{"id":4116,"date":"2015-09-02T06:00:41","date_gmt":"2015-09-02T06:00:41","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=4116"},"modified":"2015-08-30T20:52:07","modified_gmt":"2015-08-30T20:52:07","slug":"xeve-a-casa-dos-ruibal-i","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=4116","title":{"rendered":"Xeve. A casa dos Ruibal (I)"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><em><strong><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/08\/xeve1.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-4118\" alt=\"xeve1\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/08\/xeve1-300x225.jpg\" width=\"300\" height=\"225\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/08\/xeve1-300x225.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/08\/xeve1.jpg 500w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>Carlos Mosteiro.\u00a0<\/strong><\/em>Xa non vivo en Xeve. En moitos aspectos xa non \u00e9 o meu lugar no mundo. Vou de cando en vez para asegurarme de que a casa segue en p\u00e9. Pero se me preguntan eu digo que son de Xeve. Non podo (nin quero) evitalo. A verdade \u00e9 que non hai moito que dicir de Xeve; non hai monumentos megal\u00edticos, nin edificios de interese; a s\u00faa fauna humana \u00e9 agora do m\u00e1is convencional, e por non ter nin temos equipo de f\u00fatbol. <!--more-->Dic\u00eda Olov Enquist, o autor sueco, que a s\u00faa aldea ti\u00f1a oitenta habitantes e seis escritores. En Xeve non pasa eso, a pesar de que eramos 600 veci\u00f1os cando eu me fun, pero inda as\u00ed pasaron cousas. A verdade \u00e9 que ser\u00eda unha aldea insulsa e sen mitolox\u00eda se non fora por dous feitos que aconteceron en certa maneira contra progn\u00f3stico. O primeiro \u00e9 que al\u00ed naceu Fina Casalderrey, escritora ben co\u00f1ecida e acad\u00e9mica. O segundo ten que ver cos Ruibal Argibay, unha familia na que todos os seus membros foron artistas. Este art\u00edculo pretende homenaxear a dous dos seus membros, os m\u00e1is co\u00f1ecidos (Mercedes Ruibal, pintora, e Xos\u00e9 Ruibal, dramaturgo), pero en realidade quere ser un reco\u00f1ecemento a unha familia <i>especial<\/i>, de seres exc\u00e9ntricos e valentes, sobre todo tendo en conta os tempos que lles tocou vivir, e que dalgunha maneira puxeron \u00e1 s\u00faa aldea no mapa, por m\u00e1is que a s\u00faa aldea non fixera nada a\u00ednda, ata onde eu sei, por reco\u00f1ecelos e rescatalos do inxust\u00edsimo esquecemento no que caeron.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0<a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/08\/auroraargibay.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-4119\" alt=\"auroraargibay\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/08\/auroraargibay-300x124.jpg\" width=\"300\" height=\"124\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/08\/auroraargibay-300x124.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/08\/auroraargibay.jpg 580w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Da que foi a casa dos Ruibal hoxe s\u00f3 se ven os muros engulidos polas silveiras, pero daquela era un espazo onde e esp\u00edrito creativo se ti\u00f1a que respirar no aire. O pai, <i>Xos\u00e9 Ruibal Castro<\/i>, foi secretario do concello de Redondela, depurado polo franquismo. Escrib\u00eda, editou na s\u00faa mocidade unha revista de humor (<i>La luz<\/i>) \u00a0e era moi afeccionado aos autores cl\u00e1sicos. A nai, <i>Aurora Argibay Iglesias<\/i>, \u201c<i>Yoya<\/i>\u201d, deuse a co\u00f1ecer como pintora naif con m\u00e1is de setenta anos, cando a filla, <b><i>Mercedes<\/i><\/b>, era xa un nome de referencia na arte galega. <b><i>Mercedes Ruibal<\/i><\/b> nacera en 1928 na casa familiar e xa dende moi nova se decatou de que a s\u00faa maneira de expresarse, de dialogar co mundo, era a pintura. Conf\u00e9salle \u00e1 s\u00faa sobri\u00f1a Graciela Baquero, xornalista e escritora (filla da s\u00faa irm\u00e1 \u00c1nxeles, que por certo era pianista e cantante) coa mesma desinhibici\u00f3n e sentido do humor co que viviu: \u201c<i>Empecei a pintar moi cedo. A mi\u00f1a aprendizaxe consistiu en copiar da realidade uvas, maz\u00e1s, cereixas; pero adoitaba comer a froita e pintar o que me daba a gana<\/i>\u201d. En 1956 marcha para Arxentina, onde xa est\u00e1 o seu irm\u00e1n Xos\u00e9 que a pon en contacto cos c\u00edrculos intelectuais de Bos Aires, cidade na que atopa o maxisterio de Laxeiro, que \u00e9 o primeiro en decatarse do potencial de Mercedes: \u201c<i>Unha pintora que pinta cando sente a tormenta en todo o seu territorio. O que debuxa e pinta Mercedes sae do m\u00e1is profundo do seu ser. Penso que todo creador do mundo ten que ter a ousad\u00eda de amosarnos as feras e os anxos que viven dentro de si<\/i>\u201d. O mundo pl\u00e1stico de Mercedes Ruibal \u00e9 desacougante porque hai denuncia e mesmo ferocidade testemu\u00f1al. Baixo unha aparente inxenuidade atopamos un mundo escuro, goiesco, feito en negros, carm\u00edns, azuis; criaturas anxelicais, caprichosas e con rostros recargados que berran e xesticulan.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0<a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/08\/oleosmercedesruibal.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-4120\" alt=\"oleosmercedesruibal\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/08\/oleosmercedesruibal-300x209.jpg\" width=\"300\" height=\"209\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/08\/oleosmercedesruibal-300x209.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/08\/oleosmercedesruibal-1024x713.jpg 1024w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/08\/oleosmercedesruibal-900x627.jpg 900w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/08\/oleosmercedesruibal.jpg 1148w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 \u00c1 volta de Bos Aires exp\u00f3n en Vigo e vai vivir en Madrid, onde entra en contacto coa intelectualidade do caf\u00e9 Gij\u00f3n; al\u00ed entabla amizade con Mar\u00eda Antonia Dans e o m\u00e9dico humanista natural de Pontevedra Xos\u00e9 Luis Barros. Casa en 1960 co arquitecto e logo pintor Agust\u00edn P\u00e9rez Bellas e pasa a vivir a cabalo entre Vigo e Madrid. Nos anos 70 atop\u00e1mola montando estudo no barrio de Trast\u00e9vere en Roma, cidade \u00e1 que chega por convite do PCI onde traba amizade co Rafael Alberti e Teresa Le\u00f3n. O poeta gaditano retrata a nosa Mercedes como pintora. \u201c<i>Mercedes es una aparici\u00f3n extra\u00f1a dentro del mundo del arte, con esa concepci\u00f3n personal\u00edsima de todo aquello que la rodea y que envuelve en un halo de magia, de protesta, de libertad, de dolor, de desgarro, de inocencia, para proyectarlo en sus criaturas pict\u00f3ricas de una forma c\u00e1ndida y dolorida a la vez\u201d<\/i>. E logo retrata a s\u00faa personalidade, a s\u00faa desinhibici\u00f3n, esa maneira de ser ala mesma, tan libre que intimida: \u201c<i>Sueltan sus ojos centellas de bruja,\/trasgos y duendes despiden sus manos.\/Tiene la audacia del agua que enfila\/la desverg\u00fcenza desnuda de un c\u00e1ntaro.\/Si te la encuentras de noche a deshora,\/ruega a la Virgen y a todos los santos.\/Puede llevarte a un infierno de gracia\/o a un cielo abierto de flores y p\u00e1jaros,<\/i>\/\u2026 As\u00ed era. Destemida. <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/08\/cuento-xeve-angelesruibal-5.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-4121\" alt=\"cuento-xeve-angelesruibal-5\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/08\/cuento-xeve-angelesruibal-5-300x124.jpg\" width=\"300\" height=\"124\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/08\/cuento-xeve-angelesruibal-5-300x124.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/08\/cuento-xeve-angelesruibal-5.jpg 580w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>E ti\u00f1a claro por quen ti\u00f1a que tomar partido. As\u00ed llo contou a \u00darsula Heizne en <i>Mulleres<\/i>, libro de entrevistas a oito notables mulleres galegas que publicou Xerais en 1989: \u201c<i>Inter\u00e9same o ser humano que sofre, que est\u00e1 torturado, obrigado a cometer actos contra da s\u00faa vontade<\/i>\u2026\u201d.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">En 1993 o concello de Vigo organizou unha exposici\u00f3n antol\u00f3xica da s\u00faa obra, que se atopa espallada por varios museos galegos, o Museo de arte Moderno de Madrid e nos fondos de Caixanova (Abanca). Morreu o 10 de abril de 2003. As s\u00faas cinzas repousan no cemiterio vigu\u00e9s de Pereir\u00f3. En Xeve ningunha das d\u00faas asociaci\u00f3ns culturais que hai, unha cercana ao PP e outra ao BNG, saben quen \u00e9 Mercedes Ruibal. \u00c9 o que hai.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Carlos Mosteiro.\u00a0Xa non vivo en Xeve. En moitos aspectos xa non \u00e9 o meu lugar no mundo. Vou de cando en vez para asegurarme de que a casa segue en p\u00e9. Pero se me preguntan eu digo que son de Xeve. Non podo (nin quero) evitalo. A verdade \u00e9 que non hai moito que dicir &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=4116\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Xeve. A casa dos Ruibal (I)<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[4,29,7],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/4116"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=4116"}],"version-history":[{"count":2,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/4116\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":4122,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/4116\/revisions\/4122"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=4116"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=4116"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=4116"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}