{"id":4308,"date":"2015-10-09T06:00:18","date_gmt":"2015-10-09T06:00:18","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=4308"},"modified":"2015-10-06T20:16:36","modified_gmt":"2015-10-06T20:16:36","slug":"a-espiritualidade-hipnotica-de-a-love-supreme","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=4308","title":{"rendered":"A espiritualidade hipn\u00f3tica de A Love Supreme"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><em><strong><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/10\/a-love-supreme.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-4309\" alt=\"a love supreme\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/10\/a-love-supreme-300x293.jpg\" width=\"300\" height=\"293\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/10\/a-love-supreme-300x293.jpg 300w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/10\/a-love-supreme-900x880.jpg 900w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/10\/a-love-supreme.jpg 946w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>Gonzalo Trasbach.\u00a0<\/strong><\/em>\u00c9 acaso unha falsidade dicir que hai unha referencia e autorreferencia a unha dimensi\u00f3n transcendente ou relixiosa na arte dende as covas de Altamira at\u00e9 Ribera ou Bill Viola? E que podemos dicir da m\u00fasica? Acaso a m\u00fasica e o metaf\u00edsico e o sentimento relixioso ou mesmo o m\u00edstico, non te\u00f1en sido sempre virtualmente insepar\u00e1beis? Algunha vez te\u00f1o escoitado que \u00e9 un t\u00f3pico todo o que poidamos comentar a calquera ser humano a quen a m\u00fasica conmove ou a quen a considere dadora de vida. <!--more-->E isto talvez sexa as\u00ed porque a m\u00fasica soborda de significados que non se traducen en estruturas l\u00f3xicas ou en expresi\u00f3ns verbais. Acaso non \u00e9 certo que a m\u00fasica aporta \u00e1s nosas vidas coti\u00e1s un encontro inmediato cun territorio que nada ten que ver co da raz\u00f3n?<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Nese senso tense dito que foi dende hai moito tempo a teor\u00eda non escrita de todos aqueles que rexeitaron todo credo formal.Se nos preguntamos de qu\u00e9 trata a m\u00fasica e qu\u00e9 significa, non o sabemos explicar. \u00c9 coma se a linguaxe non puidese dar conta dese sentimento que nos desborda. E coma se s\u00f3 puid\u00e9semos farfallar unha aproximaci\u00f3n, mediante par\u00e1bolas, met\u00e1foras, \u2026Como expresar o grito cego da carne e tam\u00e9n a oraci\u00f3n do animal que todos levamos dentro? Talvez ocorra isto porque a m\u00fasica \u00e9 anterior \u00e1 linguaxe, como din que sost\u00e9n a antropolox\u00eda filos\u00f3fica.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/10\/coltrane1.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-full wp-image-4310\" alt=\"coltrane1\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/10\/coltrane1.jpg\" width=\"221\" height=\"228\" \/><\/a>En calquera caso, sexa como fose, sexa ou non certo o antes exposto, todo o que relatamos os que acostumamos a escribir, os que facemos comentarios sobre discos, melod\u00edas ou composici\u00f3ns musicais, non \u00e9 m\u00e1is que pura verborrea. E todo isto v\u00e9n a conto porque o disco do que queremos falar, coma tal vez non o faga ning\u00fan outro, responde claramente a todo apuntado nos primeiros par\u00e1grafos: <i>A Love Supreme<\/i>, de John Coltrane. Gravado en decembro de 1964, pero publicado no 1965, hai agora, pois, 50 anos, xusto dous antes da morte do autor, que acababa de cumprir 40.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Considerado o cumio do jazz moderno, o \u00e1lbum, envolto nunha bruma de indubid\u00e1bel e hipn\u00f3tica aura espiritual, talvez dun inneg\u00e1bel e profundo sentimento relixioso e mesmo un certo sabor m\u00edstico, est\u00e1 dividido en catro movementos, como se se tratase dun concerto cl\u00e1sico: <i>Acknowledgement<\/i> (confesi\u00f3n), <i>Resolution<\/i> (prop\u00f3sito), <i>Pursuance<\/i> (cumprimento) e <i>Psalm<\/i> (oraci\u00f3n). Pero a x\u00e9nese da obra rem\u00f3ntase a moitos anos atr\u00e1s. Trane, tal como lle chamaban os seus compa\u00f1eiros, formaba parte do grupo que lideraba Miles Davis. Pero este expulsouno no 56 por darlle demasiado ao alcohol e ao <i>cabalo<\/i>. Coltrane regresou \u00e1 casa paterna, en Filadelfia, para curar o mono. Durante este tempo buscou referentes espirituais en \u00c1frica e en Oriente. E foi cando viviu o que el mesmo denominou \u201cunha experiencia espiritual\u201d, unha epifan\u00eda, un acontecemento, que significou un punto de inflexi\u00f3n na s\u00faa carreira, e que o levou a modificar a s\u00faa conduta anterior: volveuse crente. <i>A Love Supreme<\/i> \u00e9 a revisi\u00f3n musical daquela experiencia vivida anos atr\u00e1s.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/10\/coltrane2.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-4311\" alt=\"coltrane2\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/10\/coltrane2-273x300.jpg\" width=\"273\" height=\"300\" srcset=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/10\/coltrane2-273x300.jpg 273w, http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2015\/10\/coltrane2.jpg 427w\" sizes=\"(max-width: 273px) 100vw, 273px\" \/><\/a>O traballo xerou unha enorme onda expansiva. Mesmo os m\u00e1is fan\u00e1ticos dos seus seguidores chegaron a dicir que Coltrane ti\u00f1a firmado un pacto con Deus, quen lle pediu a composici\u00f3n a cambio de vencer o mono. M\u00e1is que santer\u00eda ou mantras orientais, outros s\u00f3 viron no \u00e1lbum unha volta a Nova Orle\u00e1ns, ao berce do jazz, ao sentimento de liberdade e \u00e1 musica na r\u00faa. A\u00ednda sendo unha obra absolutamente persoal, o car\u00e1cter nada autoritario de Coltrane quixo dar protagonismo ao cuarteto formado xunto a McCoy Tynar (piano), Jimmy Garrison (Bajo) e Elvin Jones (bater\u00eda).<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Durante a gravaci\u00f3n, que tivo lugar o 9 de decembro do 64, Trane, que cospe notas coma unha locomotora co seu saxo, fixaba unha tonalidade e sobre ela cada un dos seus m\u00fasicos ti\u00f1a a liberdade de improvisar sobre as s\u00faas notas. Se un arrancaba, o outro respect\u00e1bao at\u00e9 atopar un oco por onde introducir as s\u00faas improvisaci\u00f3ns. Pretend\u00eda que os seus m\u00fasicos, puntuando as s\u00faas notas, o levasen at\u00e9 alcanzar o cl\u00edmax hipn\u00f3tico para ofrenda de \u201cgrazas a Deus\u201d. Escoitando <i>A Love Supreme<\/i> p\u00f3dese coincidir con Leibniz cando afirmaba: &lt;A m\u00fasica \u00e9 unha aritm\u00e9tica secreta da alma ignorante do feito de que est\u00e1 calculando&gt;.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Gonzalo Trasbach.\u00a0\u00c9 acaso unha falsidade dicir que hai unha referencia e autorreferencia a unha dimensi\u00f3n transcendente ou relixiosa na arte dende as covas de Altamira at\u00e9 Ribera ou Bill Viola? E que podemos dicir da m\u00fasica? Acaso a m\u00fasica e o metaf\u00edsico e o sentimento relixioso ou mesmo o m\u00edstico, non te\u00f1en sido sempre virtualmente &hellip; <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=4308\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">A espiritualidade hipn\u00f3tica de A Love Supreme<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,18,8],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/4308"}],"collection":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=4308"}],"version-history":[{"count":1,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/4308\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":4312,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/4308\/revisions\/4312"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=4308"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=4308"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=4308"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}