{"id":4042,"date":"2015-08-27T06:00:26","date_gmt":"2015-08-27T06:00:26","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=4042"},"modified":"2015-08-27T08:59:59","modified_gmt":"2015-08-27T08:59:59","slug":"ola-odiseo","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=4042","title":{"rendered":"Ola, Odiseo"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><em><strong><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/08\/odiseo2.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"size-medium wp-image-4043 alignleft\" alt=\"odiseo2\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/08\/odiseo2-246x300.jpg\" width=\"246\" height=\"300\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/08\/odiseo2-246x300.jpg 246w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/08\/odiseo2.jpg 328w\" sizes=\"(max-width: 246px) 100vw, 246px\" \/><\/a>Ant\u00f3n Riveiro Coello.\u00a0<\/strong><\/em>O bibliotecario ti\u00f1a sona de ogro e non hab\u00eda quen dese un ch\u00edo naquela sala enorme ateigada de libros. Era un ser enorme, cunha gordura tan avultada que formaba aneis, charcos de manteiga ao seu redor d\u00e1ndolle unha envoltura paquid\u00e9rmica. Impu\u00f1a respecto e na biblioteca o silencio era tan mesto que se pod\u00edan escoitar as respiraci\u00f3ns. Con todo, o desexo ga\u00f1oulle ao medo e fun quen de apa\u00f1ar <i>A Odisea <\/i>da biblioteca. Gust\u00e1bame tanto que sempre a quixen ter. Era unha edici\u00f3n fermosa e a cobiza propietaria arrastrou ao delito a un cagainas coma min. Malia que o furto tivo lugar en decembro, cando vin o rostro do bibliotecario con aquela expresi\u00f3n dura e ameazante, dei en suar coma se o meu corpo acubillase un volc\u00e1n. <!--more-->Pensei que o meu nerviosismo me delatara, mais o vello funcionario non me dixo nada. Iso si, uns d\u00edas despois reparou na ausencia do libro e puxo unha nota intimidatoria no taboleiro de novidades: \u201cO ladr\u00f3n da <i>Odisea <\/i>disp\u00f3n dunha semana para a deixar no estante. De non ser as\u00ed, chamarei a polic\u00eda\u201d. Aquelas palabras ti\u00f1an un \u00fanico destinatario, certamente, e, cada vez que as l\u00eda, d\u00e1banlle un abaneo ao meu est\u00f3mago e abr\u00edan a escura posibilidade de ser descuberto e humillado, mesmo levado \u00e1 comisar\u00eda, situaci\u00f3n que non me preocupaba tanto como a actitude que \u00eda adoptar o meu pai ao respecto. Non tardei en me arrepentir de roubar o libro e, por medo a un rexistro, enterreino na horta, dentro dunha caixa de zapatos, baixo o carballo centenario que o protex\u00eda da chuvia. Al\u00ed ter\u00eda que quedar durante un bo tempo at\u00e9 que todo o mundo, mesmo o bibliotecario, esquecese o asunto.<a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/08\/odisea.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-4044\" alt=\"odisea\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/08\/odisea-300x272.jpg\" width=\"300\" height=\"272\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/08\/odisea-300x272.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/08\/odisea.jpg 450w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a> Daquela, exhumar\u00edao e volver\u00eda lelo cunha paix\u00f3n furtiva. Mais, conforme se consum\u00eda o prazo decretado dos sete d\u00edas imposto polo bibliotecario, a culpa medraba dentro de min. O medo elaborou un so\u00f1o e, na quinta noite, aparec\u00e9useme un home de barba branca e rostro enrugado coma un figo que ti\u00f1a un aquel co bibliotecario e non fac\u00eda m\u00e1is que rir de min con grandes gargalladas. Acordei sobresaltado, mais non lle dei demasiada importancia ao so\u00f1o at\u00e9 que cheguei \u00e1 biblioteca e vin o ogro, al\u00ed, tras a mesa, sorrindo por vez primeira e bisb\u00e1ndome cunha voz case inaudible un <i>Ola, Odiseo <\/i>que me deixou tan arrepiado que pasei todo o d\u00eda paralizado polo medo e a impotencia do condenado. Como sab\u00eda que era eu o ladr\u00f3n entre tantos usuarios? Esa noite baixei \u00e1 horta e desenterrei o libro para o devolver ao d\u00eda seguinte. Non fun quen de durmir. Est\u00edveno acari\u00f1ando e lin alg\u00fan dos cap\u00edtulos coma se fose a \u00faltima vez. A iso das seis da ma\u00f1\u00e1 acend\u00e9useme a luz na cabeza e sospeitei que o bibliotecario sab\u00eda que era eu o ladr\u00f3n porque tam\u00e9n era o usuario que m\u00e1is veces sacara emprestado o libro da biblioteca. Esa ti\u00f1a que ser a raz\u00f3n, maldita sexa. Como non pensara niso? A vergonza asolagoume todo e, pola ma\u00f1\u00e1, co libro agachado por baixo do abrigo, entrei na biblioteca e senteime na mesa m\u00e1is pr\u00f3xima ao ogro.<a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/08\/biblioteca.png\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-4046\" alt=\"biblioteca\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/08\/biblioteca-300x247.png\" width=\"300\" height=\"247\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/08\/biblioteca-300x247.png 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/08\/biblioteca.png 620w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a> Era un xeito de desaf\u00edo e tam\u00e9n de disimular. Finx\u00edn facer os deberes e agardei a que el sa\u00edse un momento para me meter entre os estantes e deixar al\u00ed <i>A Odisea<\/i>. Foron momentos intensos, de moito nerviosismo, co coraz\u00f3n a piques de me sa\u00edr pola boca. Volv\u00edn \u00e1 mesa pouco antes de que o fixese o bibliotecario e estiven case media hora quieto, sufocado, co corpo enchoupado en suor, intentando disimular o delito. Pouco a pouco, o peso da responsabilidade foi deixando un baleiro dentro de min e xa comezaba a me sentir ben, cando, de s\u00fapeto, unha dentada de rabia trabou o meu est\u00f3mago porque lle escoitei bisbar ao ogro un <i>Ola, Odiseo <\/i>a un usuario que quer\u00eda un libro en pr\u00e9stamo.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Ant\u00f3n Riveiro Coello.\u00a0O bibliotecario ti\u00f1a sona de ogro e non hab\u00eda quen dese un ch\u00edo naquela sala enorme ateigada de libros. Era un ser enorme, cunha gordura tan avultada que formaba aneis, charcos de manteiga ao seu redor d\u00e1ndolle unha envoltura paquid\u00e9rmica. Impu\u00f1a respecto e na biblioteca o silencio era tan mesto que se pod\u00edan &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=4042\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Ola, Odiseo<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[13,9],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/4042"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=4042"}],"version-history":[{"count":5,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/4042\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":4092,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/4042\/revisions\/4092"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=4042"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=4042"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=4042"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}