg 944w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>Repito: eu ter\u00eda votado non. O que estaba e est\u00e1 en xogo non \u00e9 o que nos din. Isto c\u00f3ntano, entre outros, alg\u00fans economistas norteamericanos que recibiron o premio Nobel. Non se trata dunha pelexa econ\u00f3mica, nin dunha guerra de cifras. \u00c9 unha batalla pol\u00edtica. O que non quere de ningunha das maneiras a UE \u00e9 que en Atenas goberne xente que non \u00e9 da s\u00faa corda. O que quere a troika \u00e9 derrocar o goberno que preside Tsipras e o seu profeta Varoufakis (Barreiro Rivas, dixit). Este, e non outro, \u00e9 o miolo dunha ecuaci\u00f3n que non parece ter unha soluci\u00f3n enteira. Humillar e castigar. O plan da UE ten un manifesto car\u00e1cter punitivo: nunca debemos esquecer nin subestimar o resentimento dos ricos (poderosos) cara \u00e1 insolencia dos pobres, segundo recomenda o Comit\u00e9 Invisible.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Como explicar ent\u00f3n esa alegr\u00eda coa que a case totalidade dos medios recibiron o anuncio do \u201ccorralito\u201d grego? \u00a0E a que se debe ese bombardeo de insultos e desprezos que despregaron sobre un pa\u00eds esgotado e empobrecido e ao que s\u00f3 parece que lle queda como sa\u00edda dicir non a unha nova humillaci\u00f3n? Pero todo isto fala da nosa categor\u00eda moral, da nosa nobreza, do noso valor. Da coraxe duns medios que traballan para UE, entidade pouco partidaria de que entre n\u00f3s triunfen agrupaci\u00f3ns pol\u00edticas semellantes a Syriza, non \u00e9 as\u00ed? Pode haber algo m\u00e1is \u00e9tico que o rexeitamento a deixarse rapar coma a\u00f1os?<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Segundo predicaba Milton Friedman, s\u00f3 unha crise, xa sexa real ou percibida, xera un cambio radical nunha sociedade. Neste senso, a actual crise grega ten coma finalidade producir un xiro vital entre os habitantes do pa\u00eds heleno. Como lembrar\u00e1n Atenas foi escenario dunhas duras revoltas encadeadas que desembocaron case na queima do parlamento.<a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/07\/grecia-3.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-3791\" alt=\"grecia 3\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/07\/grecia-3-300x199.jpg\" width=\"300\" height=\"199\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/07\/grecia-3-300x199.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/07\/grecia-3.jpg 642w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a> No ano 2010, a Uni\u00f3n Europea, o Banco Mundial e o FMI, de com\u00fan acordo co entonces goberno socialista, emprenderon a tarefa de \u201cfacer pagar\u201d a Grecia por esas revoltas imperdoables. Decidiuse pasar polo aro ao pa\u00eds enteiro por medio dunha serie de medidas \u201cecon\u00f3micas\u201d dunha violencia aproximadamente igual, pero graduada no tempo, \u00e1 violencia das revoltas. A estas alturas da pel\u00edcula, case todos (ag\u00e1s os voceiros da troika) sabemos os resultados do programa que se lles impuxo aos gregos: descenso do 25% do PIB nacional e unha taxa de paro xuvenil que alcanza o 60%.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">E a\u00ednda que os nosos ilustres expertos miren para outro lado, era de dominio p\u00fablico que no 2010 o director do Elstat, o instituto grego de estat\u00edstica, pouco despois de ser nomeado comezou a falsificar sen descanso as contas da d\u00e9beda do pa\u00eds para agravalas con prop\u00f3sito de xustificar a intervenci\u00f3n da troika. \u00c9 un feito, pois, que a &lt;crise das d\u00e9bedas soberanas&gt; foi lanzada por un home que era por entonces un axente oficialmente pagado polo FMI, ente que supostamente &lt;axudaba&gt; os pa\u00edses a sa\u00edr da crise. Pero do que se trataba era de experimentar a gran escala, nun pa\u00eds europeo, o proxecto neoliberal, da completa remodelaci\u00f3n dunha sociedade, os efectos dunha pol\u00edtica de axudas.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Ao contrario do que se di, a depresi\u00f3n de masas que abate actualmente os gregos \u00e9 o produto \u201cdesexado\u201d, buscado deliberadamente, polo programa de propostas da troika. Cando se divide \u00e1 metade a paga dos funcionarios, al\u00e9gase que tam\u00e9n se poder\u00eda deixar de pagarlles a totalidade. E isto \u00e9 as\u00ed, porque todo vale para manter unha inseguridade existencial cr\u00f3nica. Que sentimos n\u00f3s cando hai uns d\u00edas o presidente do Banco de Espa\u00f1a dixo que m\u00e1is cedo que tarde haber\u00e1 que recortar as prestaci\u00f3ns das nosas pensi\u00f3ns? E por que ao d\u00eda seguinte, o Goberno respondeulle que non se tocar\u00edan? E vostedes a quen cren, que pensan que far\u00e1n?<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Hai que insistir nunha serie de cuesti\u00f3ns que os nosos analistas manexan ilicitamente. Case nada da enorme cantidade de di\u00f1eiro prestada a Grecia foi parar a solo heleno. Serviu para pagar os acredores privados, inclu\u00eddos os bancos franceses e alem\u00e1ns. Al\u00f3 s\u00f3 chegou unha miseria. <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/07\/grecia-4.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-full wp-image-3792\" alt=\"grecia 4\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/07\/grecia-4.jpg\" width=\"290\" height=\"174\" \/><\/a>E a\u00ednda que si era certo que o goberno gastou m\u00e1is al\u00f3 das s\u00faas posibilidades at\u00e9 finais da d\u00e9cada do 2000, tam\u00e9n o \u00e9 que, despois podou rapidamente o gasto p\u00fablico e incrementou a recadaci\u00f3n fiscal. No tocante \u00e1s pensi\u00f3ns, no 2011 por imposici\u00f3n de Bruxelas, Atenas rebaixounas entre o 20% e o 40%. No 2012, engadiuse outro recorte adicional de entre o 5 e o 10%. De feito, seis de cada dez pensionistas gregos ga\u00f1an menos de 700 euros. Pero os acredores e os seus voceiros esgrimen que as pensi\u00f3ns acaparan o 16,2% do PIB. Este dato est\u00e1 trucado. Se os resultados econ\u00f3micos fosen outros. Se en vez de experimentar unha ca\u00edda do 25%, a econom\u00eda crecera, ent\u00f3n as pensi\u00f3ns s\u00f3 ser\u00edan o 12,1% do PIB, porcentaxe inferior \u00e1 media europea. Non \u00e9 s\u00f3 que se negue a asumir a s\u00faa responsabilidade, nin que tampouco queira reco\u00f1ecer que as s\u00faas previsi\u00f3ns e modelos eran equivocados, \u00e9 que a mesma Troika sab\u00eda e sabe que Grecia non pod\u00eda nin pode cumprir as s\u00faas condici\u00f3ns. E tam\u00e9n sab\u00eda e sabe que nunca ser\u00e1 capaz de facer fronte a s\u00faa monumental d\u00e9beda. Pero isto non lle importa. Porque o que se persegue \u00e9 obrigar a Grecia a ceder e aceptar o inacept\u00e1bel.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Conv\u00e9n lembrarlles aos nosos dem\u00f3cratas comentaristas e columnistas que alardeen menos, porque a UE non \u00e9 precisamente unha entidade moi democr\u00e1tica. Ning\u00fan goberno consultou os seus cidad\u00e1s cando se aprobou a s\u00faa constituci\u00f3n: a moeda \u00fanica e o BCE. S\u00f3 o fixo Suecia e o resultado do referendo foi non. No tocante ao ton apocal\u00edptico que acostuman a empregar cando escriben ou falan, dir\u00edalles aquilo do Comit\u00e9 Invisible: &lt;\u201dNada hay m\u00e1s viejo que el fin del mundo\u201d. La pasi\u00f3n apocal\u00edptica no ha dejado de obtener, desde tiempos muy remotos, el favor de los impotentes&gt;. A\u00ednda que moi probablemente o mesmo Cavafis nos soltase a todos cun sorriso: &lt;Agora, polo menos, xa podemos entendernos, porque tam\u00e9n vostedes est\u00e1n en bancarrota&gt;.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Gonzalo Trasbach.\u00a0Os ingleses non poden comprendernos: Os gregos estamos en bancarrota xa hai moito tempo. Isto foi o que lle dixo o poeta Constantino Cavafis (Alexandr\u00eda, 1863; Atenas, 1933) ao escritor Edward Morgan Forster (Inglaterra, 1879-1970) nunha das moitas conversas que ambos os dous mantiveron.<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,18],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/3788"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=3788"}],"version-history":[{"count":2,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/3788\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":3798,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/3788\/revisions\/3798"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=3788"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=3788"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=3788"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}