{"id":4017,"date":"2015-08-09T06:00:25","date_gmt":"2015-08-09T06:00:25","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=4017"},"modified":"2015-08-06T06:53:58","modified_gmt":"2015-08-06T06:53:58","slug":"as-casas-de-banda-do-rio","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=4017","title":{"rendered":"As casas de Banda do r\u00edo"},"content":{"rendered":"<figure id=\"attachment_4019\" aria-describedby=\"caption-attachment-4019\" style=\"width: 300px\" class=\"wp-caption alignleft\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/08\/imaxe-1.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"size-medium wp-image-4019 \" alt=\"Foto: Carmela Queijeiro\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/08\/imaxe-1-300x201.jpg\" width=\"300\" height=\"201\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/08\/imaxe-1-300x201.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/08\/imaxe-1-900x605.jpg 900w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/08\/imaxe-1.jpg 901w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a><figcaption id=\"caption-attachment-4019\" class=\"wp-caption-text\">Foto: Carmela Queijeiro<\/figcaption><\/figure>\n<p style=\"text-align: justify;\"><em><strong>Gonzalo Trasbach.\u00a0<\/strong><\/em>Ergueuse gris o ceo. Entrelaz\u00e1banse as nubes formando un manto uniforme por entre o cal se filtraban os raios dun sol un tanto preguiceiro. Preg\u00fantase que fai al\u00ed plantado no medio do campo de Rebelar. L\u00e9mbrase dos mediod\u00edas dourados e as brisas brancas das primaveras infant\u00eds. Agora o ambiente par\u00e9celle cansado, melanc\u00f3lico. Como se o pasado e o presente non quixesen espertar nunca e todo quedase a medio cami\u00f1o.<!--more--> Todo lle sona curioso. Cando era rapaz, pola vella estrada do lado, a \u00fanica v\u00eda que ent\u00f3n hab\u00eda entre Boiro, O Bodi\u00f3n e Abanqueiro e que fend\u00eda en dous cachos a finca que arrodeaba as casas dos Banda do r\u00edo (as\u00ed lles chamaban), o paso da xente era case continuo, mesmo un pouco ruidoso: bicicletas, carros, animais, persoas e algunhas motocicletas e cami\u00f3ns. Mais agora todo est\u00e1 calado. O r\u00edo, o que un d\u00eda de moita chuvia desbordou e, \u00e1 volta da escola, se levou para sempre a Luciano, un compa\u00f1eiro de Bri\u00f3n, case nin alenta. Volveu preguntarse que fac\u00eda al\u00ed. Mirando para aquelas casas que noutros tempos eran a envexa de case todos. Pero replicouse, que mellor sitio para deterse e, sen deixar de ollar, pensar, fabular, fantasiar ou imaxinar? \u00c9 un lugar non moi lonxe do mar, nin da humilde casa dos seus pais, e por onde pasaba un d\u00eda si e outro tam\u00e9n cando era un neno, pero tam\u00e9n cando foi mozo e mesmo xa home.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Fronte as d\u00faas casas de vello aire se\u00f1orial, arestora medio desvencelladas, case sen vida, s\u00f3 ve a estampa dun mundo que esmoreceu lenta, caladamente. A\u00ed onde hab\u00eda unha horta ben traballada, con arbores froiteiras, unha eira, dous h\u00f3rreos, cheos de gran, cortes, alboios, cortellos e adegas, agora hai abandono, esquecemento: a maleza domina. A retirada dos homes e mulleres deixoulles o campo libre. Aqu\u00ed xa non hai actividade. Nin o murmurio do r\u00edo rompe o silencio da ma\u00f1\u00e1, ag\u00e1s o rosmar dalg\u00fan coche ao pasar. No medio do sosego que reina no lugar, onde \u00e9 posible escoitar o falar da mirada da vella que est\u00e1 cami\u00f1ando ao seu car\u00f3n, interr\u00f3gase: cando levantar\u00edan estas d\u00faas casas de labregos potentes? Nese intre, unha bandada de pombas sobrevoaba por enriba da s\u00faa cabeza. Onde ir\u00e1n?<\/p>\n<figure id=\"attachment_4020\" aria-describedby=\"caption-attachment-4020\" style=\"width: 300px\" class=\"wp-caption alignright\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/08\/imaxe-2.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"size-medium wp-image-4020 \" alt=\"Foto: Carmela Queijeiro\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/08\/imaxe-2-300x190.jpg\" width=\"300\" height=\"190\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/08\/imaxe-2-300x190.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/08\/imaxe-2-1024x651.jpg 1024w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/08\/imaxe-2-900x572.jpg 900w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/08\/imaxe-2.jpg 1398w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a><figcaption id=\"caption-attachment-4020\" class=\"wp-caption-text\">Foto: Carmela Queijeiro<\/figcaption><\/figure>\n<p style=\"text-align: justify;\">Fitou outra vez as d\u00faas descascadas edificaci\u00f3ns, deixadas das mans dos seus propietarios, pero a\u00ednda en p\u00e9. Pensou que cando era adolescente o mar e o campo eran as actividades principais do concello. Pero agora vivimos nun dos municipios m\u00e1is industrializados da comarca. Pechou o seu mon\u00f3logo interior cun rotundo: o conto cambiou de carallo! Pero deseguido viuse envolto nun halo de fonda melancol\u00eda. E lembrou uns versos de Rimbaud que tam\u00e9n gustaba de recitar Corto Malt\u00e9s: &lt;En los atardeceres azules de verano ir\u00e9 por los senderos, picoteando por el trigo, a pisar la hierba menuda: so\u00f1ador, sentir\u00e9 su frescura bajo mis pies. Dejar\u00e9 que el viento ba\u00f1e mi cabeza desnuda&gt;.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Ningu\u00e9n foi quen de dicirlle a idade das casas. Fal\u00e1ronlle de que ter\u00edan m\u00e1is de 250 anos. Tam\u00e9n lle contaron algo difuso sobre as familias propietarias destas e outras casas poderosas da vila, pois era un dos n\u00facleos importantes da contorna. Non se chama por este motivo Cimadevila a parte de arriba de Boiro? Lembrase dos \u00faltimos donos e dos seus fillos, dous dos cales est\u00e1n vivos. A filla, coa que falou hai uns d\u00edas, habita a casa m\u00e1is grande, atrancada e protexida por un portal\u00f3n de madeira, algo espalancado, que cerra o paso aos for\u00e1neos. Esta familia, para a que traballaron veci\u00f1os ao xornal, \u00e9 dona doutra boa casa. A\u00ednda que arruinada, atopase \u00e1 entrada da costa de Vista Alegre, diante dunha finca amurallada, onde hab\u00eda vi\u00f1edos estendidos en bancais, que coroaba un enorme pombal e que, a d\u00eda de hoxe, segue en p\u00e9.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Os patios (o primeiro estaba cuberto cun alto emparrado) est\u00e1n ateigados de herbas. Noutro tempo foron espazos de xogo, traballo e lecer, de risas, abrazos e choros&#8230; Nesa eira, sepultada baixo as silvas, houbo palleiros e moeuse millo e trigo. Amore\u00e1ronse espigas e outros froitos do campo. Nestes alboios e cortes baleiras e maltreitas houbo patacas, vi\u00f1o, herba, palla, batume, animais, gando (vacas leiteiras), carros e mesmo tractor. Logo dunha pausa, fitou os dous h\u00f3rreos. Arrodeados da maleza que esmagou unha horta antano moi produtiva, segue ergueito o de pedra. A\u00ednda mira coa s\u00faa dura indiferenza de granito. Ao lado, o de madeira parece un vello co espi\u00f1azo tronzado, a piques de estamparse contra o chan.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">As casas e a finca que as circunda aparecen nas magn\u00edficas fotos de Carmela Queijeiro, unhas imaxes que nos traen ao m\u00e1is vivo presente o tremor do que foi, e nas que latexa o que xa non \u00e9: \u00a0unha fortaleza esnaquizada, un mundo agrario que fica soterrado baixo a maleza.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Gonzalo Trasbach.\u00a0Ergueuse gris o ceo. Entrelaz\u00e1banse as nubes formando un manto uniforme por entre o cal se filtraban os raios dun sol un tanto preguiceiro. Preg\u00fantase que fai al\u00ed plantado no medio do campo de Rebelar. L\u00e9mbrase dos mediod\u00edas dourados e as brisas brancas das primaveras infant\u00eds. Agora o ambiente par\u00e9celle cansado, melanc\u00f3lico. Como se &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=4017\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">As casas de Banda do r\u00edo<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,18,9],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/4017"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=4017"}],"version-history":[{"count":3,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/4017\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":4022,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/4017\/revisions\/4022"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=4017"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=4017"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=4017"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}