{"id":4110,"date":"2015-10-02T06:00:05","date_gmt":"2015-10-02T06:00:05","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=4110"},"modified":"2015-10-01T06:38:24","modified_gmt":"2015-10-01T06:38:24","slug":"un-burro-no-3oa","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=4110","title":{"rendered":"Un burro no 3\u00baA"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/08\/burro1.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-4111\" alt=\"burro1\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/08\/burro1-300x225.jpg\" width=\"300\" height=\"225\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/08\/burro1-300x225.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/08\/burro1-900x675.jpg 900w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/08\/burro1.jpg 1024w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a><em><strong>Ant\u00f3n Riveiro Coello.\u00a0<\/strong><\/em>O \u00faltimo presidente do noso edificio ti\u00f1a un burro no piso. Moitas noites, entre os ronquidos do amo, o animal orneaba. Era o \u00fanico momento do d\u00eda no que pod\u00eda amolar a existencia dun burro que seica chegara nun cami\u00f3n de mudanzas tras a morte dos pais do presidente. Uns dic\u00edan que o noso presidente toleara, outros que era un ser humano, outros que aquilo eran saudades da aldea&#8230; <!--more-->O certo \u00e9 que o burro viv\u00eda no 3\u00ba A e, cada pouco, un mozo aparec\u00eda no ascensor cunha saca de forraxe de feo. Nas reuni\u00f3ns que faciamos no portal sempre se desataba a discusi\u00f3n de se o burro pod\u00eda ou non estar no piso. Diante das protestas dalg\u00fans veci\u00f1os, o presidente sempre se escudaba na presenza de todos os cans que hab\u00eda no edificio, alg\u00fans feos, sucios e malencarados, coma os da se\u00f1ora do 3\u00baB, que puxo unha denuncia e fixo vir unha brigada do concello para determinar se o cheiro proced\u00eda do piso do burro. Finalmente, os t\u00e9cnicos comprobaron que aquela peste provi\u00f1a do piso da propia denunciante, que ti\u00f1a dous cans de palleiro, as m\u00e1is das veces soltos de ventre polas lambetadas que ela lles daba. A cousa quedou en nada. O burro do presidente sempre estaba limpo. Cada dous d\u00edas, nun proceso ben complicado, o presidente ba\u00f1\u00e1bao e sec\u00e1bao co secador. Despois, se non chov\u00eda, abr\u00edalle a fiestra do seu cuarto, que era moi solleiro e daba \u00e1 r\u00faa peonil, e o animal permanec\u00eda asomado ao peitoril e entret\u00ed\u00f1ase vendo como a xente, alucinada, reparaba nel e mesmo lle falaba. Era todo un espect\u00e1culo. Eu ficaba tardes enteiras sentado nun banco, estudando a s\u00faa ollada triste e apagada e escoitando a teima da xente en lle falar ao burro coma se fose unha persoa normal.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/08\/burro2.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-4112\" alt=\"burro2\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/08\/burro2-225x300.jpg\" width=\"225\" height=\"300\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/08\/burro2-225x300.jpg 225w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/08\/burro2.jpg 300w\" sizes=\"(max-width: 225px) 100vw, 225px\" \/><\/a>\u00a0 \u00a0Cando xa todos estabamos afeitos a aquela presenza no edificio, unha noite, de s\u00fapeto, o burro deu en ornear coma se o matasen, e acompa\u00f1ou os seus orneos con couces contra as paredes e os mobles. Fixo tanto ru\u00eddo que todos baixamos \u00e1 porta do 3\u00baA e timbramos, pero o presidente non contestaba. As\u00ed que tivemos que chamar a polic\u00eda porque o burro fac\u00eda tremer todo o edificio coa s\u00faa furia.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0 Xa case ao amencer chegaron dous polic\u00edas e, cando botaron a porta embaixo, o presidente xac\u00eda no corredor da casa e o burro amansara e permanec\u00eda axeonllado ao seu car\u00f3n. Foi unha imaxe dura e, a un tempo, entra\u00f1able, ver o animal al\u00ed, cabo do seu amo que vi\u00f1a de ser aniquilado por un infarto fulminante, tal como certificou unha doutora fascinada pola ollada inquisitiva do burro.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0Horas despois, cando xa o presidente estaba de corpo presente no tanatorio, os bombeiros apareceron no barrio co seu cami\u00f3n e mais un guindastre para sacaren o burro do piso. Seica un xitano se comprometera a facerse cargo do animal. Amore\u00e1monos todos na r\u00faa peonil e vimos como, con grandes correas, o burro sa\u00eda pola fiestra do sal\u00f3n e sufr\u00eda a vertixe das alturas. Foi unha imaxe surrealista, mesmo ser\u00eda c\u00f3mica se non fose pola traxedia particular que pechaba o asunto. Cando o animal fixo p\u00e9, os bombeiros liber\u00e1rono das correas e entreg\u00e1ronllo ao xitano, que ti\u00f1a a camisa desabotoada para que lucise a quincalla dourada do seu peito. O burro, alleo ao seu novo amo, deu en cami\u00f1ar pola r\u00faa peonil e, cando estaba \u00e1 nosa altura, parou en seco, ergueu a cabeza cara \u00e1 fiestra do 3\u00ba A e eu xurar\u00eda que o que vin naquela ollada era algo moito m\u00e1is duro que a saudade.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Ant\u00f3n Riveiro Coello.\u00a0O \u00faltimo presidente do noso edificio ti\u00f1a un burro no piso. Moitas noites, entre os ronquidos do amo, o animal orneaba. Era o \u00fanico momento do d\u00eda no que pod\u00eda amolar a existencia dun burro que seica chegara nun cami\u00f3n de mudanzas tras a morte dos pais do presidente. Uns dic\u00edan que o &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=4110\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Un burro no 3\u00baA<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[13,9],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/4110"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=4110"}],"version-history":[{"count":4,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/4110\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":4266,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/4110\/revisions\/4266"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=4110"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=4110"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=4110"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}