{"id":3963,"date":"2015-07-31T06:00:24","date_gmt":"2015-07-31T06:00:24","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=3963"},"modified":"2015-07-30T21:24:18","modified_gmt":"2015-07-30T21:24:18","slug":"unha-biografia-exemplar","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=3963","title":{"rendered":"Unha biograf\u00eda exemplar"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><i><strong><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/07\/biograf\u00eda.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-3965\" alt=\"biograf\u00eda\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/07\/biograf\u00eda-198x300.jpg\" width=\"198\" height=\"300\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/07\/biograf\u00eda-198x300.jpg 198w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/07\/biograf\u00eda.jpg 200w\" sizes=\"(max-width: 198px) 100vw, 198px\" \/><\/a>Ant\u00f3n Riveiro Coello.\u00a0<\/strong>O xene da chuvia <\/i>(Edici\u00f3s do Castro, 2005), supuxo a aparici\u00f3n dun novo escritor rianxeiro, de vocaci\u00f3n tard\u00eda, pero cunha voz ben interesante. Trat\u00e1base de X. Ricardo Losada, un profesor de filosof\u00eda, amante da literatura. Ese libro de relatos era unha pequena alfaia con algunha miniatura antol\u00f3xica, reveladora dun estilo fresco, anovador, moi necesario na nosa literatura, por veces, solemne de m\u00e1is. Dende ent\u00f3n, X. Ricardo Losada participa e medra como escritor en publicaci\u00f3ns promovidas por Barbantia e, case todas as semanas, agasalla con textos medidos, que xogan co xornal\u00edstico, o literario e o filos\u00f3fico, sempre baixo o prisma dunha fina iron\u00eda.<!--more--><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><i>Faustino Rey Romero. Un evanxeo bufo<\/i> (Xerais, 2015), presentaba a oportunidade de ver como se defender\u00eda nas distancias longas un autor tan xenial nas distancias curtas. E lido o libro, te\u00f1o que dicir que foi unha sorpresa, non porque non sexa un texto de categor\u00eda, que o \u00e9, sen\u00f3n porque non \u00e9 o libro que eu imaxinaba para un autor tan ir\u00f3nico e, por veces, transgresor. \u00c9 verdade que no fraseo curto e directo det\u00e9ctase o autor, pero tam\u00e9n hai un novo ton que non agardaba. O libro respira certa transcendencia, coma se a biograf\u00eda dunha persoa tan contraditoria, histri\u00f3nica e complexa coma a deste crego poeta precisase doutra medida. <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/07\/xose-ricardo.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-3966\" alt=\"xose ricardo\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/07\/xose-ricardo-300x183.jpg\" width=\"300\" height=\"183\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/07\/xose-ricardo-300x183.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/07\/xose-ricardo-1024x627.jpg 1024w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/07\/xose-ricardo-900x551.jpg 900w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>Nas primeiras p\u00e1xinas, unha cita de Jules Renard avisa das intenci\u00f3ns e define moi ben o resultado do libro: \u201cNon hai que ter un respecto hip\u00f3crita polos mortos. Hai que tratar a s\u00faa memoria como unha amiga, apreciar todos os recordos que nos ve\u00f1en deles. Hai que amalos por eles mesmos e por n\u00f3s, a\u00ednda que desgustemos a terceiros\u201d. Non vexo no libro a posibilidade de que algu\u00e9n se poida desgustar co texto. E, malia que non \u00e9 un panex\u00edrico, cando un remata de o ler non lle queda outra que amar m\u00e1is a Faustino Rey Romero, con todas as virtudes e defectos. \u00c9 un libro feito con talento e rigor, fondamente humano, un exquisito exercicio de comprensi\u00f3n, escrito con soltura e amenidade. Ten un aquel de ensaio, si, con vontade de biograf\u00eda, pero lese coma unha novela. De feito, o propio autor xoga con iso nas primeiras p\u00e1xinas convert\u00e9ndose, mediante unha t\u00e9cnica novel\u00edstica, nun personaxe ao que lle fan a encarga de escribir o libro. Con moito oficio e acerto, X. Ricardo Losada abre a biograf\u00eda usando a periferia para rodear unha interrogante: como morreu o crego de Isorna? Asasinato, accidente ou suicidio?<a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/07\/eduardo-castro-bal.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-3967\" alt=\"eduardo castro bal\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/07\/eduardo-castro-bal-300x200.jpg\" width=\"300\" height=\"200\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/07\/eduardo-castro-bal-300x200.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/07\/eduardo-castro-bal.jpg 800w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a> E as\u00ed, nese primeiro cap\u00edtulo, o lector xa fica intrigado e amarrado \u00e1 historia, e asiste \u00e1 orde dunha vida que comeza pola nenez, a mocidade, os anos de formaci\u00f3n, as primeiras parroquias logo da ordenaci\u00f3n, o conflito co bispo, o <i>desterro<\/i> en Isorna e o exilio en Bos Aires.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Coido que \u00e9 maxistral a maneira de ordenar todo o material, inserindo textos e poemas que son unha perfecta prolongaci\u00f3n do narrador para afrontar a obra teol\u00f3xica, literaria e psicol\u00f3xica do autor de <i>Escolan\u00eda de merlos<\/i>. X. Ricardo cose an\u00e9cdotas, cartas, impresi\u00f3ns de amigos e familiares. Entra no m\u00e1is fondo da alma dese home que admira e intenta comprender, dese crego antifranquista, enxe\u00f1oso, amante da cultura e do idioma galegos, autor dunha poes\u00eda popular de altura. Esa \u00e9 a clave, traballar dende dentro, po\u00f1erse na pel dunha persoa para detectar as s\u00faas contradici\u00f3ns, os seus medos, as s\u00faas bondades, os seus defectos.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Te\u00f1o a impresi\u00f3n de que, logo de ler este libro, Faustino Rey Romero ficou espido para n\u00f3s, e ese elemento tan importante de comprensi\u00f3n \u00e9 un dos maiores acertos desta biograf\u00eda novelada que nos far\u00e1 volver aos textos dun autor que, agora, grazas ao talento de X. Ricardo Losada, poderemos ler dende dentro.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Ant\u00f3n Riveiro Coello.\u00a0O xene da chuvia (Edici\u00f3s do Castro, 2005), supuxo a aparici\u00f3n dun novo escritor rianxeiro, de vocaci\u00f3n tard\u00eda, pero cunha voz ben interesante. Trat\u00e1base de X. Ricardo Losada, un profesor de filosof\u00eda, amante da literatura. Ese libro de relatos era unha pequena alfaia con algunha miniatura antol\u00f3xica, reveladora dun estilo fresco, anovador, moi &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=3963\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Unha biograf\u00eda exemplar<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[13,7,9],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/3963"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=3963"}],"version-history":[{"count":2,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/3963\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":3968,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/3963\/revisions\/3968"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=3963"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=3963"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=3963"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}